16

DÍXITOS JULIO 2012

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Citation preview

Page 1: DÍXITOS JULIO 2012
Page 2: DÍXITOS JULIO 2012

DIRECCIÓN

Javier García Tobío

COORDINACIÓN

Fernando Bouzas Sierra

REDACCIÓN

María Piñeiro González

COLABORACIÓN

Andrés Gómez Tato

Alfredo Andreu

Francisco Pena

Mª José Rodríguez Malmierca

Ángel R. de Lera

Rosana Álvarez Rodríguez

DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN

Yolanda González

FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN

Artes Gráficas LITONOR S.A.L.

DEPÓSITO LEGAL

C 1604-1998

ISSN

1139-563X

EDITA

FUNDACIÓN CESGA

Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida)

15705 Santiago de Compostela

Telf. 981 569 810

Fax. 981 594 616

[email protected]

........................................................

CONTIDOS

[ 2 ] Horizon 2020

[ 3 ] CESGA na FIA

[ 4 ] Ibercisa: deseño industrial naval

[ 5 ] Licenzas de software Ansys

[ 6 ] MaxFEM: software libre

[ 7 ] Software libre para enxeñaría

[ 8, 9 ] Aula CESGA X aniversario

[ 10, 11 ] Síntese de fármacos

[ 12, 13 ] Másters en supercomputación

[ 14, 15 ] Novas & Premios

Fundación Centro Tecnolóxico deSupercomputación de Galicia

“Innovation Union”: convertendo ideas en emprego, crecemento sustentable e progreso socialCunha poboación envellecida e a presión competitiva que supón a globalización, o futuro do crecemento económico e o emprego europeo terá que atoparse no desenvolvemento de novas ideas en produtos, servizos e modelos de negocio. É por iso que a innovación se colocou no corazón da estratexia europea de crecemento e emprego para 2020.

Trátase de garantir que as ideas innovadoras poidan converterse en produtos e servizos que cren crecemento e emprego. Para iso, unha das claves está en mellorar as condicións e o acceso ao financiamento para a investigación e a innovación en Europa. Basicamente marcáronse tres obxectivos: Pór a Europa á cabeza da investigación mundial, remover obstáculos á innovación -como o elevado custo das patentes, a fragmentación do mercado, a lentitude na fixación de estándares e as carencias en capacitación- que actual-mente impiden que as ideas cheguen rápido ao mercado. Pero sobre todo trátase de revolu-cionar a maneira en que os sectores publico e privado traballan xuntos, fundamentalmente a través de Sociedades de Innovación (Innovation Parnerships) entre as Institucións Europeas, as autoridades nacionais e rexionais e as empresas.

É este último punto onde teremos que aprender a traballar, e rápidiño, se non queremos per-der a única oportunidade de financiamento de aquí a 2020. A única “fonte” de financiamento a partir de agora vai ser Bruxelas e a folla de ruta Horizon 2020, unha ferramenta innovadora no seu deseño, xa que por primeira vez unha estratexia europea é á vez aun instrumento económico que sosterá as investigacións e traballos daqueles grupos que saiban traballar de xeito conxunto coa empresa e a industria, en proxectos que poidan ser rapidamente im-plantables no mercado, que xeren traballo, que alcancen niveis de excelencia internacional e que entren dentro dos parámetros de sustentabilidade e progreso social, que é o paraugas baixo o que se amparan todos os plans para 2020.

Se durante anos as fontes de ingresos dos grupos de investigación en España foron os gobernos rexionais e central, agora a principal fonte de financiamento público estará en Bru-xelas. Aínda que se trata dunha extratexia como nunca se vira en inverstimento para a inno-vación, os niveis de competitividade entre grupos, institucións e países nunca foran tan altos. En principio deberían ser as mellores ideas e os grupos máis competitivos os que accedan a fondos europeos, pero tamén os máis experimentados en acceder a convocatorias interna-cionais e a traballar coa empresa. Neste novo escenario, coñecer o terreo no que se moven os demais grupos europeos de in-vestigación é imprescindible, pero se non queremos que a ciencia española quede relegada da carreira 2020, haberá ademais que facelo incorporando axentes dos sectores produtivos nas propostas de proxectos.

Documentos Oficiais en: Horizont 2020: http://goo.gl/48PAe Programa Marco para a Competitividade e a Innovación: http://ec.europa.eu/cip/index_es.htmPresentación Oficial da Estratexia Europea de Innovación: http://goo.gl/dfKOm

Page 3: DÍXITOS JULIO 2012

A FIA (Future Internet Assembly) é unha colaboración entre máis de 150 proxectos de in-vestigación e infraestruturas financiados polo Sétimo Programa Marco da UE co obxec-tivo de fortalecer as actividades europeas dentro do Futuro de Internet para manter a competitividade europea no Mercado global. Entre outras áreas de traballo están a rede do futuro, Cloud, servizos de internet, cidades intelixentes (SmartCities), ou as infraes-truturas de investigación e experimentación asociadas. Dentro destas últimas atópase o proxecto BonFIRE onde participa o CESGA, dedicado á creación dunha infraestrutura Cloud federada de experimentación.

A FIA realiza anualmente dous encontros, un dos cales se celebrou durante o mes de maio pasado en Aalborg (Dinamarca), co tema central de “Cidades Intelixentes e a Internet das Cousas” (Smart cities and Internet of Things). En paralelo ás actividades dos grupos de traballo, fíxose unha xornada de demostración dos resultados tanxibles dos proxectos en marcha, onde BonFIRE estivo demostrando os servizos relacionados con Infraestrutura como Servizo (IaaS) que pode prestar ás empresas e institucións que necesiten facer experimentación sobre a utilización do Cloud. Dita demostración incluía as funcionalidades ofertadas como o despregamento de experimentos desde o portal, a monitorización destes experimentos ou a última novidade de xestión dinámica das pro-piedades da rede (ancho de banda, latencia ou perda de paquetes) que interconectan dúas máquinas virtuais.

Ademais do acceso á infraestrutura a través do portal, BonFIRE proporciona métodos para controlar externamente os experimentos desde programas propios. Para demos-trar esa funcionalidade, o proxecto seleccionou o experimento que está a executar o CESGA de utilización de clusters virtuais en contornas Cloud distribuídos. A solución demostrada polo CESGA permite o control do despregamento, crecemento e retirada dun clúster baixo demanda nun sitio ou en varios. O resultado do despregamento pó-dese visualizar ademais no portal de BonFIRE. O obxectivo do experimento é estudar os problemas e beneficios asociados ao despregamento baixo demanda deste tipo de infraestruturas virtuais, tanto nun só provedor Cloud como de forma distribuída utilizando as capacidades da contorna federada.

O cloud CESGA na

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

xullo 2012 díxitos 3

Andrés Gómez Tato, Coordinador de Aplicacións e Proxectos, CESGA

Membros do CESGA durante as sesións poster da FIA en Copenhagen.

Page 4: DÍXITOS JULIO 2012

4 díxitos xullo 2012

Nas súas orixes fornecía maquinaria, principal-mente hidráulica, para a florecente flota pesquei-ra galega; por motivos de competencia e das preferencias do mercado nacional decidiú saír ao exterior, e coa colaboración dunha empresa is-landesa de equipamento eléctrico e electrónico, acometeu a substitución nos arrastreiros islande-ses das maquinillas hidráulicas por maquinillas eléctricas independentes, con tanto éxito que hoxe representa o principal fabricante de maqui-naria naval neste sector do país.

