Voluntariado e Medio Ambiente-2

Embed Size (px)

Citation preview

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    1/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    PRESENTACIÓN.

    Este tema sobre Voluntariado e Medio Ambiente trata de achegar unha visiónampla do mundo ambiental, das diferentes formas de participación así comodas diferentes iniciativas que se poden levar a cabo.

    Os puntos que se analizan son os seguintes:• Contexto histórico da participación ambiental.• A complexidade ambiental• Voluntariado ambiental: conceptos, obxectivos e proposta metodolóxica.• Tipos de iniciativas en Galicia.• Motivación para o voluntariado ambiental

    1. CONTEXTO HISTÓRICO DA PARTICIPACIÓN AMBIENTAL.

    SÉCULO XIX

    As correntes ecoloxistas e ambientalistas actuais teñen as súas raíces endiversas correntes de pensamento que xorden no século XIX, anos despois een consecuencia dos efectos da Revolución Industrial.

    Esas correntes contaban cunha parte de crítica social levantada contra os

    efectos sociais negativos da industrialización e da colonización (Deléage,2000:34), por unha banda e de crítica naturalista, orientada aos procesos dedestrución da natureza, por outra.

    Esta última conta con tres compoñentes: Hixienismo decimonónico: que reclamaba melloras sanitarias na

    primeiras cidades industriais, debido ás penosas condicións de salubridade

    dos traballadores e a propagación das enfermidades.

    1

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    2/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    Naturismo: propoñía a restauración dunha forma de vida "natural" comomedio de recuperar a relación perdida entre humanidade e natureza pormedio do cambio das condutas individuais.

    Conservacionismo: que da lugar ás primeiras asociacións proteccionistasde especies de animais e espazos naturais virxes. (Riechman e Fernández,1994,: 101-111).

    Estas correntes de pensamento iniciadas por clases sociais altas, con ideasrománticas do mundo rural e natural, extendéronse polo mundo durante o

    século XX e deron como resultado as primeiras leis con contido ambiental, acreación de reservas, e a restauración de espazos para a protección dapaisaxe.

    SÉCULO XX

    DÉCADA DE 1970.

    A transformación dende este modelo industrial, baseado no carbón e namáquina de vapor, (tendo en conta que a poboación era cinco veces menorque a actual a nivel global), ata o capitalismo actual (sobre todo despois dasegunda Guerra Mundial), baseado nun modelo de produción e consumosustentado no uso do petróleo, supuxo un cambio radical na utilización dosrecursos naturais e nos seus efectos.

    Así, a conciencia ambientalista vai espertando a partir do coñecemento dosefectos negativos deste sistema macroconsumista, que lle da continuidade aosmovementos pacifista e antinuclear.

    Con todo, non foi ata o fin dos anos sesenta e principios dos setenta cando acuestión ambiental entra dentro do escenario político, a partir da publicacióndunha serie de informes científicos, onde cabe destacar dous:

    2

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    3/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    A pr imavera si lenciosa (1962, Rachel Carson): denunciaba o efecto dosagroquímicos na extinción de especies.

    Os límites do crecemento (1972, Meadows et al): que ten coma

    conclusión que de manterse o incremento en cuestións de poboación,industrialización, contaminación, produción de alimentos e recursosnaturais, os límites biofísicos naturais da terra veríanse sobrepasados encen anos.

    Cómpre destacar tamén pola súa relevancia histórica, a celebración en 1972 daConferencia de Estocolmo organizada pola ONU, que foi o primeiro encontro

    de referencia mundial sobre medio ambiente, no que participaronrepresentantes políticos de 113 países.

    Conclúe na Declaración de Estocolmo que se fundamenta “na necesidadedun criterio e principios comúns que ofrezan aos pobos do mundo inspiración e

    guía para mellorar o medio ambiente”, e para isto, establece 24 principios e 103recomendacións sobre as necesidades sociais e culturais de planificar a

    protección ambiental; sobre os recursos naturais e sobre os mediosempregados internacionalmente para loitar contra a contaminación.

    Por outra banda, desta Conferencia nace o Programa das Nacións Unidaspara o Medio Ambiente (PNUMA) e recomenda declarar o 5 de xuño comoDía Mundial do Medio Humano, (hoxeDía Mundial do Medio Ambiente),facendo unha condena expresa ao armamento nuclear.

