15
2010 8 de Marzo 8 de Marzo Unidades Didácticas Unidades Didácticas Educación Secundaria Educación Secundaria

22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

9

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

2010

8 d

e M

arzo

8 d

e M

arzo

Unid

ades

Did

ácti

cas

Unid

ades

Did

ácti

cas

Educ

ació

n Se

cund

aria

Educ

ació

n Se

cund

aria

Page 2: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

10

Obxectivos 1. Coñecer e valorar as relacións do feminismo con outros movementos sociais.

2. Coñecer a orixe sistémica da guerra na organización patriarcal e as súas consecuencias.

3. Tomar conciencia das consecuencias dos confl itos bélicos e que actitude se pode tomar ante eles.

Contidos 1. Fundamentos do feminismo.2. Deconstrución de conceptos patriarcais que afectan ás mulleres.

3. Relacións do feminismo co pacifi smo.4. Organización feminista das Mulleres de Negro.

Actividades Desde hai varios anos en diferentes partes do mundo,

grupos de mulleres vestidas simbolicamente de negro alzan a súa voz nas rúas, no espazo público, para de-nunciar a violencia e as guerras, sempre iniciadas polos homes malia que son mulleres, nenas e nenos as primei-ras vítimas de todo confl ito.

Feminismo e pacifismo

O feminismo ten unha longa historia de máis de dous séculos. No seu desenvolvemento non só desarmou os mitos e as consignas dun sistema que oprimiu ás mulle-res, senón que, ademais, foi un movemento que se uniu a outros movementos sociais cos que ía descubrindo lazos e coincidencias.

Un deses foi o pacifi smo, o traballo reivindicativo por un

mundo en paz. Pensa e descobre que relación pode haber entre un

movemento social como o feminismo e outro, aparente-mente arredado, como o pacifi smo. Refl exiona e toma as túas notas acerca destas preguntas claves.

a. En que sentido a opresión patriarcal sobre as mulle-res ten a mesma raíz que os confl itos bélicos?

b. Nun principio, son os homes os que van á guerra e os que morren ou resultan feridos. Tamén hai, porén, unha poboación civil que sofre as consecuencias. Que persoas integran polo xeral esa chamada “poboación civil”?

c. Investiga o número de mortos en combate nalgún dos confl itos bélicos recentes: Guerra dos Balcáns, Guerra do Golfo, Guerra de Iraq, etc.

d. Investiga cantas vítimas civís se produciron nese mesmo confl ito bélico.

e. Ademais, tras un confl ito bélico, a poboación queda estragada en todos os sentidos. Quen sofren as conse-cuencias desa destrución e en que forma?

f. Esas persoas que sofren durante a guerra e na pos-guerra de todo confl ito, quedan xeralmente a cargo das mulleres. De que se teñen que ocupar as mulleres, á parte da súa propia supervivencia, en ambos os dous casos?

g. Por que se di que unha batalla fundamental en toda guerra se libra no corpo das mulleres?

h. Actualmente, moitas mulleres integráronse nos exér-citos dos seus países. Refl exiona e escribe un pequeno artigo sobre este asunto, pois na súa base está algo tan importante como dúas tendencias do feminismo: o da igualdade e o da diferenza. Infórmate acerca dos valores que cada tendencia mantén e como infl úe isto na incorporación das mulleres aos exércitos.

Mulleres de Negro

Como resposta á guerra dos Balcáns, mulleres de Belgrado analizaron a situación e chegaron a conclusións moi interesantes, como o feito de que o sistema pa-triarcal en si implica o confl ito bélico, que sofren funda-mentalmente as mulleres, en canto nais, fi llas, donas e propiamente mulleres. A partir de aí xurdiu o movemento pacifi sta feminista Mulleres de Negro.

1. Por que de negro e non doutra cor? Que signifi cado ten o negro na cultura occidental?

2. Investiga nas páxinas web que se che dan deseguido e recolle os obxectivos fundamentais desta organiza-ción internacional.

ACTIVIDADE 1MULLERES DE NEGRO CONTRA A GUERRA.

Page 3: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

11

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

3. Decláranse só feministas ou só pacifi stas ou ambas as dúas cousas? Por que cres que é así? En que pen-samento fundamental se basean para unir ambos os dous movementos?

4. En Israel tamén encontramos esta asociación de mu-lleres. Que motivos teñen as mulleres israelitas para se organizar deste xeito? Investiga e expón brevemente o confl ito de Israel con Palestina.

5. Cres que Mulleres de Negro só pode existir en países que sofren ou sufriron un confl ito bélico ou poden or-ganizarse en calquera país? Razoa a túa contestación.

Páxinas de Mulleres de Negro

http://wib.matriz.net/http://www.mujerpalabra.net/activismo/mdnmadrid/

Informació i articles sobre Dones de Negre:http://www.node50.org/mujeresred/mdn-israel.htmlhttp://www.node50.org/mujeresred/mdn-h.htm

Page 4: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

12

“Miembras”. Usos lingüísticos, políticos e so-ciais da linguaxe.