Coa intención de diversificar a actividade empe-zouse co deseño e fabricación de maquinillas para remolcadores, para buques oceanográficos e para moitos outros tipos de barcos. Realizouse un gran esforzo comercial que lle permitiu a IBERCISA fornecer maquinaria en todo o mundo.

Aínda que o noso tamaño de empresa é pe-queno, 60 persoas entre o taller e as oficinas, non só fabricamos a maquinaria de cuberta, “as maquinillas”, tamén se fai o deseño do circuíto hidráulico, eléctrico, equipos electrónicos que os controlan e dos accesorios, motivo polo que no noso alcance de subministración sempre se inc-lúe o desprazamento dos nosos enxeñeiros para facer a posta en marcha.

Cando se recibe un novo pedido, o traballo sem-pre empeza por preparar unha ficha técnica que recolle os datos de xeometría, motorización, ca-ble, prestacións así como o dimensionamiento doutros compoñentes que varían segundo o tipo de maquina e que se refiren a freos, embragues, reductoras e estibadores.

As maquinas nacen en 2D da man dos proxectistas; con software específico se di-

O máis importante nunha empresa son as persoas que lle dan vida, en IBERCISA por suposto isto tamén é así. O depar-tamento técnico é o máis numeroso xa que ademais do deseño, os cálculos, a análise, a hidráulica e os sistemas, tamén inclúe planificación-compras-produción, ten representación de diferentes ramas da enxeñaría.

IBERCISA o deseño como estratexia de negocioAlfredo Andreu. Enxeñeiro Industrial. Director Técnico de IBERCISA.

Ibercisa é un fabricante galego de maquinaria de cuberta, que desde a súa fundación en 1969 mantén o seu com-promiso coa construción naval, dedicándose ao deseño e fabricación con tecnoloxía propia da máis ampla gama de maquinaria para todo tipo de buques pesqueiros e de servizos. Actualmente as súas instalacións na cidade de Vigo están a ampliarse para dispor de máis espazo para montaxe, medios de elevación maiores e equipamento propio de tratamento térmico, chorreado e pintura.

“IBERCISA fornece maquinaria naval nos cinco continentes”

mensionan as engrenaxes e os rodamentos, e coas follas de cálculo desenvolvidas en IBERCISA completamos o dimensionamiento de todos os compoñentes.

Neste proceso o seguinte paso é o modela-do de todas as pezas e a súa ensamblaxe, de forma que se comproba que todo está no seu sitio. Neste punto é no que podemos importar desde ANSYS o modelo para facer a simu-lación do comportamento baixo diferentes estados de carga, incluíndo peso propio e aceleracións. Isto permite depurar a parte es-trutural das maquinillas reforzando os elemen-tos nos que as tensións son maiores, pódese visualizar como se incrementa paulatinamente as deformacións coa carga e o valor que estás alcanzan para decidir se son aceptables ou se require unha revisión.

Nestes tempos en que todo se mide, non se pode pensar en chegar con éxito á data de entrega sen os departamentos de planificaci-ón e loxística que velan polo cumprimento dos prazos. No caso de IBERCISA ademais teñen a responsabilidade de xestionar as compras e a produción.

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Page 5: DÍXITOS JULIO 2012

os propietarios de licenzas de software ANSYS podErán utilizalas nos supercomputadores do CESGA

Baixo o título “Amplía o teu coñecemento en simula-ción”, o pasado 19 de Abril celebrouse no CESGA o seminario organizado pola compañía ANSYS Iberia en colaboración co CESGA. Dirixido a académicos e a profesionais da industria, na xornada se mostra-ron as múltiples vantaxes do uso de ferramentas de simulación no ámbito da enxeñaría e en concreto no ámbito naval, coa participación da Escola Su-perior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo e Ibercisa. Presentouse asemade o novo pro-grama académico de ANSYS, que busca axudar a enxeñeiros, profesores e investigadores a ter unha maior comprensión e un mellor acceso á tecnoloxía máis punteira na área da simulación.

Na xornada destacouse a necesidade de moderni-zación e posta ao día deste sector e outros similares, pode atopar resposta no traballo que habitualmente desenvolve a compañía, pero co apoio das ferramen-tas de supercomputación do CESGA, a disposición da innovación e o desenvolvemento dos diferentes sectores económicos.

Aínda que o CESGA tradicio-nalmente é un abandeirado do software libre, na actual con-torna empresarial ás compañ-ías precisan atopar novos mé-todos para crear produtos e procesos de fabricación máis innovadores, mentres que mi-nimizan custos e tempo de distribución. Neste escenario ANSYS e CESGA chegaron a un acordo polo que un usu-ario de calquera centro de investigación, universidade, industria ou empresa, que po-sua unha licenza ANSYS, poi-da instalala nas máquinas do CESGA e traballar con ela, sin necesidade de mercar outras.

Deste xeito beneficiaránse da capacidade de computación e soporte de cálculo, desen-volvemento e optimización de algoritmos e aplicacións que

o CESGA oferta aos seus usuarios, pero empregan-do as súas propias licenzas para traballar co seu software. ANSYS desenvolve, dá so-porte e comercializa software de simulación de enxeñaría, para prever o comportamento futuro dun produto en fase de deseño e como funcionarán os procesos de fabricaci-ón en contornas reais. Máis de 40.000 clientes de todo o mundo de sectores como automoción, aviación, electró-nica, enerxía, materiais, quími-ca, universidades, enxeñaría civil, produtos de consumo, saúde e deportes, que co so-porte do software de ANSYS desenvolven novos materiais, motores alternativos, edificios eco-eficientes e moitos outros avances en todos os campos da enxeñaría.

xullo 2012 díxitos 5

ACORDO ANSYS-CESGA

espectaculares resultados da optimización no deseño Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Análise dun carretel con software ANSYS

O software de enxeñaría permite análi-ses moi precisas de deseños industriais para a súa optimización. Por exemplo, na análise dun carretel (elemento críti-co da máquina) realizado con software ANSYS, permitiu optimizar o deseño desta estrutura de 32 a 24 toneladas. A diferenza de 8 toneladas entre ambos deseños significa diminución en mate-riais para produción, melloras no ren-demento da “maquinilla” e do buque no que se instala e unha sensible redución no consumo de combustible.

Page 6: DÍXITOS JULIO 2012

6 díxitos xullo 2012

O grupo de investigación en Enxeñaría Matemática [1] da Universidade de Santiago de Compostela foi xerando ao longo do tempo unha serie de programas propios para modelar fenómenos electromagné-ticos. Estes programas naceron ao abeiro de diversas colaboracións con empresas (oito contratos nos últimos dez anos) co obxectivo de estudar problemas tan diversos como o comportamento dunha colada electromagnética de aluminio ou a operación dun forno de arco eléctrico.

Todos estes códigos heteroxéneos eran usados internamente por membros do grupo ou por personal especializado das empresas. No ano 2009, proponse levar adiante unha acción da plataforma Mathematica Computing do proxecto CONSOLIDER i-MATH [2] que consistente en distribuír os devanditos códigos empregando licenzas de software libre. Os obxectivos eran:

• completar e xeneralizar os códigos de simulación numérica;

• dotar a tódolos códigos dunha interface gráfica común;

• incorporar módulos de entrada e saída de datos con formatos estándar.