    Durante estes anos, a expansión do movemento ambientalista foi moi forte,creándose os primeiros grupos ecoloxistas nos Estados Unidos a final dossesenta e comezos dos setenta. A súa característica fundamental é a oposiciónfirme en contra das centrais nucleares, elemento distintivo entre o velloConservacionismo e o novo ambientalismo (Riechmann e Fernández, 1994:113-114).

    3

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    4/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    Tamén na década dos setenta foron xurdindo organizacións ambientalistas enpaíses da periferia económica como India, Kenya ou Brasil. Estes contan concaracterísticas diferenciais respecto dos anteriores, debido a que conxugan as

    reivindicacións ecoloxistas coas sociais.

    DÉCADA DE 1980.

    Nos anos seguintes á celebración da Conferencia de Estocolmo, foronacontecendo unha serie de feitos que centraron aínda máis a crise ambiental, oproblema enerxético e os niveis de risco ante catástrofes naturais, derivadas de

    accións humanas: 1981: Xurde o concepto de ‘burato da capa de ozono ’. 1984: un escape na fábrica de plaguicidas estadounidense Union

    Carbide, provoca a morte de 2.000 persoas e cegueira e outras lesións aoutras 200.000.

    1986: Un reactor nuclear da central de Chernobyl estoupa e libera unhanube de axentes radioactivos contaminantes que se estende sobre Europa,

    con 34 mortos directos e unha estimación de medio millón máis durante osseguintes 70 anos, ademais das afeccións na saúde causadas.

    Así, tendo en conta o contexto de perigosidade e dos límites da biosfera, écomo xurde o concepto de ‘Desenvolvemento Sustentable ’.

    En 1983, a ONU crea a Comisión Mundial sobre Medio Ambiente eDesenvolvemento, plataforma da que xurde o documento coñecido como Onoso futuro común (ou Informe Brundtland), aprobado en 1987, que declaraque o medio ambiente e o desenvolvemento non constitúen desafíosseparados , senón que están inevitablemente interligados.

    A súa característica fundamental é a definición de desenvolvementosustentable como “aquel que satisface as necesidades do presente sencomprometer as necesidades das xeracións futuras” .

    4

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    5/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    Este documento liga directamente ao medio ambiente co desenvolvementoeconómico a nivel mundial, cun carácter antropocéntrico (poñendo ao serhumano como centro de todas as cousas), descolgándose das correntes

    ecocentristas ou biocentristas (fundamentadas na complexidade das relaciónsentre tódalas especies) que foron xurdindo paralelamente, así como se foroncreando novos grupos ecoloxistas e ambientalistas por diferentes países domundo.

    DÉCADA DE 1990.

    En 1992 celebrouse a Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambientee Desenvolvemento ou Cumio da Terra en Río de Janeiro, na que participaron175 países.

    Os compromisos asumidos neste cumio foron varios entre os que destacar: Convención sobre Cambio Climático.

    Convención sobre Biodiversidade. Declaración sobre as Forestas. A Declaración de Río A Axenda 21.

    Estas dúas últimas de carácter máis político no que inclúen o concepto dedesenvolvemento sustentabl e, entrando en xogo, por vez primeira anecesidade de lograr implicar á cidadanía.

    Así, o capítulo 28 da Axenda 21 establece que “para o ano 1996, a maioría dasautoridades locais de cada país deberían ter levado a cabo un proceso de

    consultas coas súas respectivas poboacións e lograr un consenso sobre un

    Programa 21 para a comunidade”.

    SÉCULO XXI

    5

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    6/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    Con todo, e coa perspectiva que da o tempo, pódese concluír que asexpectativas do Cumio da Terra foron moi elevadas, e a avaliación eseguimento que se lle fixo, plasmada nun encontro en Nova York no ano 2002

    coñecido como “Río + 10”, veñen a indicar que foi un retroceso con respecto daConferencia de Estocolmo.

    Os resultados reais revelan os límites sociais que se antepoñen para conseguira sustentabilidade, amosando o que non están dispostos a facer os paísesmáis ricos. Quedan tamén explícitas as poucas opcións dos países dasperiferias económicas, e saíndo reforzado o Banco Mundial1 (Naina Pierri,

    Historia do Concepto de Desenvolvemento Sustentable).

    En clave positiva, cómpre remarcar a relevancia do Foro global de ONGs quese celebrou paralelamente á conferencia oficial, xa que marcou un fito nahistoria dos movementos socias.

    Cabe destacar, neste período, a aprobación do Convenio de Aarhus, pola súa

    importancia en clave de participación ambiental.