O blog Miembras nace co obxectivo de refl exionar sobre os usos da linguaxe como forma de intervención social. Pódese de xeito deliberado, promover a utilización dunha palabra para que o seu uso se xeneralice? Pode a Acade-mia vetar a lexitimidade dun termo cando o seu uso se xeneraliza? Este blog é froito dunha iniciativa persoal e non de ningunha organización política nin sindical. Par-ticipa neste experimento lingüístico e emprega o termo membras Úsao! Critícao! Pásao!

O encabezamento deste blog proporciónanos unha

ferramenta de arranque para un uso non sexista da lin-guaxe, aínda que o espírito do mesmo xorde –como se pode ler- co afán de xeneralizar o uso do termo “miem-bras”. Preténdese así dar un xiro á linguaxe para integrar nel a realidade das mulleres no noso país, o seu acceso ao mundo laboral e a visibilización das tarefas, máis alá das puramente domésticas, que a muller realiza nesta sociedade. Le o seguinte texto e refl exiona sobre o uso da linguaxe que fai o seu autor:

O RUÍDO DA RÚARAUL DEL POZO

Comité de sabios11.01.2010

Por Europa matamos como por Andreíta, mesmo por esta Europa de tres presidentes, un labirinto de siglas, consellos, comunidades, comisións, lobbies, onde o Par-lamento manda menos que un concelleiro de Urbanismo

e carece da función inherente aos parlamentos: vixiar as contas e os impostos. De acordo, Europa é o destino, o único camiño para 500 millóns de cidadáns rodeados de chineses e hindús. Aínda que cara e inmóbil, viva Europa.

Estamos dispostos a sufragar o serrallo de Berlusconi, cos seus barbies, velinas e concursantes de Gran Irmán, que non lles falte nada aos máis de 700 deputados que van a Estrasburgo a asegurarse a pensión de vellez; se hai que pagar que se pague aos miles de asesores pero, por pie-dade, prescindan desa horterada á que chaman comités de sabios.

Xa sabemos como acaba un Estado cando o dirixe unha cociñeira, sen nada no fogón e moita policía, pero tamén se sabe, desde antes de Lenin, que a sofocracia, o goberno de sabios, os fi lósofos no poder, non é senón outra necidade. Os políticos domingueiros que se facían fotos nos castelos inventaron un novo despotismo ilus-trado: todo para Europa, pero sen europeos, unha hidra

ACTIVIDADE 2É MÁIS DOADO DO QUE PARECE

É MÁIS DOADO DO QUE PARECE

Sexista ( excluínte)

home ( como especie)

alumnos

profesores

os subdirectores

os cidadán

os oíntes

o alumnado é listo

(cando son ambos sexos)

Mellor ( máis real)

- ser humano - alumnado- profesorado- a subdirección- a cidadanía- a audiencia- o alumnado é intelixente

Page 5: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

13

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

de tres cabezas e un parlamento inerte. Que digo despo-tismo ilustrado? Talvez sería mellor dicir sultanato, aínda que os califas posuísen sabios versados en astronomía e medicina. Nos contos orientais os déspotas acostumaban rodearse de homes con barbas brancas aos que pedían consellos; nas democracias a soberanía está en mans do pobo e dos parlamentos.

Houbo, si, nas cortes medievais, reis que se rodearon de sabios como Alfonso X, que miraba ás estrelas, diver-tíase compondo cantigas para arpas e converteu a Toledo no faro de Europa, a Escola de Tradutores, onde os sabios chegaban enfeitizados a consultar as obras dos escritores gregos e persas. Iso pasou e así chegamos a este mo-mento, cando se chama sabio a calquera pailán.

Hai uns días o presidente do Goberno reuniu a un comité de sabios para afrontar a crise de Europa. Tal-vez confunden os peritos cos fi lósofos, os expertos cos sabios. Sabio é outra cousa, un investigador da verdade, un pensador que pode acelerar a historia, o que capta as leis do universo, o esclarecido ao que lle cae unha mazá e inventa a lei da gravidade.

Desde hai uns anos, para salvar televisión, para sal-var Europa, para salvar Arxentina, para asesorar a Patxi López, para aconsellar á Junta de Andalucía, para comi-tés de seguridade, para a guerra e para a paz, para as eleccións, para as enerxías renovábeis, para o cambio climático, para calquera desatino constituénse comités de sabios.

E eles déixanse chamar sabios, como se fosen os sete de Grecia.

© 2010 Unitadade Editorial Internet, S.L

Tras ler o texto anterior: - sinala todas aquelas expresións que che parezan

sexistas e explica porqué.- tenta cambiar as expresións relacionadas con profe-

sións masculinas por femininas, perde sentido o texto? Consideras que se falamos de concelleiras obviamos o traballo dos concelleiros? Rescribe agora o texto tentando que todas as persoas aparezan refl ectidas.