O proxecto rematou a principios deste ano e púxose a disposición pública o paquete MaxFEM [3], distribuído con licenza GPLv3 e vá-lido para plataformas Windows, GNU/Linux e Mac OS X. MaxFEM permite modelar fenómenos electromagnéticos de baixa frecuencia. Os códigos que incorpora inclúen problemas de electrostática, cor-rente continua, magnetostática, magnetostática transitoria e modelos de “eddy currents”, tanto en dúas coma en tres dimensións.Unha interface gráfica unificada permite aos usuarios definir os datos necesarios para resolver calquera dos problemas anteriores, chamar

ao código de simulación cun só clic e ver os resultados cun visuali-zador integrado na propia aplicación [ver Fig. 1].

Os códigos utilizan métodos de elementos finitos, polo que é nece-sario proporcionar unha malla do dominio. Todos eles admiten mallas escritas no formato Universal de I-Deas [4], por ser o empregado en varios malladores de uso libre.

Ao longo do proxecto tamén se revisaron os métodos de resolución implementados, indo dende factorizacións clásicas nos casos máis simples, ata o uso de modernas librerías de resolución de sistemas, coma MUMPS, que permiten aproveitar o paralelismo da máquina. Os campos resultado da simulación escrébense en formato VTK-XML. Ao ser un formato amplamente difundido, permite usar estes campos noutros programas de simulación.

Aínda que xa existen outros paquetes de simulación de problemas electromagnéticos, o seu prezo soe ser elevado, o que pode disua-dir ás pequenas e medianas empresas do seu uso. Este paquete é unha aposta de software libre para transferir á sociedade os froitos da investigación feita na Universidade. Como tal, permitiranos incorporar os novos códigos que nazan de futuros proxectos e colaboracións empresariais.

O modelo de traballo descrito está a dar lugar a outros paquetes de software libre dentro grupo de investigación, en particular, un paque-te para modelar fenómenos de acústica e vibracións e outro de com-bustión e mecánica de fluídos. Asemade, a interface gráfica usada en MaxFEM tense xeneralizado e distribuído por separado baixo o nome de OpenNum [5], de xeito que pode ser adaptada a calquera outro programa de cálculo sen máis que modificar un ficheiro de tex-to. Deste xeito, calquera investigador podería dotar aos seus propios códigos dunha interface gráfica e un visualizador de resultados sen necesidade de aprender a programar con librerías gráficas.

Alfredo Bermúdez de Castro, Dolores Gómez, Mª Carmen Muñiz, Francisco Pena, Pilar Salgado.Departamento de Matemática Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela.

Figura1: A interface gráfica do paquete MaxFEM.

software libre para a simulación de fenómenos electromagnéticos

[1] http://www.usc.es/ingmat/

[2] http://www.i-math.org

[3] https://sourceforge.net/projects/maxfem/

[4] http://www.sdrl.uc.edu/universal-file-formats-for-modal-analysis-testing-1

[5] https://sourceforge.net/projects/opennum/

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

transferenciamatemática á industria

Page 7: DÍXITOS JULIO 2012

software libre para enxeñaría no cesga

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

SALOME QUE É?

SALOME é un software de fonte aberta que proporciona unha plata-forma xenérica para Pre- e post procesado en simulación numérica, baseado nunha arquitectura aberta e flexíble feita de compoñentes reutilizables. É distribuído como software de fonte aberta baixo os pra-zos da licenza de LGPL do GNU.

COMO SE USA?

SALOME pode ser utilizado como aplicación soa para xeración de modelos de CAD, a súa preparación para cálculos numéricos e pos-procesado dos resultados do cálculo. Tamén pode utilizarse como pla-taforma para integración de códigos numéricos externos dun terceiro, para producir unha aplicación nova para a administración do ciclo de vida completo dos modelos CAD.

QUE SE PODE FACER CON SALOME? • Proporciona unha interface facil de usar e eficiente que axuda a

reducir os custos e retrasos da realización de estudios.• Crear/modificar, importar/exportar (IGES, STEP, BREP), reparar/

limpar modelos CAD.• Modelos CAD de malla, corrixir a malla, comprobar a calidade da

malla, importer/exporter a malla (MED, UNV, DAT, STL)• Manexar propiedades físicas e cantidades ligadas a obxectos

xeométricos.• Realizar cálculos empregando un ou varios solucionadores ex-

ternos (coupling).

http://www.salome-platform.org/

Elmer QUE É?

Elmer é un software de simulación multifísica de código aberto desenvolvi-do principalmente polo CSC-IT Centre for Science, de Finlandia. É capaz de solucionar modelos físicos de dinámica de fluídos, mecánica estrutural, electromagnetismo, transferencia de calor e acústica. O código fonte de Elmer está baseado en tecnoloxías de elemento finito modernas e métodos numéricos. Está escrito en Fortran90, C, e C ++, e distribuido segundo a GNU Public Licence (GPL).

COMO SE USA?

No paquete de software os modelos son descritos por ecuacións dife-renciais parciais que ELMER soluciona polo Método de Elementos Finitos (FEM). Elmer está pensado para educación, investigación científica, e pro-xectos de investigación e construción experimental, onde a eficacia compu-tacional e a flexibilidade desempeñan un papel fundamental.

QUE SE PODE FACER CON ELMER?

ElmerSolver proporciona métodos para solucionar: • Problemas físicos que implican difusión, convección e reacción• Ecuacións de Navier-Stokes Incomprensibles e comprensibles • Elasticidade non lineal e lineal con materiais (an)isotropicos• Ecuacións de Helmholtz e de Schrödinger• Electromagnetismo, incluíndo electrostática e indución magnética• Métodos Lagrangian e Eulerian de superficies libres• Rastreador de partícula con enganche bidireccional a campos FE• Estratexias para problemas conectados, como Interacción de Estrutura

fluída (FSI) e magnetohydrodinamica (MHD)

http://www.csc.fi/english/pages/elmer

CODE-ASTER QUE É?

É un software para a análise de elementos finitos e simulación numérica en mecánica estrutural e multifisica. Code-Aster é un motor de procesa-miento (ou solver) que non inclúe o pre e post procesado (mallado e pre-sentación da solución). Foi desenvolvido pola empresa francesa Électricité de France, ou EDF, para o estudo e mantemento de plantas e redes eléc-tricas. Foi liberado baixo a GNU Xeral Public License en outubro de 2001.

COMO SE USA?

Code-Aster ofrece unha extensa gama de métodos de análises mul-tifisico e modelado que van máis aló das funcións estándar dun có-digo de cálculo termomecánico: Desde a análise sísmico á dinámica stocástica, o seu modelado, algoritmos e solvers están en constante construción para melloralos e completalos (1.200.000 liñas de código, 200 operadores). Un código claramente aberto que se pode ligar, emparellar e encapsular de moitas maneiras.

QUE SE PODE FACER CON CODE-ASTER? A súa aplicación abarca múltiples disciplinas: análise tridimensinal me-cánico e térmico principalmente, hidrodinámica, metalurxia, hidratación, secado... xa sexan condicións estacionarias ou transitorias, e tanto en procesos lineais como non lineais. Ademais, posúe ferramentas espe-cíficas para fatiga, deformación, fractura, contacto, xeotecnia, materiais porosos, etc. Ademais, a combinación destas características cos diver-sos programas de pre- e posprocesado permítenlle abarcar areas como acústica, sísmica, enerxía atómica e outras.

www.code-aster.org

OpenFOAM QUE É?