    No ano 1998, celebrouse en Dinamarca a Convención sobre o Acceso áInformación, Participación Pública na Toma de Decisións e Acceso á Xustizaen Temas Medioambientais, coñecida como Convenio de Aarhus, ratificadopolo estado español no ano 2004.Este convenio recoñece como “dereitos públicos de acceso á información,participación pública e acceso á xustiza nos proceso de toma de

    decisións gobernamentais en materia de medio ambiente local, nacional

    ou transfronterizo” .

    Neste contexto, e nacendo no I Foro Social Mundial celebrado en PortoAlegre en 1991, xurde con forza o movemento antiglobalización oualtermundista. Trátase dun amplo conxunto de movementos sociais dediferentes correntes políticas e de pensamento, que converxen nunha crítica

    1 Naina Pierri, Historia do Concepto de Desenvolvemento Sustentable .

    6

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    7/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    social ao denominado pensamento único neoliberal e á globalizacióneconómica, acusando a este proceso de beneficiar ás grandes multinacionais eaos países máis ricos, acentuando a precarización do traballo e consolidando

    un modelo de desenvolvemento económico inxusto e insostible.

    Dentro deste movemento internacional aparecen representadas as principaiscorrentes do pensamento ecoloxista e ambientalista actual, na loita contra ostransxénicos, contra o trafego mundial de refugallos ou contra o cambioclimático.Desta maneira, ligado con todo o anterior é como nace unha nova tendencia de

    pensamento ecolóxico, no que cobra peso o factor social: a ecoloxía social,que vén fraguándose de movementos dos anos 80, fundamentalmente deideoloxía antinuclear e que persegue un xiro crítico con relación a outrosmovementos ambientalistas, cun compromiso cun cambio social profundo eque se ve representado, en boa medida, no movemento antiglobalización.

    O movemento do ecoloxismo social conta con varias características como

    que inclúe ao ser humano como parte dos ecosistemas e polo tanto, tendo enconta a responsabilidade das accións das persoas na natureza e entende quetodos os problemas ecolóxicos están conectados e teñen unha orixe sistémica:o sistema de produción e consumo capitalista.

    Este movemento ten a súa representatividade a nivel estatal na confederaciónde Ecologistas en Acción, que aglutina a máis de 300 grupos e en Galicia naasociación ecoloxista Verdegaia.

    2. A COMPLEXIDADE AMBIENTAL.

    Tendo en conta todo o reflectido ata o de agora, cómpre destacar a relevanciado auxe da participación en materia ambiental dende os anos setenta ata aactualidade. Dende as primeiras manifestacións a modo de asociaciónsecoloxistas de carácter internacional, ata pequenos grupos de traballo en prol

    7

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    8/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    do medio ambiente local. En todo caso, cómpre destacar a tendencia social daproblemática ambiental, tanto a escala micro coma macro.

    Unha rápida lectura dos últimos informes sobre a situación do medio ambientea nivel global debera bastar para concluír que a saúde do noso planeta distamoito de ser boa: deforestación, desertización, contaminación de ríos eocéanos, desigualdades sociais, consumo desaforado de enerxía, desapariciónde linguas e culturas, emisión de gases contaminantes, etc.

    Os problemas son moitos e variados, todos interrelacionados e conformantes

    dunha crise ambiental tan complexa como difusa nos discursos e informaciónque recibimos, directa ou indirectamente, a través dos medios de comunicaciónpor exemplo.

    A percepción social da crise ambiental está directamente relacionada coainformación á que se ten acceso, por este motivo, se non se está a recibir ainformación correcta ou completa, dificilmente se poderá asumir a complexa

    crise ambiental e moito menos interiorizar as transformacións que sonnecesarias para facerlle fronte.

    Sirva como exemplo o seguinte feito2: nos anos setenta pensouse que oproblema da contaminación podíase solucionar mediante a creación desistemas de descontaminación deseñados dende a ciencia, a creación defondos para facilitar as inversións e a toma de medidas xurídicas para pór freoás accións dos contaminadores, entre elas un sistema de multas.O resultado foi que as correccións introducidas eran parciais e nonsolucionaron o problema que, por contra, foise manifestando cada vez maiscunha natureza global, non parcial.

    Neste caso exemplificado, os custosos sistemas de descontaminancióncompetiron á súa vez con novas inversións de carácter contaminador, e asmultas serviron para endebedar e arruinar aos pequenos contaminadores e

    2 Sotolongo Codina, PL e Delgado Díaz, CJ. Capítulo IX. Complexidade e medio ambiente. 2006

    8

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    9/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    favoreceron aos grandes, cunha meirande capacidade financeira para facerllefronte e continuar contaminando.