- sinala as frases nas que se aluda a mulleres, en que termos están feitas? que papel teñen dentro do texto?

- Investiga sobre mulleres das épocas citadas no texto, fai unha listaxe coas que aparezan en cada unha e logo elabora un mural para instalar na aula na que se visibilice o seu labor ou existencia.

Page 6: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

14

O ecofeminismo é unha corrente do movemento fe-minista que se inicia a mediados dos anos setenta en Europa e que actualmente ten unha gran implantación en America Latina e Asia.

O termo ecofeminismo utilizouno por primeira vez en 1974 a feminista france-sa Francoise D’Eaubonne e popularizouse máis adiante no contexto das numerosas protestas protagonizadas por mulleres feministas contra a destrución do medio ambiente.

O ecofeminismo une elementos do fe-minismo e do ecoloxismo. Do ecoloxismo toma a súa preocupación por protexer o

mundo natural para que sexa posíbel manter unha calidade de vida aceptábel para todos os habitantes do planeta sen aniquilar os recursos naturais. Do feminismo toma a idea de mellorar a condición políti-ca, social, educativa e económica das mulleres.

Unha das ideas clave do ecofeminismo é que as socie-dades actuais e as súas economías capitalistas susténtan-se na explotación destrutiva (depredación) dos recursos naturais dos países do sur, xerando cada vez máis pobre-za e, ao mesmo tempo, do traballo cotián e invisíbel das mulleres de todo o mundo, ás que non se lles permite tomar decisións sobre os temas que lles afectan.

Diante desta realidade, o ecofeminismo formula alter-nativas que pasan pola construción dunha sociedade máis xusta, baseada no respecto á Terra e aos seres vivos e, sempre, na igualdade entre mulleres e homes.

E como se pon isto en práctica? As persoas que se senten ecofeministas organízanse en pequenos grupos que non só refl exionan e analizan o mundo no que vivi-mos, senón que tamén actúan. É dicir, xunto con outros movementos sociais, organizan accións de resistencia fronte á invisibilización do traballo das mulleres e fronte ao actual modelo de desenvolvemento que se nos impón

desde intereses económicos particulares. Este modelo susténtase na rápida obtención de grandes benefi cios por uns poucos, aínda que sexa a conta da saúde das persoas

e dos ecosistemas, o empo-brecemento progresivo dos países do Sur e o consumismo salvaxe. É moito para poucos e pouco para moitos.

ACTIVIDADES:

Visibilizando ás mulleres ecofeministas e as súas loitas. Algúns datos para a refl exión e o debate.

Nos países do Sur son as mulleres quen controlan todas as fases do ciclo alimentario. En América Latina e en Asia as mulleres producen máis do 50% dos alimentos dis-poñíbeis, cifra que en África chega ao 80%. Tamén son elas

as que se encargan de conseguir a auga e a leña nestas zonas. A cambio, só son donas dun 1% da propiedade e o seu acceso a créditos, axudas, educa-ción e cultura é tremenda-mente restrinxido.

Por outra parte, consi-dérase que se todos os habitantes do planeta Terra vivisen como unha persoa española de nivel económico medio, nece-sitaríanse catro planetas como o noso para manter o seu nivel de consumo.

- Visita esta páxina que mostra como sería o noso planeta se só vivísemos

nel 100 persoas e comprenderás a verdadeira di-mensión do problema que che formulamos. http://www.miniature-earth.com/me_spanish.htm

- Escoita tamén estas cancións nos seguintes enlaces e copia a letra dunha delas. Como resumirías a men-saxe que transmite? Argumenta se estás de acordo ou en desacordo co que din.

http://www.youtube.com/watch?v=hVpIWgGRCT8http://www.youtube.com/watch?v=igkMFeXCTmo&feature=related

- Busca información (datos biográfi cos relevantes, fotos, achegas ao pensamento e á loita ecofeminis-ta, algunha frase dita ou escrita por elas, etc.) sobre as seguintes mulleres: Rachel Carson, Val Plumwo-od, Ivonne Guevara, María Cereal, Wangari Ma-athai, Bina Agarwall, Vandana Shiva, Lalita Ramdas, Maryan Rahmanian, Alicia Puleo e M.ª Antonia Díez

ACTIVIDADE 3.ECOFEMINISMO: A MAREA VERDE E VIOLETA

Page 7: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

15

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

Balda.- Comenta en clase cos teus compañeiros e coas túas compañeiras os datos recollidos, o que máis vos sorprendeu ou interesou e se oírades falar dalgunha delas, que coñecíades dela, por que, etc.

- Coa información recollida poderedes elaborar un gran mural para colocar nun lugar visíbel do centro ou unha presentación dixital.

- Busca información e analiza algunhas experiencias concretas de resistencia ecofeminista en diferentes lugares do mundo fi xándote en se hai coincidencia nos métodos de loita e reivindicación das mulleres,

como por exemplo: as mulleres de Chipko, move-mento de mulleres Plachimada, as feministas de Greenhan Common, as loitas do barrio Love Canle, movemento Cinto Verde, a aldea de mulleres Umo-ha, etc.