OpenFOAM® (Open Field Operation and Manipulation) CFD Toolbox é un paquete de software CFD de código libre, producido por OpenCFD Ltd. Ten unha ampla base de usuarios na maioría das áreas da enxeña-ría e a ciencia, de organizacións tanto académicas como comerciais.

COMO SE USA?

OpenFOAM Ten unha gama extensa de características para solucionar calquera problema desde fluxos de fluídos complexos que implican reacci-óns químicas, turbulencia e transferencia de calor, até dinámica de sólidos e electromagnetismo. Inclúe ferramentas para mallado, destacando sna-ppyHexMesh, un mallado en paralelo para xeometrías complexas CAD e para pre e post procesado. Case todo corre en paralelo e en estándar, per-mitindo aos usuarios aproveitar plenamente o hardware á súa disposición.

QUE SE PODE FACER CON OpenFOAM? Por ser aberto, OpenFOAM ofrece aos seus usuarios a liberdade de perso-nalizar e estender as funcionalidades existentes, ben por se mesmos, ben a través do Soporte de OpenCFD. Segue un deseño de código altamente modular no que as coleccións de funcionalidade (p. ex. métodos numéri-cos, mallado, modelos físicos) son cada un compilado na súa biblioteca propia. OpenFOAM inclúe sobre 80 solucións de aplicacións que simulan problemas específicos en enxeñaría mecánica e máis de 170 aplicacións de utilidade que realizan tarefas de pre e post procesado como mallado e visualización de datos. Fluxos incomprensibles e comprensibles, Fluxos Multifase, Combustión, Fluxos de flotabilidad, Metodos de Particulas (DEM, DSMS, MD), e outros.

http://www.openfoam.com/ xullo 2012 díxitos 7

Page 8: DÍXITOS JULIO 2012

En outubro de 2002, tras unha análise das principais plataformas LMS (Learning Management Systems) de código aberto dispoñi-bles (entre outras, Ilias, Moodle, Claroline) instálase o software Open Source “Claroline” (Classroom Online) -software de xestión de cursos online (CMS)- nun servidor do CESGA, dependente da área de e-learning.

A plataforma Aula Cesga xorde como desenvolvo propio do CES-GA a partir do software de Código Libre Claroline versión 1.3 (www.claroline.net), desenvolvido pola Universidade de Lovaina, Bélxica, coa colaboración dunha ampla comunidade internacional de usuarios, principalmente universidades europeas.

A razón principal da instalación deste software debeuse funda-mentalmente porque ofrecía unha solución modular, sinxela de emprego, multilingüe, e moi lixeira en termos de infraestrutura har-dware e consumo de recursos no servidor e no cliente. Desde o momento da súa instalación, pénsase en “Aula Cesga” como unha plataforma de xestión de cursos versátil, que poida servir para tres funciones principais:

• que permitise ao CESGA a ex-perimentación e coñecemento detallado deste tipo de sistemas e a súa evolución, fundamentais na área de e-learning.

• que servise de soporte de fer-ramentas complementarias de e-learning: sistemas de comuni-cación, de traballo compartido, etc.

• que se convertese nun servizo ofrecer un servizo estable, útil e sinxelo para do-centes e investigadores da nosa comunidade interesados na formación e innovación nos seus pro-cesos de ensino e traballo colaborativo mediante Internet.

O desenvolvemento da ferramenta no CESGA pronto empeza a diferenciarse do desenvolvemento xeral da plataforma Claroline, proxecto Open Source co que se vinculou desde un inicio, sobre todo pondo a disposición da comunidade desarrolladora e usuaria as modificacións (como a primeira versión da plataforma ao galego e contribucións notables á de español) e suxestións que fomos in-corporando á nosa plataforma, todas elas xurdidas da interacción do grupo de investigadores e usuarios “pioneiros” que participaron nas primeiras versións de Aula Cesga.

En xaneiro de 2004 sepárase o equipo de desenvolvemento de Claroline, e créase unha nova plataforma co mesmo espírito (e gran parte dos elementos do código) desta, agora baixo o nome Dokeos. Gran parte do equipo internacional de desenvolvemento, con Thomas de Praetere (o creador de Claroline) á cabeza, apoian

este desenvolvemento, que segue a mesma filosofía de usabili-dade, sinxeleza e flexibilidade que tiña a plataforma Claroline. En marzo de 2004 lánzase a primeira versión da plataforma Dokeos (Dokeos 1.5), con melloras notables sobre Claroline. Algunhas de-las, herdeiras da colaboración co desenvolvemento de Aula Cesga (chat, perfil, traballos...). Tras unha detallada análise da área de e-learning e da comunidade de usuarios de Aula Cesga, conside-rouse de interese a incorporación (xa non actualización) dalgunhas melloras de Dokeos 1.5 a Aula Cesga.Desde a súa instalación, séguese un criterio de mellora da plata-forma de acordo a: as necesidades e carencias detectadas por investigadores e usuarios da plataforma as suxestións e actuali-zacións da comunidade Open Source de Dokeos e de Claroline.

Neste aspecto, hai tempo que o desenvolvemento de Aula Cesga non segue as liñas “oficiais” das plataformas Dokeos ou Claro-

line, e, aínda que a nivel de funcionalidades, é posible incorporar as modificacións feitas nestas platafor-

mas en Aula Cesga, na práctica isto esixe a pro-gramación e adaptación específica de cada

unha delas. Esta práctica, aínda que nos permitiu ser moito máis selectivos e res-ponder as nosas necesidades de forma máis concreta, tamén nos obriga a un maior esforzo cada vez que quere-mos incorporar elementos suxeridos ou desenvolvidos pola comunidade de desenvolvemento internacional de Dokeos ou Claroline.

En paralelo ao desenvolvemento da plataforma Aula Cesga, o CESGA impli-

couse no desenvolvemento de Claroline e Dokeos no apartado lingüístico, propor-

cionando as primeiras traducións a español e a galego para as primeiras versións das plataformas

Claroline e Dokeos.Posteriormente, o número de adaptacións sobre o software ori-xinal decidiuse reducilo a un mínimo que garantise a adaptación á nosa comunidade de usuarios e características do servizo. Isto debeuse, principalmente, á necesidade de contar cunha ferramenta funcional e facilmente actualizable, o que era nece-sario, tendo en conta o volume de usuarios e a falta de técnicos e tempo necesario para dedicarse a esta tarefa en exclusiva. En 2010 produciuse un novo fork (bifurcación) da maior parte do equipo de desarrolladores de Dokeos, e xorde unha nova plataforma, Chamilo (www.chamilo.org) que herda a filosofía das anteriores, pero que ten un compromiso maior coa comu-nidade de software aberto e o desenvolvemento do proxecto baixo esta contorna. Así, no verán de 2010 realizamos a última migración (até a data) de Aula Cesga, que supuxo un esforzo considerable, posto que xa contaba cun número moi elevado de usuarios e cursos activos.

Un pouco de historia...

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

8 díxitos xullo 2012

aula cesga x aniversarioMª José Rodríguez malmierca, coordinadora de e-Learning, CESGA.