    A conclusión que se pode extraer é que a busca de solucións parciais aproblemas globais falla, de aí se deduce a necesidade de entender a criseecolóxica coma un sistema complexo de interrelacións entre diferentespartes dos sistemas sociais, (englobando a economía), e ambientais.

    Máis alá da problemática da conservación de especies e espazos naturais, derelevancia fundamental e que marca a tendencia histórica do movemento

    ambientalista durante o século XX, actualmente a crise ecolóxica non se podedesligar do medio social, xa que son cuestións económicas (ámbito antrópicopor excelencia), as que están a agravar, cada día máis, esta situación.

    Analizando o ciclo de vida dun produto, pódese comprender esta redecomplexa de impactos ambientais de orixe antrópico: dende a extracción dematerias primas en países da periferia económica, pasando polo transporte

    global de recursos e residuos por todo o planeta, ata o procesado, venda debens de consumo e tratamento de residuos nos países do centro económico,os sectores sociais afectados son moitos e de diversa índole, sufrindo distintostipos de efectos que repercuten de diferente maneira (cuestións de saúde, decontaminación, de dereitos, de acceso a recursos, etc), e tamén en variadastipoloxías de resposta.

    Este proceso vénse denominando mochila ecolóxica , e defínese como “asuma de materiais mobilizados e transformados durante todo o ciclo de vida

    dun ben de consumo, dende a súa creación ata o seu papel coma residuo”.

    (Friedrich Schmidt-Bleek, 1994).

    En relación con este concepto, cómpre destacar outro indicador, a pegadaecolóxica , que se define como “a cantidade de territorio que se precisa paraproducir os recursos consumidos e integrar os residuos xerados por unha

    persoa ou comunidade”.

    9

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    10/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    O valor da pegada ecolóxica galega ascende a máis de 6 hectáreas percápita3, polo que precisaríamos unha extensión case seis veces superior a

    Galicia para ser autosuficientes ou sustentables.

    Estas cuestións que relacionan as actividades antrópicas (binomio consumo-residuo) predominantes na sociedade de consumo actual, dan a ver que cadapersoa, individual e colectivamente, é parte do medio, da problemáticaambiental e tamén da súa solución. De aí que as formas de participar enmateria ambiental son diversas.

    A implicación dun voluntario ou voluntaria ambiental dende a perspectiva dunvoluntariado socioambiental crítico tenta buscar esas distintas "lentes" paracolocarse e mirar o mundo e, así, poder comprender a súa complexidade e asúa rede de relacións para organizarse e buscar respostas colectivas que setraducen en diferentes iniciativas, de distintos tamaños e intensidades pero cunrasco común: buscar a transformación da realidade.

    3. VOLUNTARIADO AMBIENTAL: CONCEPTOS, OBXECTIVOS EPROPOSTA METODOLÓXICA.

    Pódese definir, o voluntariado ambiental, coma o traballo que as persoasrealizan para unha comunidade ou para o medio ambiente por decisión propiae libre.

    Dentro do marco da complexidade ambiental, os obxectivos perseguidos paraa implicación social dentro de calquera acción ou programa ambiental poderíanser: Crear espazos de reflexión e deliberación en torno a diferentes aspectos

    relacionados co medio ambiente. Promover unha visión holística, complexa e crítica da realidade.

    3 Informe sobre a Pegada Ecolóxica Galega. Federación Ecoloxista Galega. 2008

    10

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    11/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    Xerar climas motivantes para o xermolo de propostas e/ou iniciativas adesenvolver, vencelladas á s ustentabilidade.

    Promover unha cultura ambiental sustentable.

    Para poder transmitir a complexidade da crise ambiental ou ecolóxica da quese vén falando, considérase necesario xerar un clima de debate sobre asdiferentes dimensións da realidade e que tipo de reflexión utilizamos paracomprendela; sobre as fontes de información ás que accedemos; quemetodoloxías utilizamos para a reflexión, se permitimos que se comprendan as

    distintas realidades e capacitamos para seguir analizando e para poder intervirsolidaria, democrática e eficazmente nas diversas esferas da vida da súacomunidade (Torres, 1991:11) e para poder facerlle fronte aos necesarioscambios que esixe a situación socioambiental.

    Polas nosas mans e diante dos nosos ollos pasan multitude de libros, folletos,revistas, anuncios, etc, que, consciente ou inconscientemente, promoven uns

    hábitos e valores ligados á promoción dunha cultura socioambientalinsustentable: consumo desaforado, enorme xeración de residuos, ignoranciados límites da biosfera, endeusamento da tecnoloxía, minusvaloración docambio climático, etc.

