31
Cine de non ficcion: O DOCUMENTAL De Rober Flaherty a Agnes Varda Documental de creación: Tratamento creativo sobre a realidade

Documental: De Flaherty á Agnes Vardá

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Cine de non ficcion: O DOCUMENTAL

De Rober Flaherty a Agnes Varda

Documental de creación: Tratamento creativo sobre a realidade

Page 2: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Sen dúbida un dos momentos decisivos: Escoller un tema para un documental. É o momento de darlle voltas á cabeza como fan todos os artistas diante do lenzo en branco ou os escritores diante da pantalla do ordenador…Como consello xeral , intenta apostar por un tema que controles ben ou que te involucre emocionalmente . Os primeiros documentais normalmente abordan temas moi cercanos e cotiáns ao “creador”: a familia, un abó, os colegas, o entorno dos 17 anos, o cole, o barrio, a casa na que vives, a situación social que nos rodea, actividades que te molen, ou calquera aspecto sobre o que teñamos certa información, reclame o voso interés ou pensedes que pode ser apaixoante “revelar” aos demais . En calquera caso, DEBES DE “NAMORARTE” OBLIGATORIAMENTE DO TEMA DO TEU DOCUMENTAL ata considerar a súa realización como unha necesidade ineludible . Como todos os grandes autores que “aman” e se apaixoan ata o límite no proceso das súas creacións.

1.-Elixe un tema

Page 3: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

2.-Atopa o “punto”Como comentamos moitas veces en clase, os temas poden ser similares, mesmo iguais, pero o difícil da creación audiovisual é toparlle o “punto” persoal ao que facemos. Poñamos un exemplo : podemos elixir un tema como “24 horas na vida dun parado ferrolano”, pero de seguro que non se parecerá en nada si o realiza Miriam, que Lucas ou Xiana, e non digamos si o fai Mar celo , Babi ou Noelia. A obriga do autor e moldear imaxes, palabras, sons e silenzos para construír un relato único e intrasferible. Isa é a diferenza esencial cunha reportaxe. Cando vemos unha reportaxe documental pola TV, da igual que o vexamos en TVE, en Cuatro ou en Telecinco: son practicamente intercambiábeis. Non teñen “punto”. UN DOCUMENTAL ESIXE UN PUNTO DE VISTA PROPIO, AUTORAL REPLETO DAS PEGADAS DIXITAIS E CREATIVAS DE QUEN FAI O DOCUMENTAL. A creatividade na elección de estrutura, recursos e xeitos narrativos é o que da sentido e “mirada propia” a un documental. Nun documental podemos “sentir” o corazón e a cabeza de quen nos fala a través das imaxes e os sons. Non estaría de mais que no “punto” agrome unha certa ironía ou sentido do humor, porque a risa fai perdoar todos os defectos..

Page 4: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Relacionado coa procura do “punto”, estaría ben que coñeceras os numerosos xeitos de estruturar un tema documental. As veces temos a idea, sabemos o que queremos, pero non sabemos cómo facelo… IDENTIFICAR UNHA ESTRUTURA COÑECIDA PODE SER DE GRAN AXUDA PARA PLANIFICARTE E ORGANIZAR O MATERIAL. Existen numerosos xeitos de organizar contidos documentais. Búscao en internet. Na diapositiva seguinte tes algúns exemplos clásicos, aínda que non é necesario que te suxeites a esquemas preconcebidos. O documental é o xénero mais libre da creación audiovisual contemporánea. É tan elástico como un chicle e non está suxeito aos cánones e obrigas–case sempre obrigatorios- do cinema comercial ou das reportaxes de TV . Así pois, síntete libre para achegarte ao tema escollido como consideres que expresas mellor aquelo que pretendas contar.

3.-Identifica a estrutura

Page 5: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

CENTRADO NUN ACONTECEMENTO. O suceso é o eixe do relato . Pode tratarse dunha inauguración, dunha festa popular, un concerto, ou dun xantar familiar.. O suceso ten varias fases sendo SEMPRE interpretado polo autor . E no seu decurso poden aparecer entrevistas, anacos do pasado ou mesmo fragmentos do futuro. En definitiva trátase de rexistrar acontecementos para seren interpretados polo autor. .