- Comenta o seguinte texto:

O ecofeminismo di “abonda xa de esperar”. Nos en-contramos nun estado de emerxencia e temos que facer algo en relación xa. En todo o mundo as economías, as culturas e os recursos naturais están a ser saqueados para que o 20% da poboación mundial (norteamerica-nos e europeos privilexiados) poidan continuar consu-mindo o 80% dos seus recursos en nome do progreso”. Joy Pincus, Desarraigar o Patriarcado

PARA SABER MÁIS

www.nodo50.org/feministas (Coordinadora Estatal d’Organitzacions feministes)

www.redfeminista.orgwww.mujeresenred.netwww.jovenesverdes.orgwww.webislam.com

Bibliografia: - CAVANA, María Luisa, et ao. (2004): Mulleres e Eco-loxía. Historia, Pensamento, Sociedade, ed. Almuday-na, Madrid.

- SHIVA, Vandana: Colleita roubada. O secuestro da provisión mundial de alimentos, ed. Paidós, Barcelona, 2003.

- VARELA, Nuria (2005): Feminismo para principiantes. Edicións B.

- Varios/as autoras/é (2009): A crise ecosocial en clave educativa. Guía didáctica para unha nova cultura de paz. CIP-ecosocial.

- VELAYOS COSTELO, Carmen (coord.) (2007): Femi-nismo ecolóxico: Estudos multidisciplinares de xénero. Universidade de Salamanca.

- VELAYOS COSTELO, Carmen “Ecoloxía e feminismo”, Integral: Vive mellor nun mundo mellor, Nº. 333, 2007, páxs. 18-19.

Page 8: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

16

1. Coñecer e valorar o asociacionismo feminista e o labor que se desenvolve desde o traballo de organiza-cións e mulleres independentes.

2. Tomar conciencia da necesidade de organización e asociación das mulleres para a consecución dos seus dereitos.

Contidos

1. Asociacionismo feminino e feminista. Distinción de ambas as dúas e fi ns concretas.

2. Organizacións e institucións que se poden asociar con fi ns comúns.

3. Necesidade dunha mentalidade social feminista.4. A Comisión 8 de marzo de Murcia como modelo de in-tegración de diversas tendencias feministas na Rexión.

Actividades

- As mulleres, sexa cal sexa a súa tendencia política, teñen unha serie de reivindicacións co-múns que poden facer que se unan para actividades encamiñadas a conseguir os seus dereitos. Enumera estes intereses comúns de todas as mulleres.

- Para a reivindicación de dereitos e liber-dades, o asociacionismo cidadán é un dos camiños máis efi caces, se non o único. Pensa en dereitos civís e liberdades que poden ser defendidos mediante asocia-cións.

- O asocionismo feminino ten que ser tamén feminista. Debate esta frase e decide se é certa ou non.

- Para que outras fi ns se poden reunir as mulleres nunha asociación? É incompa-tíbel o asociacionismo feminino destes tipos e fi ns cunha mentalidade feminista?

- Pescuda nas páxinas web recomendadas, que institucións e asociacións se reúnen

na Comisión 8 de marzo de Murcia. Clasifícaas segun-do o seu papel social e a súa tendencia reivindicativa. Observa que hai mulleres independentes tamén. Que poden achegar á asociación?

- Por que cres que escolleron o nome “Comisión 8 de marzo”? Que se celebra ese día e en memoria de que feito? Que outra data acostuman celebrar as mulleres que forman a Comisión 8 de marzo?

- Cres que os homes poderían formar parte desta Comi-sión ou terían que formar as súas propias asociacións?

- Poderías achegar ideas para as actividades desta comi-sión de mulleres? Agradeceranseche moito.

Páxinas web que podes consul-tar:

http://www.forociudadano.org/quienes/comision8marzo.htmlhttp://www.forociudadano.org/index.php/component/content/article/101-comision-8-de-marzohttp://www.cgtmurcia.org/spip.php?article109http://kaolinarticulos.blogspot.com/2009/11/comision-8-de-marzo.html

ACTIVIDADE 4ASOCIACIONISMO: XUNTAS PODEMOS

Page 9: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

17

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

OBXECTIVO: Coñecer e empatizar cos valores do movemento de

mulleres Chikpo e valorar a importancia de actuar tolal-mente.

Que é o movemento de Mulleres Chikpo?

• Movemento de mulle-res que se ataban ás árbores do Norte da India para evitar

que fosen cortadas. Este movemento implicou a sectores importantes da poboación conseguindo que aqueles bosques do Himalaia non sucumbisen fronte ás máquinas depredadoras… A súa impulsora foi a física e activista

Vandana Shiva.• Para elas cúmprese este binomio: Natureza-muller = creatividade e mantemento da vida. Son defensoras da Economía de subsistencia, que equiparan a principios como valorar a diversidade, a distribución de recursos, a reciclaxe e a renovación, as necesidades locais, a equidade e a ecoloxía.