    Existen diferentes formas de participar a nivel ambiental, centrándonos enactuacións que se poidan identificar como de voluntariado ambiental,definiremos dous tipos que poden concretar a realidade desta cuestión nomundo ambiental:

    Voluntariado formal: como aquel que se realiza dentro do marco dunhaentidade constituída.

    Voluntariado informal: como aquel que se realiza sen asociación oufundación que o ampare, é dicir, no que non se participa a través dunhaorganización legalmente constituída.

    11

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    12/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    En todo caso, en calquera proceso de participación ambiental e/ouvoluntariado, compre elaborarmonos ferramentas que promovan unha lecturacrítica e complexa da situación ambiental para permitiranos identificar, nas

    nosas realidades, esas mensaxes e discursos predominantes en relación comedio ambiente e o seu potencial impacto sobre a nosa forma de vida.Esta visión metodolóxica, que está baseada na construción de iniciativas apartir dos centros de interese das persoas participantes, pretende crearsentimentos de identificación persoal coa problemática ou problemáticas encuestión e xerar a empatía necesaria para que xurdan dende as comunidades,os grupos ou as persoas voluntarias, diferentes iniciativas o máis adaptadas

    posibles ás características do lugar, espazo ou realidade de intervención.

    Conceptos chave: Sustentabilidade. Insustentabilidade. Complexidade.

    Enfoques da realidade.

    Cómpre saber o que o grupo identifica como sustentable ou insustentable para introducir cuestións máis complexas e pór en marcha iniciativasmotivantes dende os diferentes enfoques da realidade que existen.

    Para ampliar estes enfoques, é importante ter en conta cuestións, ás vecesesquecidas nos programas de voluntariado ambiental. Así unha propostatemática a traballar para comprender a realidade, estruturar unha "fotografíacolectiva" desta e servir de base para a ideación de iniciativas, podería ser aseguinte:

    Cambio climático. Mobilidade Enerxía. Tecnoloxía

    Información. Alimentación e riqueza. Cultura e educación. Xénero.

    12

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    13/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    Unha vez comprendidas as característica do medio de intervención e das

    persoas implicadas e a complexidade ambiental da crise ecolóxica e dasdiferentes problemáticas, parece tamén importante conseguir concretar outanxibilizar as ideas xeradas durante este proceso, para xerar un espazo deánimo e motivación cara ao desenvolvemento de proxectos e iniciativas devoluntariado que melloren a realidade ambiental.

    Por este motivo, a partir desa "fotografía colectiva da realidade" elaborada

    conxuntamente, foron xurdiron diferentes ideas, dende diferentes perspectivas,con posibilidades para poñer en marcha dentro do contorno.

    Algúns exemplos , xerados con este procedemento no Curso presencial deFormación Básica en Voluntariado celebrado na USC en novembro de 2010foron:

    - Grupos de traballo e investigación socioambiental.

    - Servizo de comida ecolóxica nos comedores universitarios.- Compostaxe comunitario nas residencias universitarias.- Compra verde.- Grupos de sensibilización ambiental.- Grupos de carro compartido.- Hortas comunitarias nos Campus.

    4. TIPOS DE INICIATIVAS EN GALICIA.

    A partir de cada un dos eidos de traballo anteriores, resulta de interese poñersobre a mesa diferentes experiencias e tipoloxías de iniciativas xeradas entorno ao voluntariado ambiental.

    Por un lado, o traballo vencellado aos diferentes grupos ecoloxistas querealizan actividades diferentes nas que se pode participar a título individual:

    13

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    14/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    Proxectos de educación e sensibilización ambiental: por poñer algúnexemplo:

    - Cambio climático, transporte e enerxía: a Alianza Galega polo Clima , naque están involucrados os grupos ecoloxistas principais de Galicia.

    - Tecnoloxía e información: o sitio webwww.consomesoudevoras.info ,promovido por Verdegaia, que trata de ser unha plataforma deinformación crítica a través da utilización das novas tecnoloxías.

    - Alimentación e riqueza: a Iniciativa pola Soberanía Alimentaria , na que otraballo de varios grupos de diferente perspectiva da como resultado un

    traballo que busca facilitar o acceso a recursos alimentarios sans.- Cultura, xénero e educación: o Estudo do curriculum oculto antiecolóxico

    nos libros de textos , proxecto desenvolvido polos grupos Ecologistas enacción e Verdegaia, no que o traballo de persoas voluntarias conclúeunha análise crítica dos libros de texto dende a perspectiva dasustentabilidade.