RELATO DUN PROCESO Presentan feitos que compoñen un proceso “interesante”. Cada feito é complemento dos outros e relátase a función de cada un na mirada propia sobre o proceso. Todos os documentais do tipo “Un dia en la vida de…” ou “Elaboración do requeixón” , Radiografía dun patinador, son exemplos de relato dun proceso.

UNHA VIAXE . Pode ser unha viaxe exterior ou interior con todos os seus matices metafóricos e os seus ritmos incorporados de movemento. A viaxe transforma ao viaxeiro e tamén ao espectador da viaxe, porque descubre aspectos insólitos de lugares u persoas.

CIDADE AMURALLADA . Utiliza a. metáfora dun microcosmos para falar da sociedade a maior escala: Retrato de grupo,, familia, colegas. Un grupo pechado como paradigma ou análise da sociedade que nos rodea.

HISTÓRICO. O cinema é un medio para resucitar o pasado. O obxectivo do documental histórico e desvelar luz sobre un personaxe ou un asunto interesante da historia da humanidade ou da propia historia persoal do autor…

Algúns exemplos de estructuras do documental

Page 6: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Gravacións subxectivas do autor

Pelis de arquivos: imaxes antiguas,

fragmentos de TV..

Recreacións

Imaxes simbólicas

Obxectos

Entrevistas

Fotos, gravados, debuxos..

Performances

Animacions 2D e 3D

Gráficos, estadísticas”

Recursos narrativos do cine: continuidade e plano secuencia

4.-Elixe ben os recursos visuais

AS IMAXES DUN DOCUMENTAL ESIXEN A MÁXIMA PERFECCIÓN VISUAL con todas a regras que estudamos durante o curso: Composición, iluminación, sentido do encadre…etc.. Elixe ben os encadres, como si fixeras fotografías “artísticas”. Utiliza moito os primeiros planos para achegarnos á intimidade dos seres que retratamos, e os planos xerais para amosar espazos da narración. E dosifica con equilibrio e rigor, todos os recursos visuais posibles para construír un relato dinámico e orixinal. Aquí tes algúns recursos visuais habituais nos bós documentais

Page 7: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Voz en off do autor

músicas

Sons de arquivo

poemas

silenzo

Son ambienteVoces de

entrevistados

Cancións pertinentes

Programas de radio ou podcast.

5.-Elixe ben os recursos sonoros

Penso que xa insistín dabondo sobre a importancia dos espazos sonoros na narración cinematográfica, aínda que levo insistíndovos dia si e día non, QUE O SON É O 60 % DUN AUDIOVISUAL. Ademais como estamos a traballar sobre un xénero libre e creativo, tes innumerábeis recursos sonoros que podes utilizar. Internet está repleto de recursos de todo tipo. Aí tes algunhas pistas:

Efectos sonoros

Page 8: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

6.-Respeta o formato

Nesta ocasión non estamos facendo unha simple práctica de Cultura audiovisual, senón construíndo un relato autónomo. As únicas regras veñen do propio obxectivo do exercicio. Son istas (e por favor é a única imposición que tedes):- Duración: de 3 minutos mínimo aos 9 minutos máximo (revisable)

- Todos deberán incorporar o título ao comezo e o autor au final.- É un documental creativo, non unha reportaxe (MOI importante).- Non é un videoclip (xa sabedes o que significa)- Data de entrega: á volta das vacacións de nadal. - O traballo deberá de ir acompañado dunha breve reseña (3 ou 4

liñas) para incorporar ao vídeo no canle colectivo..- Para calquera dúbida, enviar correo a [email protected]

E agora, ilústrate sobre sete modelos documentais e aprende dos clásicos nas

diapos seguintes....

Page 9: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

E agora, ilústrate sobre sete modelos documentais , mira

ben os exemplos e aprende dos clásicos nas diapos seguintes....

Page 10: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

1.- Documental explorador

• Propón unha mirada sobre territorios (exteriores ou interiores ) descoñecidos

• Fundamental a capacidade de ENXERGARSE para rexistrar o DEVALAR

Exemplos de documentais Só tes

que pinchar nas ligazóns para velos….