• Son críticas coa economía de mercado, por entender que fai da natureza unha mercadoría e porque xera endebedamento e destrución do medio.

• Segundo Guha, trátase dun confl ito con antigas raíces, que data dos enfrontamen-tos das comunidades rurais coa adminis-tración colonial inglesa que estatalizou os bosques. Non se trata dun novo move-mento social ecofeminista, senón dun mo-vemento campesiño de contido ecoloxista e feminista, no sentido de que as mulleres están moi presentes.

• Así se expresan: “Non viviremos seguindo regras que están a roubar a millóns de

ACTIVIDADE 5ACTIVIDADE DIDÁCTICA: EMPATIZANDO CO MOVEMEN-

TO DE MULLERES CHIPKO (INDIA) vidas as súas medicinas, as súas sementes, plantas e coñecementos, o seu sustento, a súa dignidade e o seu alimento. Non permitiremos que a cobiza e a violencia sexan tratadas como os únicos valores para forxar as nosas culturas e as nosas vidas…” “… Forxaremos no-vos principios universais mediante a solidariedade, non a hexemonía”.

• Estas mulleres simbolizan a defensa dos seus bosques fronte á cobiza do desenvolvemento. Elas gañaron conciencia feminista e ecoloxista a través da protesta colectiva.

1) Investiga...a) Quen é Vandana Shiva? Que valores defende? b) Na túa localidade… Que bosques próximos hai? Son autóctonos (formados por plantas propias desas latitudes e clima) ou alóctonos (formados por plantas introducidas, procedentes doutras latitudes)?.

c) Infórmate dos usos curativos, medicinais, etc… dal-gunhas das plantas do bosque.

2) Actúaa) Monta un grupo de debate arredor das ideas que im-pulsaron ás mulleres Chipko a levar a súa loita:

- Defensa da vida fronte á depredación biocida patriarcal e desenvolvementista.- Economía de subsisten-cia = principio feminino, diversidade, distribución dos recursos, reciclaxe e renovación, necesida-des locais, equidade e ecoloxía. b) Desenvolver unha campaña de defensa dos

bosques autóctonos da zona con base en: - Funció ecològica del bosc.- A función ecolóxica do bosque.- A conservación da paisaxe.- Os usos tradicionais das plantas.

- O valor cultural e simbólico do bosque (lendas, contos…).

Page 10: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

18

OBXECTIVOS • Investigar e coñecer a historia recente do pobo saharauí e a súa vinculación co estado español.

• Potenciar o recoñe-cemento do traba-llo realizado polas mulleres saharauís en pro da liberación do seu pobo.

• Analizar o estado real de igualdade ou desigualdade das mulleres e os homes saharauís e estabelecer similitudes e diferenzas cos ho-mes e mulleres do estado español actual ou pasado.

• Fomentar a visibilización das mulleres e do traballo que realizan.

ACTIVIDADE O pasado 18 de decembro de 2009, Aminatu Haidar

puido regresar ao seu fogar tras 32 días de folga de fame. Escribiuse moito en moi pouco tempo sobre esta muller e a súa loita, de xeito que vos será doado atopar información sobre ela nos arquivos dos xornais, blogs e outros medios de comunicación españois ou estranxeiros.

Pero ás veces o exceso de información produce o efecto contrario: a saturación de noticias provoca confusión e, en ocasións, diferentes persoas chegan a percibir de xei-tos moi diferentes unha mesma noticia.

Sabes quen é Aminatu Haidar e a que se debeu a súa folga de fame? Sabes por que loita o pobo saharauí? Sa-bes o que hoxe representan esta e outras mulleres para a loita do pobo saharauí? Por que unha muller lidera hoxe a causa saharauí? Por que o pobo saharauí está enfrontado ao pobo marroquí? Sabes que o Sáhara Occidental un día foi territorio español?

Imos a facilitarvos algúns enderezos en ques poderedes comezar a investigar sobre este tema e despois inicia-remos un debate co fi n de estabelecer as nosas propias posicións respecto a algúns puntos, como por exemplo:

1. Debe o estado español mediar no confl ito existente entre o pobo saharauí e o marroquí?

2. Cres que a comunidade internacional está a cumprir ben as súas funcións, mesmo cando aínda non se reali-zou un referendo pola autodeterminación deste pobo?

3. No estado español son moitas as mulleres delegadas da Fronte Polisaria, igualmente son moitas as mulleres con cargos no goberno do pobo saharauí no exilio en Alxeria, a que cres que se debe que tantas mulleres ocupen altos cargos no goberno e na representación dun país?

4. Pensas que as mulleres seguirán ocupando cargos de

ACTIVIDADE 6MULLERES SAHARAUÍS: A LOITA PACÍFICA POLA LIBER-

DADE DUN POBO

relevancia gobernamental se se consegue o retorno ao Sáhara Occidental?