    Accións directas .

    Alegacións e seguimento de proxectos de diferente tipo e do seu impactono medio ambiente.

    Traballo administrativo.

    Por outro lado, aparecen outras iniciativas nas que participan os mesmosgrupos ecoloxistas con outros colectivos e persoas a título individual. Sirvacomo exemplo:

    Relacionados co cambio climático, o transporte e a enerxía: - Masa crítica: movemento de usuarios e usuarios de bicicleta que se

    xuntan unha vez ao mes nas principais cidades do mundo parareivindicar o dereito a utilizar este medio de transporte.

    - Redes para compartir carro: de maneira que se minimicen os impactosda mobilidade rodada individual.

    - Espazos en Transición: colectivos que xeran iniciativas que lles permitenvivir sen dependencia do petróleo.

    14

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    15/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    Relacionados coa tecnoloxía e a información: - Proxectos de software libre: para compartir información a través da rede

    de forma libre e gratuíta.- Grupos de contrapublicidade: que utilizan as ferramentas comunicativas

    do mundo da publicidade para reivindicar aspectos vencellados comedio ambiente, a desigualdade, etc.

    - Redes de intercambio por internet: que buscan darlle máis utilidade aoselectrodomésticos e outros produtos que se usan puntualmente nascasas e compartilos. Como exemplo: unha taladradora.

    Relacionados coa alimentación e a riqueza: - Proxectos de horta urbana: que se veñen desenvolvendo de xeito formal

    ou informal en distintas cidades do mundo.- Redes de troco: que pretenden intercambiar produtos e bens de

    consumo aos que unha persoa non lle da xa utilidade pero queconsidera que están en bo estado e que poden ser de uso para outra.

    - Grupos de consumo consciente e responsable: colectivos de persoas

    que se xuntan para consumir produtos locais, de tempada e ecolóxicos.- Finanzas éticas: movementos parabancarios que pretenden inverter os

    seus beneficios en proxectos xustos e éticos dende as perspectivassocial e ambiental. Sirvan como exemplo as iniciativas galegas: Fiare,Coop 57 e AIS O Peto.

    Relacionados coa cultura, o xénero e a educación: - Bancos de tempo: grupos de persoas que se organizan para

    intercambiar servizos principalmente.- Grupos ecofeministas: que investigan e actúan en torno á relación do

    sistema patriarcal e os impactos ambientais da crise ecolóxica,buscando resposta na inclusión social das mulleres e na igualdade dexénero.

    - Movemento polo decrecemento: rede de movementos internacional, quebusca pór un límite ao crecemento económico desaforado, xerandoiniciativas locais de transformación dos hábitos de consumofundamentalmente, na procura de conseguir frear a crise ecolóxica.

    15

  • 8/18/2019 Voluntariado e Medio Ambiente-2

    16/16

    Curso de formación básica en voluntariadoTema 6. Voluntariado e Medio Ambiente.

    5. MOTIVACIÓN PARA O VOLUNTARIADO AMBIENTAL.

    Os proxectos a desenvolver dende unha perspectiva de transformación darealidade socioambiental , contan cunha característica construtiva eilusionante xa que son creativos, parten das diferentes realidades sociais eteñen capacidade de adaptación ás distintas especificidades.

    É por ese motivo polo que a participación social en diferentes iniciativas destaíndole está sempre por definir, podendo aportar cada unha de nós os seus

    coñecementos e capacidades que se van complementar coas de outraspersoas.

    Analizar a realidade dende unha perspectiva holística e crítica axuda a ver asdiferentes miradas que poden enriquecer os nosos proxectos e axudarnos abuscar información e colaboracións para poñelos en marcha e tamén sumarnosa outros xa existentes, coma os descritos no apartado anterior.

    Estes proxectos buscan a responsabilidade compartida e colectiva, asolidariedade e a construción de novas realidades locais promovidas dendepersoas, colectivos e asociacións que buscan mellorar a nosa calidade de vida,a do noso ambiente e crear novas alternativas viables dende o punto de vistada sustentabilidade ecolóxica.

    ___________________________________________________________________________

    Nota: Módulo elaborado por Paula Lubián Fernández (socia da asociación ecoloxistaVerdegaia) e Noa Estévez Pérez (socia cofundadora de Feitoría Verde, Educación eParticipación Socioambiental).

    16