Upload
roberto-maquieira
View
229
Download
7
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Revista Escolar CEIP As Bizocas 2012
Citation preview
O SABICHÓN 19 PÁXINA 1
Olga, 5º Ed. Primaria
O SABICHÓN 19 PÁXINA 2
CEIP “AS BIZOCAS”
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CURSO 2011/2012
O SABICHÓN 19 PÁXINA 3
Cantarela do caminante Deixo moza no lugar
deixo a miña nai soíña quedan pra min o fiar comer e lán na cociña.
Levo pan par o camiño
levo coxata na man e beberei fresco viño
no regato de Chavián.
Cen chaves de Sombra. VALENÍN PAZ ANDRADE
EDITORIAL:
Como de costume por estas
datas, o noso amigo
“SABICHÓN “ ……. sae á
rúa de novo!.
Un ano máis grazas o es-
forzo de mestres e
alumn@s poño as miñas
mellores galas.
Preséntovos aos alumn@s
de 3 anos que este curso
chegaron ao colexio.
Nesta páxina podedes ler
tamén unha posesía do
autor homenaxeado este ano
nas Letras Galegas.
Espero que vos guste a
revista!
SABELA A. CARMEN NAILA SABELA O.
XIANA GISELA PATRI XAVI
O SABICHÓN 19 PÁXINA 4
5 Visita de Anxo Moure
6 Un mago no colexio
7 Bebidas saúdables
8-9 Samaín
10-13 O Nadal
14,15 Carta aos Reis Magos
16,17 O Guiñol
18,19 Adiviñas
20,21 Día da Paz
22-25 Entroido
26-27 O xardín
28-29 Coida da túa mascota
30-32 Team work in English sessions
33 Letras Galegas
34 Xoga cos números
35 Os sabios insaciables
36-37 Imos medrando
38-39 Educación Vial
40-41 O primeiro ano
42-43 Torneo multideportivo de primavera
44 O noso entorno
45 Despedida
O SABICHÓN 19 PÁXINA 5
Un día do mes de Outubro, estábamos no patio e
observamos que alguén se achega pola estrada, ao
lonxe parecíanos que viña nun sidecar. Pero a
medida que se achegaba ao colexio observamos
que viña nunha bicileta, pero unha moi
especial. Era Anxo Moure que viña na súa
ciclobiblioteca.
Anxo adicase a contar contos solidarios para concienciar á xente, tanto pequenos
c o m o m a i o r e s , p a r a q u e s e x a n s o l i d a r i o s .
El tamén ten unha ONG que se chama “Bicis pola
Paz” , que se atopa en Chantada (Lugo) e nace no
ano 1990 . O obxectivo de Bicis pola Paz é As Árbo-
res da Paz, de Anxo Moure é fomentar o eco-
transporte nos proxectos de desenvolvemento. Bicis
pola Paz doa bicicletas a mestres, médicos, promoto-
res de saúde, veterinarios…. en máis de vinte países
de América Latina, Asía e África, así como a inmi-
grantes no estado español. Grazas a unha bici un
médico pode chegar a tempo para salvar a vida dunha persoa, un mestre pode atender
máis escolas ou un inmigrante atopar e desprazarse a un traballo digno.
Trouxo un carballo dentro dunha bo-
ta e co seu atrapacontos estivo toda a
mañá contando contos aos nenos do
colexio, desde infantil ata 6º. Sobre
as 12:30 marchou na súa ciclobiblio-
teca, deixounos o carballo no colexio
para prantar no noso xardín.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 6
No mes de novembro contamos coa visita dun mago, os alumn@s
de infantil e 1º ciclo puidemos disfrutar dos seus trucos, con
aros, cordas,…..
O máis divertido foi cando saíu Hugo e o disfrazou de mago.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 7
Primeiro ensináronnos
as froitas, moitas xa as
coñecíamos, poro ou-
tras como o caqui non.
Tamén nos falaron
das súas propiedades.
Logo ,nos mesmos puidemos elaborar os nosos zumes e licuados
A ver que cara
poñen, logo probo eu.
Despois do traballo que nos dou preparalos
non íamos quedarnos sin probalos.
Esta para chuparse
os dedos! Dirás os beizos!