Page 9: DÍXITOS JULIO 2012

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

xullo 2012 díxitos 9

10 anos despois, en 2012, Aula Cesga converteuse nun refe-rente en Galicia no mundo das plataformas de aprendizaxe e colaboración online baseadas en software aberto, posto que é a única plataforma que ofrece un espazo gratuíto a investigadores e profesores galegos de calquera ámbito educativo para a ex-perimentación co TIC, o traballo colaborativo cos seus alumnos e compañeiros. Na actualidade contamos con máis de 23.000 usuarios activos, en máis de 800 espazos de traballo e apren-dizaxe. Aula Cesga é unha solución flexible, o que permite que responda as necesidades de profesores de todos os niveis edu-cativos, principalmente: universidade, secundaria, Escolas Ofi-ciais de Idiomas, ciclos formativos, formación de profesorado ou grupos de colaboración.

Durante estes anos, vimos como se popularizaba o seu uso de forma exponencial, como cambiaba o perfil dos nosos usuarios (de ser un 68% de homes en 2006, a ser un 70% de mulleres en 2012), e como evolucionaban as tendencias e necesidades do mundo educativo ao noso ao redor. Aula Cesga hoxe é unha ferramenta moito máis social, máis colaborativa, sen abandonar a súa filosofía de sinxeleza e de ofrecer unha plataforma útil e es-table para un gran número de docentes que se inician no mundo do e-learning.

Nos seguintes gráficos, podemos ver esta evolución en números:

Aula Cesga, hoxe

Algunhas citas dos nosos usuarios

A próxima versión de Aula Cesga, que se porá en servizo, previsi-blemente, a principios do próximo curso (agosto-setembro), conta-rá con novas funcionalidades, algunhas moi destacadas, como un servizo de multiconferencia baseado en BigBlueButton (webminar de código aberto), pero sobre todo unha gran mellora nas funcio-nalidades existentes: rede social, traballo en grupos, xestión dos contidos formativos e usuarios, etc.O nivel de satisfacción coa plataforma e co servizo de soporte que ofrece o Cesga seguiu sendo sendo moi elevado. Estes resul-

tados, aínda sendo, como é lóxico, mellorables, mostran a alta valoración que lle dan os nosos usuarios a unha resposta próxima e eficaz aos seus problemas ou dúbidas coa ferramenta. Doutra banda, que estes resultados sexan practicamente similares aos obtidos en 2006 e 2010, pese ao enorme aumento de usuarios (que non de tempo ou de técnicos dedicados ao soporte de Aula Cesga), é en por si bastante meritorio. Cremos que a próxima ver-sión de Aula Cesga responderá á necesidade de actualización e novas funcionalidades reclamadas polos usuarios.

“Nas Escolas de Idiomas, dende a creación da figura das Extensións (centros depen-dentes dunha escola central), Aula CESGA está tendo un papel clave. A coordinación nos diferentes niveles é moito máis fácil, e unha grande cantidade de profesores mostran un nivel de satisfacción enorme coas vosas plataformas.”

“Creo que estades facendo un traballo excepcional. Dende que comecei a usar Aula Cesga,...1.- creo que son mellor profesor2.- teño unha comunicación mellor cos alumnos3.- estou mellor organizado4.- os meus alumnos teñen un nivel máis alto de satisfacción coas clases5.- a coordinación cos meus compañeiros mellorou moitísimo”

“[Necesitaría] Un pouco máis de espazo para subir material de audio e video que agora é bastante limitado. Estou enormemente satisfeita tanto coas funcionalida-des da aula coma có servizo de apoio técnico. Desexo que a CESGA e a súa xente cumpran moitos decenios mais !”

Page 10: DÍXITOS JULIO 2012

10 díxitos xullo 2012

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

O ritmo de descubrimento de novas entida-des químicas con posibles aplicacións como fármacos está a se ver reducido con respec-to a décadas anteriores, como o demostra o feito de que no últimos tres anos aprobáron-se menos de 25 medicamentos pola FDA, a pesar do gasto (estimado en 50.000 millóns de dólares anuais) realizado pola industria farmacéutica. Ademais, só a metade deles son fármacos cun novo mecanismo de ac-ción. Como consecuencia, tanto a industria farmacéutica, como os químicos implicados neste proceso, soportan unha gran presión para facer fronte á elevada porcentaxe de candidatos clínicos (93-96%) que non alcan-zan o mercado.

Desde esta perspectiva, a Química Médica está interesada fundamentalmente en en-tender a relación da estrutura coa toxicidade dos candidatos (o 60% non pasa os ensaios preclínicos de toxicidade) e en controlar a polaridade dos fármacos, favorecendo aque-les que presentan unha baixa lipofilicidade e unha elevada solubilidade no medio acuoso. Por outra banda, existe a percepción de que a Química Médica utiliza tradicionalmente só unha pequena parte das transformacións sin-téticas dispoñibles, ignorándose moitas clases de reaccións e procesos que permiten a sínte-se enantioseletiva de estruturas con múltiples centros estereoxénicos. Como xustificacións, adoitan citarse a presión comercial e a compe-titividade, xa que o obxectivo nas seccións de Química Médica das industrias farmacéuticas é descubrir candidatos clínicos canto antes, polo que as metodoloxías robustas son as pre-feridas e, normalmente, os químicos orgánicos sintéticos teñen pouco tempo para desenvol-ver e optimizar unha reacción ou unha ruta sin-tética. Ademais, o seu enfoque principal é o descubrimento de novos fármacos utilizando a síntese orgánica como ferramenta, polo que o desenvolvemento de novas metodoloxías non é unha prioridade da industria farmacéutica.

Con todo, e debido á presenza dunha ampla variedade de grupos funcionais nos candida-tos, a metodoloxía sintética seleccionada debe ser tolerante con eles e, preferiblemente, debe evitar etapas de protección e desprotección.

Cumprindo este criterio, nos últimos anos estamos a asistir á incorporación, na síntese de fármacos, de procesos sintéticos robus-tos para a formación de ligazóns C-X E C-C, como a aminación de Buchwald-Hartwig ou os axustes 1cruzados de Stille, Negishi e Suzuki, a pesar de que empregan catalizadores de pa-ladio en cantidades subestequiométricas.

É aquí onde interveñen os metais de transición e a súa incorporación á Química sintética per-mitiu levar a cabo reaccións que, en ausencia do metal, serían extremadamente lentas, así como a recuperación e reutilización da espe-cie catalítica, o que resultou beneficioso tanto económica como medioambientalmente. Así, desde o seu descubrimento, as reaccións ca-talizadas por metais de transición como Pd, Nin, Cu, Pt, Rh e, máis recentemente, Au, pro-vocaron un desenvolvemento metodolóxico tan espectacular que sería imposible resumilo e como o demostra a concesión do premio Nobel de Química 2010 a Richard F. Heck, Ei-ichi Negishi e Akira Suzuki, pola súa contri-bución ao descubrimento e desenvolvemento das reaccións de axuste cruzado catalizadas por Pd. É, no estudo e aplicación destas reaccións catalizadas por metais de transición, onde se centra o noso traballo, e máis concretamente naquelas reaccións catalizadas por dúas es-pecies metálicas, onde se observa unha coo-peratividade entre elas.