Facerse parte das cousas que

narrasO paso do

tempo sobre as cousas

Page 12: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Si se trata de filmar a gente distinta a uno, es imposible que actores o actrices puedan reflejar con todo su histrionismo profesional la vida al natural de los moradores, que pueden interpretar sus propias vidas sin interés comercial” (Flaherty)

Moana (1926)

Page 13: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Tabu (1931)

Page 14: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Hombres de Arán (1933)Tema de Flaherty: A loita do home pola supervivencia

Page 15: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Tra-las luces

Viaxe-exploración interior

Page 16: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

2.- Documental abogado

• Propón unha mirada critica sobre calquera aspecto da realidade cotián denunciando situacións inxustas e poñendo en cuestión a orde establecida

• Fundamental a capacidade de ENXERGARSE e DOCUMENTARSE para rexistrar o DEVALAR e DESVELAR a verdade

Page 17: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

John Grierson deploraba la obsesión de Flaherty polos pobos remotos , e coidaba que hai que achegarse a realidade cotián das xentes do redor. O documentalista debe mirar o que ten diante e aportar unha mirada crítica para desvelar a verdade

El documental de lo cotidiano, con sus calles, ciudades y suburbios pobres, mercados, comercios y fábricas, ha asumido para sí mismo la tarea de hacer poesía donde ningún poeta entró antes y donde las finalidades suficientes para los propósitos del arte no son fácilmente observables. Eso requiere no sólo de gusto, sino también de inspiración, lo que supone, por cierto, un esfuerzo creativo laborioso, profundo en su visión y en su simpatía". (Grierson)

Coal Face (Alberto Cavalcanti, 1935) Night mail

Page 20: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

3.-“Cine ollo”El hombre de la cámara

Vertov

Vertov 2

Indaga en Internet sobre

Vertov e o “Cine-ojo”

Xa o vimos no tema das vangardas

Page 21: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

4.- Documental poeta• Propón unha mirada moi persoal sobre calquera aspecto da

realidade cotián mesturando a realidade con formas artísticas, sons, músicas, e mesmo coa propia presenza persoal d@ autor@

• Fundamental a capacidade de IMAXINAR , CREAR , SENTIR O PASO DO TEMPO SOBRE AS COUSAS para rexistrar a beleza, pero tamén a verdade do mundo que nos rodea.

Page 24: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

5.-Documental de propaganda• O seu obxectivo manifesto e a lexitimación e glorificación dun

proceso social ou político, ou das actividade dunha empresa embelecendo a realidade mediante as técnicas narrativas do cinema.

• Fundamental a capacidade de ENXERGARSE nos obxectivos da empresa ou o goberno para “comer o coco” dos espectadores

• Numerosos exemplos na Guerra civil española e na 2º Guerra mundial.

Page 26: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

Fragmento de Franco ese Hombre

Lousiana story

Numerosos documentai

s da 2º Guerra mundial

Page 27: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

6.- Documental cronista• Intenta aportar un punto de vista obxectivo sobre un feito ou

acontecemento histórico. Utiliza materiais de arquivo e testemuñas dos feitos narrados.

• Fundamental a capacidade de DOCUMENTARSE sobre os feitos narrados e a capacidade de SINTENTIZAR visualmente os feitos mais significativos para que agrome a verdade do autor.

Page 30: Documental:  De Flaherty á Agnes Vardá

7.- Cinema en primeira persoa (documental do “EU”)Algo que ten o cinema en primeira persoa é que che permite contar historias que só ti e nada máis que ti podes contar. O QUE NUNCA TERÍA EXISTIDO SEN NÓS

Visibilizar as inquietudes, reflexións e emocións persoais a través do audiovisual.Subxectivización do discurso cinematográfico, propiciando un prodixioso auxe de filmes narrados en primeira persoa ou de representación do ”eu”.

• NARRACIÓN AUTOBIOGRÁFICA, AUTORETRATO (QUÉN SOMOS)• DIARIO FILMADO• CADERNOS DE VIAXE• CINEMA DE ÁMBITO FAMILIAR…

Jonás MekasVerengo Vikiland