Propostas de artigos e páxinas para traballar:

- http://www.mujeresaharauis.es/index.php/SAHARA-OCCIDENTAL/Sahara-Occidental.html

- http://www.mujeresaharauis.es/index.php/Material-editado/Las-muje-res-saharauis-y-el-confl icto.html

- http://todosconaminetu.blogspot.com/

- Proposición Non De Lei aprobada polo Congreso dos Deputados español o 15 de decembro na que se insta ao Goberno a redobrar as xestións políti-cas e diplomáticas para que Aminatu Haidar retorne ao Aaiún.

- http://4.bp.blogspot.com/_r6l-cYNK_QhU/SykJdZE_f9I/AAAAAAAAAiM/3577AfCEMbc/s1600-h/proposicion+no+del+ley.jpg

- Carta de 15 de decembro da Asociación Compromiso Sáhara Alacante e Denuncia de Haidar.

- http://mujeresaharauis.blogspot.com/- http://saharalibre.wordpress.com/- http://www.generacionamistadsaharaui.com/

Outras propostas:

Unha vez feito este traballo, le as declaracións que fi xo Zahra Ramdan, Presidenta da Asociación de Mulleres Saharauís en E spaña e integrante da Executiva da Unión Nacional de Mulleres Saharauís, nos cursos de verán da Universidade Menéndez Pelayo celebrados en 2009.

“As mulleres saharauís fortalecemos o noso labor a través do enfoque cultural que o noso pobo mantén sobre a nosa orixe de carácter nómade que creou unha cultura entre a árabe e a africano, en que a muller gozaba de dereitos e liberdades que nalgúns casos eran inconcibí-beis para o resto do mundo árabe, cristián e islámico. As mulleres saharauís puidemos romper cos estereotipos do mundo occidental sobre a féminas no mundo árabe e islámico xa que demostramos que unha cousa é a cultura dun país e outra cousa é a relixión”.

Estarías de acordo con estas manifestacións?

Agora le o poema que Salka Embarek dedica á súa pa-tria, non é doada amar así.

(http://www.generacionamistadsaharaui.com/colabora-dores.htm#NO_ES_FACIL_AMAR_ASi///// http://saharali-bre.wordpress.com/ )

Nel escribe en primeira persoa, utilizando o xénero masculino, por que cres que utiliza este xénero e non o feminino, o seu propio? Non é isto invisibilizar ás mulle-res? A que cres que obedece?

Page 11: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

19

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

En cambio, o poeta saharauí Luali Lahsen dedica o seu poema As túas mans (http://www.generacionamistadsa-haraui.com/) a loar ás mulleres saharauís, pero é esta loa algo máis que puro romanticismo? Cres que fai xustiza ao traballo realizado polas mulleres en pro do seu pobo?

Coñeces exemplos similares de invisibilización das mu-lleres ou de desmerecimento destas por caer no Roman-ticismo ou noutras formas de menoscabo na túa propia cultura?

Materiais para o profesorado. Caso Aminetu - Carta Asociación Compromiso Sáhara

Alacante. Documento xunto: Denuncia Haidar.

Quen debe administrar o Sáhara Occidental?

http://mujeresaharauis.blogspot.com/2009/08/espana-sigue-siendo-la-administradora.html

Outros artigos e materiais de interese:

- http://observatorioaragonessahara.blogspot.com/2009/06/la-comunidad-internacional-se-ha.html

- http://mujeresaharauis.blogspot.com/2009/06/task-force-reitera-su-demanda-del.html

- http://mujeresaharauis.blogspot.com/2009_06_01_archive.html

- http://mujeresaharauis.blogspot.com/2009/06/las-mujeres-saharauis-condenan-la-farsa.html

- http://mujeresaharauis.blogspot.com/2009/06/sukei-na-yidahlu-prosigue-su-gira-por.html

- Filme: Os baúis do recordo, de María Mirou.- http://www.gonzalomouretrenor.es/2009/12/18/la-

sal-de-la-tierra/#comments- Filme: “La sal de la tierra”, de Herbert J. Biberman.-Insólito á par que interesante::- http://www.mujeresaharauis.es/index.php/Mujeres-

Saharauis/Fiesta-del-divorcio.html

Page 12: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

20

OBXECTIVOS

1.- Potenciar no noso alumnado actitu-des de valoración para os movemen-tos feministas.

2.- Coñecer as achegas que o feminis-mo fi xo na sociedade guatemalteca.

3.- Potenciar no noso alumnado actitu-des de valoración para os movemen-tos feministas.

4.- Visualizar os logros que fi xeron as mulleres de Guatemala.

5.- Coidar o uso da linguaxe. Facer un uso non sexista da linguaxe tanto dentro como fóra das aulas.

6.- Propiciar unha comunicación baseada no respecto mutuo, no coñecemento axeitado dos sexos e no diálo-go como medio para resolver as diferenzas.

7.- Rematar cos obstácu-los que impiden ás mulleres alcanzar unha igualdade legal e real.