Estudo dos mecanismos de reaccións catalizadas por metais de transición. Catálise bimetálica.Aínda que o uso de complexos bimetálicos en catálise non é novo, 1dada a ampla presenza das etapas de transmetalación nos ciclos ca-talíticos das reaccións de axuste catalizadas por metais, a posible participación de com-plexos bimetálicos nos seus mecanismos é sumamente relevante. Así, as reaccións de Negishi, 2Sonogashira e Stille3 (na versión que

utiliza sales de Cu) representan exemplos de axustes que transcorren con transmetalación entre Pd e Zn ou Cu e, por analoxía, poderían ter lugar a través de intermedios con ligazóns Pd-Zn ou Pd-Cu, no seu caso. Esta analoxía podería trasladarse tamén a diversas combi-nacións metálicas de importancia sintética como Pd/Cu (variante do Cu de Stilley reac-ción de Sonogashira), Nin/Zn4, Co/Zn5, Pd/Sm6, e Pd/In, entre outras.

En 1998, Espinet e colaboradores describiron, mediante un estudo cinético, que a isomeriza-ción cis-trans dos complexos PdR1R2L2 (R1 = C6Cl2F3, R2 = C6F5, L = tetrahidrotiofeno) estaba catalizada por complexos de Au(I) e que transcorría a través do intercambio rever-sible dos grupos arilo entre os dous metais7. A aparición recente, en bibliografía, do axuste cruzado catalizado por Pd(0) e Au(I), 8puxo de manifesto a importancia destes resulta-dos onde a cooperatividade entre os metais maniféstase claramente. O mecanismo polo cal transcorre esta activación bimetálica Pd-Au de gran utilidade sintética dado que pode facer uso da capacidade do metal monova-lente para provocar reordenamentos que tan só transcorren mediante a catálise de Au (e.j. reordenamentos proparxílicos ou de alenilcar-bamatos)9, non se esclareceu até o momento. Con todo, un mellor coñecemento permitiría, entre outras cousas, desenvolver a versatili-dade do Au como axente transmetalante no deseño de novos métodos sintéticos en com-binación con outros metais.

Por tanto, o estudo computacional dos mo-delos seleccionados para estas reaccións, co obxectivo de evidenciar a participación de intermedios bimetálicos nos seus ciclos catalíticos (e, eventualmente, definir estes úl-timos), ten importancia tanto desde o punto de vista mecanístico como metodolóxico, xa que cunha mellor comprensión dos ciclos catalíticos avanzaríase na racionalización dos feitos experimentais e no deseño de novos procedementos mellorados.

Foto: membros do Departamento de Química Orgánica da

Universidade de Vigo, UVIGO.

Supercomputación e Síntese de Fármacos.

Novos Procesos Ángel R. de Lera y Rosana Álvarez Rodríguez. Departamento de Química Orgánica. Universidade de Vigo, UVIGO.

1 (a) Shenglof, M.; Molander, G. A.; Blum, J. Synthesis2006, 111-114. (b) Jautze, S.; Peters, R. Angew. Chem., Int. Ed.2008, 47, 9284-9288. Revisións: (c) van den Beuken, E. K.; Feringa, B. L. Tetrahedron1998, 54, 12985-13011. (d) Shibasaki, M.; Matsunaga, S. Chem. Soc. Rev.2006, 35, 269-279. (e) Millán, A.; Campaña, A. G.; Bazdi, B.; Miguel, D.; Álvarez de Cienfuegos, L.; Echavarren, A. M.; Cuerva, J. M. Chem. Eur. J.2011, 17, 3985-3994. (f) Akitsu, T.; Endo, Y.; Okawara, M.; Kimoto, Y.; Ohwa, M. Open Cryst. J.2011, 4, 2-7. (g) Weng, Z.; Lee, R.; Jia, W.; Yuan, Y.; Wang, W.; Feng, X.; Huang, K.-W. Organometallics2011, 30, 3229-3232. (h) Serra, D.; Moret, M.-E.; Chen, P. J. Am. Chem. Soc.2011, 133, 8914-8926.2 (a) Negishi, E.; Anastasia, L. Chem. Rev.2003, 103, 1979-2017. (b) Negishi, E.; Zeng, X.; Tan, Z.; Quian, M.; Hu, Q; Huang, Z. En Metal-Catalyzed Cross-Coupling Reactions; 2ª ed; de Meijere, A.; Diederich, F., Eds.; Wiley-VCH: Weinheim, 2004; Vol. 2, pp 815-889.3 Marsden, J. A.; Haley, M. M. En Metal-Catalyzed Cross-Coupling Reactions; 2ª ed; de Meijere, A.; Diederich, F., Eds.; Wiley-VCH: Weinheim, 2004; Vol. 1, pp 317-349.4 (a) Almansa, R.; Guijarro, D.; Yus, M. Arkivoc2006, 18-28. (b) Xiao, X.; Wang, H. W.; Huang, Z. Y.; Yang, J.; Bian, X. X.; Qin, Y. Org. Lett.2006, 8, 139-142. (c) Lumby, R. J. R.; Joensuu, P. M.; Lam, H. W. Tetrahedron2008, 64, 7729-7740.

[1] http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/anie.201108043/abstract;jsessionid=3AA64C1EA1E161FBF84CA78A0458F5E0.d03t03

[2] http://pubs.acs.org/doi/abs/10.1021/om300024p

[3] http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/anie.201108351/abstract

Page 11: DÍXITOS JULIO 2012

5 (a) Lam, H. W.; Joensuu, P. M.; Murray, G. J.; Fordyce, E. A. F.; Prieto, O.; Luebbers, T. Org. Lett.2006, 8, 3729-3732. (b) Joensuu, P. M.; Murray, G. J.; Fordyce, E. A. F.; Luebbers, T.; Lam, H. W. J. Am. Chem. Soc.2008, 130, 7328-7338.6 (a) Aurrecoechea, J. M.; Fañanás, R.; Arrate, M.; Gorgojo, J. M.; Aurrekoetxea, N. J. Org. Chem.1999, 64, 1893-1901. (b) Aurrecoechea, J. M.; Lopez, B.; Arrate, M. J. Org. Chem.2000, 65, 6493-6501. (b) Aurrecoechea, J. M.; Gil, J. H.; Lopez, B. Tetrahedron2003, 59, 7111-7121.7 Casado, A. L.; Espinet, P. Organometallics1998, 17, 3677-3683.8 (a) Hashmi, A. S. K.; Lothschütz, C.; Döpp, R.; Rudolph, M.; Ramamurthi, T. D.; Rominger, F. Angew. Chem. Int. Ed.2009, 48, 8243-8246. (b) Hashmi, A. S. K.; Döpp, R.; Lothschütz, C.; Rudolph, M.; Riedel, D.; Rominger, F Adv. Synth. Catal. 2010, 352, 1307-1314. (c) Peña-López, M.; Ayán-Varela, M.; Sarandeses, L. A.; Sestelo, J. L. Chem. Eur. J.2010, 16, 9905-9909. (d) Weber, D.; Gagné, M. R. ChemComm.2011, 47, 5172-5174. (e) Hirner, J. J.; Shi, Y.; Blum, S. A. Acc. Chem. Res.2011, 44, 603-613.9 (a) Hashmi, A. S. K. Chem. Rev.2007, 107, 3180–3211. (b) Li, Z.; Brouwer, C.; He, C. Chem. Rev.2008, 108, 3239–3265. (c) Gorin, D. J.; Sherry, B. D.; Toste, F. D. Chem. Rev.2008, 108, 3351–3378.

xullo 2012 díxitos 11

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Page 12: DÍXITOS JULIO 2012

12 díxitos xullo 2012

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Para dar satisfacción a esta crecente de-manda, e o Máster en Computación de Al-tas Prestacións, Enxeñaría Matemática son un importante “viveiro de cerebros” para as empresas, que buscan profesionais moi es-pecializados, así como solución aos seus problemas en workshops e Talleres de Pro-xectos ou de Creatividade Industrial. Nas xornadas celebradas o pasado mes de maio no Centro de Supercomputación de Galicia, dentro do Máster de Computación de Altas Prestacións, HPC, que organizan a UDC, a USC e o CESGA, empresas líderes do sec-tor como Gompute, HP, IBM, BULL e FUJIT-SU manifestaban a “necesidade de poder contar con profesionais altamente formados nunha disciplina cada vez máis presente en todos os sectores”.