Un ano máis contamos co taller de bebidas saúdables, organizado polo SPAD
municipal. O principal obxectivo deste taller é concienciar aos nen@s da importancia
de tomar froitas e verduras e ensinarnos como as podemos preparar e tomar.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 8
Como é habitual nos útimos anos, celebramos o Samaín no colexio.
Unha vez máis unha das actividades máis destacadas foi a exposición de cabazas.
Este ano tamén se levou a cabo un concurso de relatos e historias de medo, entregando
un agasallo aos gañadores en cada categoría.
Non faltaron tampouco as tradicionais festas de disfraces nas aulas.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 9
O SABICHÓN 19 PÁXINA 10
O SABICHÓN 19 PÁXINA 11
Este ano corría o rumor que debido a crise Papa Noel chegaría andando,
outros comentaban que podría vir na ciclobiblioteca de Anxo Moure,
algúns incluso comentaban que desembarcaría nun barco pirata no porto
de Pedras Negras, pero ao final non atinou ningúen.
Grazas a axuda de Iago, Papa Noel chegou ó seu trono, desde o mesmo puído ver e
escoitar as panxoliñas dos rapaces e rapqzas do colexio.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 12
Despois das actuacións, Papa Noel entregou un agasallo a cada nen@, momento que
aproveitamos para sacar unha foto con el, ao rematar fixemos as fotos por grupos.
Tamén entregou un agasallo a Rosa ( encargada da limpeza ) e a Moncho (o
conserxe). Os dous estiveron de baixa a partir desta data, desexamoslle unha boa
recuperación.
Neste momento Papa Noel despediuse xa que lle
quedaban moitos colexios e fogares que visitar.
Logo, diriximos ao ximnasio, onde tiveron lugar as exhibicións
de taekwondo e baile , para rematar cunha merenda.
Como podedes observar o colexio estaba decorado para a ocasión,
este ano tiñamos unha fermosa árbore , cargada de adornos
feitos polos alumn@s e as súas familias, e ao seu carón un
boneco de neve que fixeron os alumn@s de infantil e os de 1º e
2º ciclo.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 13
Os alumn@s escribiron as súas cartas aos Reis Magos, pero nesta ocasión non
pedían xoguetes, nin obxetos materiais . As súas peticións referinase a valores e a
mellora da calidade de vida das persoas. Había cartas moi fermosas, moitas delas
cargadas de sentimentos, nas que os alumn@s pedían pola mellora dos seus familia-
res ou se inspiraban en situacións moi próximas a eles.
Todas as cartas expuxéronse no taboleiro.
Gustaríame que á miña avoa lle pasara a demencia
Espero que este Nadal sexa moi especial porque miña nai vai ter un bebé e eu un
irmanciño que penso coidar moito”
Gustaríame que todos os meniños que están no hospital nestas datas poidan ter
moito cariño porque así non lle doerán tanto as pupiñas”
Para os meus tíos desexo que atopen pronto un traballo e para os outros tíos meus que
t e ñ a n m á i s t e m p o p a r a e s t a r c o a f a m i l i a ”
Quero pedirvos millóns e millóns de tapóns para que se cure pronto Aítana.
Gustaríame que todos coidasemos máis dos nosos maiores porque son moi especiais e
nos dan moito cariño.
Nesta ocasión quero pedirche que a ver si algún día o
meu irmán maior pode chamarme polo meu nome e
poder ler con el un conto de Nadal.
Tamén quero pedirche polos nenos que nesta datas non
teñen que comer, nin xoquetes novos.
Eu darelilles moito amor e compartirei con eles todos os
xoguetes que eu teño.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 14
Gustaríame pedirlle ao goberno que invirta máis diñeiro en investigación para inten-
tar descubrir medicamentos contra diversas enfermidades como: o cáncer, alzheimer..
Pidovos que rematedes coa violencia de xenero.
Que tódolos nenos dos países pobres teñan algo para comer, e se pode ser algún
agasallo.Tamén no noso país é um momento difícil, pidovos que ningún neno, máis
ben familia pase unhas malas festas. Eu este ano tampouco vou ser egoísta.
Que os meus pais teñan traballo.
Ter un irmán e unha solución para a diabetes. Ser capaz de falar e escribir galego.
Que os coches non contaminen a atmósfera.