CONTIDOS

- Que é o feminismo.- O feminismo en Guatemala.- Reivindicacións das mulleres indíxenas guatemaltecas.- Mulleres artistas de Guate-mala.

ACTIVIDADES

- Facer unha treboada de ideas sobre o que pensan os

alumnos e as alumnas sobre o que é o feminismo. Com-paralo con esta defi nición:

“O feminismo é un movemento que reivindica os de-reitos das mulleres sen propugnar que estean por enriba dos homes, como se malinterpretou nalgúns casos, debi-do aos patróns culturais machistas”.

- Ler o seguinte parágrafo: “As feministas sabemos que as nosas realidades cotiás están marcadas polos manda-tos opresivos do patriarcado capitalista que naturaliza as desigualdades e institucionaliza o control da nosa sexuali-dade, capacidade reprodutiva e fóra de traballo. Este sis-tema exclúe ás mulleres na toma de decisións do público e o privado e responde a calquera agresión con violencia para os nosos corpos, criminaliza-ción, satanización e represión dos nosos movementos.” Fro Social das Américas. Guatemala, 2008.

- Análise do parágrafo: pedimos ás nosas alumnas e aos nosos alumnos que expliquen o signifi ca-do de patriarcado, control da nosa sexualidade, toma de decisións…

- Busca información sobre a situación actual das mulleres en

ACTIVIDADE 7FEMINISMO EN GUATEMALA

Guatemala. Céntrate en aspec-tos como: nivel de educación, dereitos sociais, acceso ao poder político, social e económico.

- Veremos o vídeo “vídeo petatera” na pg. www.petateras.org, no que nos conta cal é a súa loita. Despois, en grupos

pequenos, comenta e analiza o que vimos. As conclusións comentaranse no conxunto dos grupos.

- Lemos as reivindicacións das mulleres indíxenas gua-temaltecas.

Mulleres maias, garífo-nas e xincas reivindican:

. Conseguir unha edu-cación sexual laica e libre de prexuízos.

. Lograr igualdade de trato nos servizos de saúde e non ser dis-criminadas pola cor da súa pel, traxe ou condición de pobreza.

. Formar parte do goberno do seu país.

. Poder ser funcionarias.

. Crear a “valedoría da muller indíxena”.

. Ser tidas en consideración e que se escoite a súa voz no goberno.

. Loitar contra o acoso sexual.

. Respecto aos seus costumes e linguas.

. Promover e desenvolver nas entidades gobernamentais e non gobernamentais accións tendentes á proposta de política, proxectos e programas para a prevención, defensa e erradicación de todas as formas de violen-cia e discriminación contra a muller indíxena. . Decidir libremente sobre o seu corpo, sexualidade e vida.

Page 13: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

21

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

-Busca o que reivindica o feminismo no noso país e fai un paralelismo entre ambas as dúas loitas.

- Busca algunhas das obras destas artistas de Guate-mala: Antonia Matos, Rina Lazo,

Autorretrato con lúas, de Rina Lazo- Isabel Ruiz, Magda Eunice Sánchez, Mª Dolores Cas-

teláns, Irene Torreviarte, Andrea Aragón, Jasmine Hage. Despois de ver as súas obras realiza en pequeno grupo un mural ou collage co que che suxerisen.

- Busca información sobre: Julia Veiga, Herminia Souto (Minita) e Mª Teresa Martínez.

Que achegaron á sociedade e á loita das mulleres do seu país?

- Investiga cantas mulleres forman parte do goberno de Guatemala e do goberno de España. Refl exiona sobre os datos obtidos. Que cres que debe cambiar

Page 14: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

22

OBXECTIVO: Coñecer o concepto de soberanía alimentaria e a súa

perspectiva de xénero.

TEXTO:

Este grupo pretende afondar no concepto de sobera-nía alimentaria, termo proposto pola Vía Campesiña no Cumio da Alimentación da FAO (1996), desde a perspec-tiva dos pobos de defi nir as propias políticas agroalimen-tarias, do dereito de protexer e regular a produción e o comercio agrícola interior para conseguir os obxectivos dun desenvolvemento sostibel. Unha soberanía alimenta-ria considerada, en defi nitiva, como un proceso emanado dos pobos para a consecución do dereito á alimentación. Pero pretende facelo desde unha perspectiva local e de xénero, pois os países, os pobos e as comunidades están compostas por persoas diversas con desigualdades, entre elas as de xénero e etnia.

Se isto non se ten en conta ao traballar para a soberanía alimentaria, non será posíbel romper con estas desigualdades e, polo tanto, se poderán volver a repro-ducir doadamente, de aí a necesidade de defi nir de xeito transversal e integral unha proposta de soberanía alimentaría con equidade de xénero e, xa que logo, que transforme as relacións de poder e desigualdades entre homes e mulleres en toos estes aspectos xa mencionados.