Enxeñaría Matemática: solucións industriais

Neste sentido, Elena Vazquez Cendón, da área de Matemática Aplicada da USC e Coor-dinadora en Santiago do Máster de Enxeñaría Matemática que imparten as tres Universida-des Galegas desde o ano 2006, destaca que “Afortunadamente, hai unhas 40 empresas im-plicadas desde o principio. Veñen sobre todo ao Taller de Proxectos Industriais, a contarnos que problemas lles interesan e cales quererían ver resoltos desde a visión do Máster”.

Un dos maiores atractivos para as empresas é o punto de vista multidisciplinar que se proxec-ta con alumnos e profesores procedentes de distintas ramas da ciencia. A empleabilidade dos profesionais formados no “coñecemento hermanado das matemáticas, a enxeñaría e a supercomputación” é moi interesante para as empresas de todos os ámbitos, como si-nala Elena Vázquez, “temos desde empresas do ámbito eólico, mariño -unha compoñente ambiental que está moi presente- pero tamén do sector financeiro internacional, enxeñarías, deseño de produto, computación... Veñen ex-alumnos do máster que actualmente forman parte de cadros de modelización de bancos ou empresas financeiras, buscando soluci-óns, e profesionais con alta formación”. Por iso os Talleres de Creatividade e de Proxectos dos Máster atraen cada vez a máis empresas

en busca de solucións aos seus problemas e a profesionais que saiban resolvelos. “Ofrece-mos un abano moi amplo para candidatar qué problema resolve cada equipo. As empresas tratan de entusiasmar aos estudantes para que elixan resolver o seu problema e moitas veces esta relación nada no taller consolídase, creándose un proxecto dentro da empresa a partir do cal algúns alumnos pasan a formar parte dos seus cadros de persoal”.

“Cremos na necesidade destes talleres por-que ademais vemos a eficiencia da contra-tación. Nuns momentos difíciles como os actuais podemos dicir que hai un 85% de egresados empregados e queremos ser pru-dentes, porque non fixemos un estudo de contratación co mesmo rigor que facemos as outras matemáticas e non queremos xe-rar falsas expectativas, pero o feedback cos nosos ex alumnos é moi positivo e esa é a mellor demostración de que isto non é só unha idea entusiasta senón que ten unha va-lidación experimental contrastada”.

Valor engadido das Instalacións Científico Tecnolóxicas

Sen ser tan específico como o impartido polo CESGA, o Máster de Enxeñaría Matemática dedica moita atención á supercomputación. Para Elena Vázquez, os centros de cálcu-lo como o CESGA teñen un papel crucial. “Na medida en que empresas de distintos tamaños váianse sumando á utilización da modelización matemática e do I+D, pode ocorrer que non teñan os equipos suficientes e que o CESGA chegue a ser ese comple-mento de recursos que nos dote a todos de forma sustentable. O CESGA é unha rede moi importante que representa o nodo de comunicación e cálculo de todas as univer-sidades galegas. Na medida en que colabo-remos proactivamente entre todos, suma-remos marcas valiosas para poder achegar coñecemento e abrigo os servizos dos que si dispón o CESGA e que nós, como univer-sidade, non podemos dar, nin en tempo de cálculo aos egresados nin ás empresas que se queiran sumar a estes proxectos”.

as empresas buscan solucións nos másters de enxeñaría, matemáticas e supercomputaciónO HPC foi identificado pola Comisión Europea como área chave para o crecemento debido á vantaxe competitiva que ofrece en industrias como a automoción e a aviación, así como aplicacións de vangarda no campo da saúde. O 97% das organizacións europeas que empregan HPC considérano indispensable para a súa capacidade de innovar, competir e sobrevivir. Por iso a demanda de profesionais con coñecementos e ex-periencia en supercomputación crece e incrementarase aínda máis no futuro, posto que as técnicas propias do HPC de hoxe aplicaranse en máis sectores da industria e a investigación nos próximos anos. A empleabilidade destes técnicos verase ademais reforzada pola decisión da Comisión Europea, que en febreiro anunciaba un plan para dobrar o investimento en HPC de 630 a 1.200 millóns de euros, co obxectivo de producir para 2020 computadores a exa-escala.

Caixa Negra

“O CESGA representa coñece-mento e un valor de servizos moi importante. As persoas que tra-ballan e asesoran na utilización de software e na xestión de certos proxectos son persoas ben forma-das, mesmo, contamos con algún exalumno do noso Máster.”

“Promocionamos o máster como unha “Caixa Negra”, que transmite o descoñecido, pero no seu inte-rior contén as respostas. Quere-mos que os nosos egresados ad-quiran ese coñecemento “a priori”, que traballen cos métodos numé-ricos coñecendo inputs e outputs, que controlen o que fan e que ese control lles permita dar solucións con coñecemento profundo. Van ser actores importantes nos pró-ximos anos no desenvolvemento dun novo coñecemento e teñen que “abrir a caixa”, coas solucións que xa existen pero, por suposto, coas que eles van achegar como profesionais”.

Elena Vázquez Cendón, do Área de Matemática Apli-cada da USC, Coordinadora do Máster de Enxeñaría Matemática de Santiago de Compostela.

Page 13: DÍXITOS JULIO 2012

xullo 2012 díxitos 13

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Premios Fin de máster. Curso 2010/2011

O pasado mes de maio, os gañadores da Primeira Edición dos Premios Bull Fin de Master disfrutaron do seu galardón visitando o Gran Centro de Cálculo (TGCC) en Bruyères-lle-Châtel, preto de París, para coñecer o novo supercomputador CURIE, deseñado por Bull, que abre posibilidades sen precedentes para a investiga-ción industrial e académica europea. A viaxe completouse cunha visita ás instalacións que Bull ten en Lles Clayes-sous-bois.

Os Premios HP e BULL aos Mellores Proxectos Fin de Máster establecéronse no marco de colaboración entre as empresas e o Máster en Computación de Altas Prestacións (UDC, USC, CES-GA), para estimular o traballo dos futuros estudantes e recoñecer e difundir os resultados que se obteñan do seu labor.

Nesta primeira edición Roberto Rei Expósito recibiu o Premio Bull ao Mellor Expediente Académico, e Juan López Gómez resultou gañador do Premio Bull ao Mellor Proxecto Fin de Máster. Pola súa banda os gañadores do Premio HP ao Mellor Proxecto Fin de Máster son Diego Darriba López e Roberto Rey Expósito.

En novembro tivo lugar no CESGA o fallo da Primeira Edición dos Premios Fin de Estudos do Máster HPC 2010/2011, que organi-zan a Universidade da Coruña, UDC, a Universidade de Santiago de Compostela, USC, e o Centro de Supercomputación de Gali-cia, CESGA, coa participación e patrocinio de HP e Bull, así como a colaboración doutras empresas como IBM, FUJITSU, AMD, e GOMPUTE, ou o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, CPEIG.

Máster en computación de altas prestacións

O Máster en Computación de Altas Prestacións das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, coa participación e o patrocinio de AMD, AMAZON WS, BULL, FUJITSU, GOMPUTE, IBM, HP e o CPEIG, ten como obxectivo principal a formación de profesionais, tecnólogos e investigadores no campo da arquitectura de computadores e a computación de altas prestacións. A forma-ción académica, de investigación e de transferencia de tecnoloxía impartida permite aos alumnos incorporarse a centros ou departamentos de innovación, investigación e desenvolvemento, parques tecnolóxicos, parques industriais, centros de alta tecnoloxía, e/ou empezar a realización da tese doutoral na área da computación de altas prestacións.

O Master HPC ofrece aos seus egresados a posibilidade de relacionarse coas empresas máis destacadas do sector. O grao de formación especializada obtida polos alumnos, fai dos nosos egresados candidatos óptimos a traballar nos mais importantes Laboratorios de Computación de Europa. De feito, actualmente a práctica totalida-de dos graduados neste Mester están incorporados ao mundo laboral.

http://www.dma.uvigo.es/MASTER/faq.php

No interior das instalacións de Bull. De esquerda a dereita: Rafael Grimán (BULL), José Carlos Cabaleiro (USC), Juan López (Premio Mellor PFM), Roberto Rey (Premio Mellor Expediente) e Javier Cacheiro (CESGA).

Page 14: DÍXITOS JULIO 2012

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

14 díxitos xullo 2012

A sede do CESGA acolleu a celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información o pasado 15 de maio, dentro dos actos organizados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telacomunicacións de Galicia (COETG).

Dende o CESGA se conectou con seis centros de educación secundaria das principais cidades galegas para participar no Foro “As mulleres e as rapazas nas TIC”, lema deste ano para a celebración mundial, e no que varias mulleres de recoñecido exito profesional dentro das TIC dirixíronse aos estudantes presentes online animándoos a desenvolver as suas carreiras profesionais neste eido.

O foro, retransmitido tamén en streaming e complementado cun chat, baseouse no uso da tecnoloxía como medio de provocar a curiosidade e motivar aos rapaces e rapazas, respondendo dúbidas sobre desenvolvemento profesional. O acto contou coa participación da Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e co decano do COETG, Ramón Bermudez de Castro Olavide, entre outros.

DIA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS E DA SOCIEDADE DAINFORMACIÓN 2012 NO CESGA

UNHA NOVA XERACIÓN DE ENXEÑEIROS, MATEMÁTICOS E INVESTIGADORES VISITA O CESGAO pasado 5 de xuño o CESGA recibiu a visita dos cativos do Colexio Rural Agrupado de Casalonga, un dos CRAs usuario de Aula Cesga. Os pequenos coñeceron o CPD no que se aloxan os superordenadores do CESGA, as salas de videoconferencia e outras dependencias do centro. Afeitos a participar en actividades colaborativas online, os rapaces non tiveron reparos en lanzar preguntas técnicas de todo tipo ao persoal do CESGA. Sen dúbida, unha nova xeración de enxeñeiros, matemáticos e investigadores está xa en camiño.

Novas & Premios

De esquerda a dereita: Edita de Lorenzo (Directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicacións), Mar Pereira (Directora da AMTEGA), Ramón Bermúdez (Decano do COETG) e Pilar Villaverde (Vogal do COETG) .

Page 15: DÍXITOS JULIO 2012

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

xullo 2012 díxitos 15

YES NOMINADO A PROXECTO CON MELLORES PRACTICAS

O Proxecto YES (www.youth-employment-support.eu) é un dos nomi-nados a “Proxecto con Mellores Prácticas” (Best Practice Project) pola súa destacada contribución á estratexia da Comisión Europea “Novas Habilidades para Novos Traballos”. www.newskillsnetwork.eu

YES, do que o CESGA é socio, presentouse o pasado mes de Maio en Copenhagen na Conferencia Final “The New Skills Network, Skills for the Future” (http://www.newskillsnetwork.eu/id/2525), resultando nominado entre más de 300 proxectos presentados. YES (Youth Employment Support) é un proxecto europeo (Sócrates-Leonardo), que se centra na dificultade de atopar emprego para os mo-zos que non completan os seus estudos obrigatorios, e outros grupos con desvantaxes persoais ou socioeconómicas. Se trata de deseñar e proporcionar un sistema de apoio baseado nas TIC, así como un mo-delo de formación específico para o persoal responsable de recursos humanos das Pemes. Este proxecto tamén abordará a análise e avalia-ción de sistemas de aprendizaxe “blended learning” (aprendizaxe semi-presencial) así como a adecuación das ferramentas TIC..........................................................................................................

Socios: Die Berater -Coordinador- (Austria), Local Mission Agenais and Albret (Francia), Glotta Nova (Eslovenia), Further Training Centre for the Saxonian Economy (Alemaña) Transfer (Eslovaquia), Reflexion Founda-tion (Holanda), Meter Silesia (República Checa), CESGA (España). Responsable: María José R. Malmierca (CESGA).http://www.dieberater.com/fileadmin/images/EU_Abteilung/YES_brochure_EN.pdf

Bienzle Holger de die Berater durante la conferencia “The New Skills Network, Skills for the Future”, en Copenhague, Dinamarca.

200 MILLÓNS DE DÓLARESPARA RETOS “BIG DATA” NOS EEUU

“Así como no pasado os investimentos federais en I+D en tecnoloxías da información levaron a increibles avances en supercomputación e á creación de Internet, a iniciativa que agora lanzamos promete transformar de igual maneira a capacidade de utilizar os “Big Data”(grandes cantidades de datos) para importantes descubrimentos científicos, investigación biomédica e ambiental, educación e seguridade nacional”.Con esta mensaxe do Director da Oficina de Ciencia e Tecnoloxía da Casa Branca, Dr. John P. Holden, a Administración Obama á fronte do Goberno dos Estados Unidos, anunciaba a finais do pasado mes de marzo a “Big Data Research and Development Initiative”. Unha iniciativa conxunta federal dotada con 200 millóns de dólares repartidos entre diferentes proxectos de seis axencias. Co obxectivo de sacar o maior partido ás grandes e complexas coleccións de datos dixitais que se extraen dos experimentos científicos actuais e mellorar así a capacidade de extraer coñecemento das mesmas, a promesa é mellorar enormemente as ferramentas e técnicas necesarias para acceder, organizar, poder deducir descubrimentos procedentes destes descomunais volumes de datos. Diñeiro ben empregado.

Novas & Premios

DISEMINACIÓN, UNHA NOVA SECCIÓN EN WWW.CESGA.ES

No mes de Maio inauguramos unha nova sección dedicada a diseminación na pagina web do CESGA: www.cesga.es

A actividade dos nosos usuarios, a dos investigadores do centro e outros traballos relativos ao mundo da computación de interese para a nosa comu-nidade, ven reflectidos nesta nova sección que pretende ser un recurso para divulgadores de ciencia, así como un lugar no que atopar información inmedia-ta e precisa sobre temas científicos e tecnolóxicos de interese, contados en primeira persoa polos investigadores e técnicos responsables dos proxectos e investigacións a través das tres novas seccións: “Conversacións en Super-computación”, “Usuarios” e “CESGA Recomenda”.

Page 16: DÍXITOS JULIO 2012