Un grupo de mulleres constituído en Se-

ACTIVIDADE 8GRUPO DE SOBERANÍA ALIMENTARIA E XÉNERO DE SEVI-

LLA (ENTREPUEBLOS)

villa no 2006 promove iniciativas de formación, sensibilización e investi-gación arredor do dereito dos pobos a construír modos equitativos e sostibeis de produción, distribución e consumo de alimentos, atendendo ao protagonismo das mulleres do Sur e o Norte nestas loitas.

Tentan impulsar o debate arredor da presión á que o patriarcado e o capitalismo neoliberal someteron á terra, botando ao campesiñado a un estado de subordinación e depen-dencia do agronegocio exportador,

levando a pobreza e a fame á centenares de millóns de persoas. A terra degrádase, pérdese biodiversidade, pérdense variedades locais de sementes, contamínanse os campos con agroquímicos…, pondo en perigo as bases ecolóxicas da produción de alimentos. Tentan facer, ade-mais, este debate a través dunha análise do mundo rural andaluz e doutras partes do mundo, pondo o énfase nas desigualdades de xénero.

- Igualmente, analizan a perspectiva da soberanía alimentaria como instrumento que recorre tamén a unha nova relación entre os países ricos e os países empobre-cidos, descríbenos as claves para entender que a vulne-rabilidade alimentaria é unha cuestión que afecta a un e ao outro lado desa liña imaxinaria que separa o Norte e o

Sur, que afecta de forma distinta a homes e mulleres.

Non se poden achar solucións que impli-quen soamente cambios nos países onde a fame fai os seus estragos máis agudos, senón que implican transformacións no modelo de desenvolvemento e nas rela-cións internacionais de poder.

- Neste sentido, teñen un compromiso coa loita por unha soberanía alimentaria que prioriza en termos de xustiza e equi-dade as necesidades das persoas, homes e mulleres, e non as necesidades do mer-cado capitalista. Porque entenden que…

“As leis do mercado capitalista, os acor-dos de libre comercio, as empresas trans-nacionais, os acordos da OMC, as prospec-cións bioxenéticas e a biopiratería son as grandes ameazas sobre os coñecementos

Page 15: 22010010 9 UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICASsteg.gal/muller/8 de marzo/10/ud_secundaria.pdf · 9 8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres UUNIDADES DIDÁCTICASNIDADES DIDÁCTICAS

23

8 de marzo - Dia Internacional Das Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20102010

das mulleres, as relacións coa terra, a agricultura, a produción de alimentos e a sostibilidade da vida”. O seu compromiso resúmese en:

1) traballar pola articulación política arredor dun proxecto de sociedade xusta con equidade de xénero, xuntan-do as loitas das mulleres e das orga-nizacións sociais, campesiñas, indíxe-nas… nos distintos países, buscando o diálogo entre campo e cidade;

2) fortalecer as alianzas entre os pobos indíxenas, as organizacións campesi-ñas, de pescadores, de mulleres, de ambientalistas, de mozos, de comedores comunitarios, de persoas consumidoras e sindicais, e desenvolver unha forza social que constrúa e defenda a soberanía alimentaria nos seus múltiples aspectos;

3) articular a loita pola soberanía alimentaria coa loita

pola soberanía enerxética, ecolóxica e doutras sobe-ranías dos pobos, de xeito que permita rematar cun modelo depredador dos dereitos ambientais, humanos, dos pobos, das mulleres…;

4) denunciar a criminalización das loitas e lexitimar a resistencia pola defensa de territorios onde poidan vivir mulleres e homes con equidade.

- En defi nitiva, este grupo móstranos unha perspectiva feminista da Soberanía Alimentaria que vai asociada á reivindicación dunha das áreas de produción de bens e coñecementos máis depreciadas social e economicamen-te, asociada, ademais, á exclusión e confi namento das mulleres: a produción de alimentos.

A división patriarcal do traballo fai que así sexa. Sitúa-nos no campo das contradicións, pero reivindicalo signifi -ca unha transformación social e unha chamada á autode-terminación e á xustiza de xénero, principios que forman parte do feminismo. Por iso pretendemos visibilizar as estratexias que millóns de mulleres en distintas partes

do mundo adoptan para defender o seu medio de vida e para se reivindicar como suxeitas activas nas transformacións so-ciais. E contribuír a un recoñecemento do seu traballo, da súa forma de facer e dos seus coñecementos acumulados.

ACTIVIDADE:

1) Le detidamente o texto anterior e contesta ás seguintes cuestións:

Que signifi ca o concepto “Soberanía Alimentaria”?

Por que é tan importante unir

este concepto á perspectiva de xénero?

2) Investiga:

Hai na túa localidade grupos de agricultoras ou agricultores que cultiven a terra con medios eco-lóxicos e realicen unha produción ecolóxica de alimentos, de asocia-cións de produtoras ou produtores e de compradoras ou comprado-res locais, que teñan relación coa Soberanía Alimentaria?

Fai un panel explicando o que saibas de cada un deles.