Queridos Reis Magos:
Quero pedirvos que o meu pai se poña ben e veña pronto para a casa do hospital.
Que tódolos nen@s teñan unha infancia feliz e un bo fogar e así ter unha vida digna.
Querido Papa Noel teño que pedirche un desexo especial, que o meu avó que está un
pouco maliño se recupere axiña.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 15
PASAPALABRA DE ANIMAIS
A Grupo de animáis máis numeroso ÁRTROPODOS
B Os peixes e algúns anfibios respiran por elas
C Segundo a súa almentación os animais poden ser omnívoros, herbívoros e
D Xuntamos as patas de dous insectos e temos unha
E Tipo de invertebrado con coiraza espiñenta
F Mamífero mariño
G Ártrópodo mariño
H Os anfibios respiran a través da súa fina pel, cando está ………………
I Animais con 6 patas e dúas antenas
L Nome dun mamífero
M Grupo de vertebrados no que as nais aleitan as súas crías
N Crústaceo mariño , de cor “vermella” (cando está cocida)
Ñ ( Contén) Lugar onde as aves poñen os seus ovos
O Teñen forma de bola e unha coiraza espiñenta
P Os mamíferos, réptiles, aves,… respiran por
R Animais con catro patas hacía ós lados
S Reptil que non ten patas
T A boca das medusas é unha abertura rodeada de ________________ velenosos.
U As extremidades dos lagartos rematan con catro _______________ afiadas
V Mamífero do que obtemos leite e outros produtos
X Nome dun peixe
Z (Contén) Os carnívoros o fan para alimentarse
Un dos proxectos do centro para os vindeiros anos e elaborar material propio a
través do cal os alumn@s podían aprender e traballar os contidos xogando.
Aquí tedes un pequeño exemplo elaborado por alumn@s de 6º e 3º que vos invitan
a resolvelo.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 16
CABALO: Que calor vai! Imos dar unha volta?
POLIÑO: A onde queredes ir ?
VACA : Imos ao monte ou á praia ?
TODOS : Ao monte, ao monte ¡!
POLIÑO : Siiiiiiiiii, alí hai herba, sombra e auga.
VACA : perfecto, poñámonos en camiño.
CABALO : Uff!! Que canso estou !! Descansamos un pouco nesta pedra ?
AHhhhhhhhhhh!
OURIZO : Coidado, aplástasme ¡!
CABALO : Sintoo, confundinte cunha pedra.
POLIÑO : Pero...ti quen es ? Vives por aquí ?
OURIZO : Eu son o ourizo, vivo nesta fraga e teño algúns
veciños... O León, O loro... Pero, vós a que andades ?
VACA : na granxa temos calor, sede, fame e… non temos libertade, e gustaríanos
saber como se vive aquí nesta fraga, coñecer mundo e ...ser libres.
Ola nenos, vouvos contar a historia dunha
familia de animais que vivían nunha granxa.
Como eran tan aventureiros, non facían máis que
meterse en liortas.
Prestade atención.
Este guiñol fixéronno os alumn@s de 5º, e durante a semana do teatro
representáronno aos nen@s de infantil e do 1º ciclo.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 17
OURIZO :Vide, vide que vos presento ós meus amigos.
LORO : Coma sempre o noso feroz león recibe aos invitados cun salvaxe
ataque, mirade, mirade.
LEÓN : UMMM!! Polo de primeiro, de segundo vaca e para o postre
paxaro.
LORO :Pero o valente cabalo namais coñecer a intención do León.....
CABALO : PAM– PAM-PAM!. Deixou ó león KO.
LORO : xa sen problemas de ataques, todos xuntos foron en
busca da felicidade.
POLIÑO : Kikirikiii, mentres tanto medrei, cheguei a Balea e
son o rei do galiñeiro da avoa Carmen.
VACA : Muuuuuuuuu!, Eu cheguei a Reboredo e agora son a leiteira do pobo.
CABALO : EU cheguei ó Grove e...todo aquel que queira galopar non ten máis que
avisar.
OURIZO : Pois Eu cheguei a Reboredo, coido moi ben as hortas e se queredes fágovos
TORTAS.
LORO : Eu voei ata as Baladas e con Antón e o seu balón xogamos un montón.
LEÓN : Pois eu, co tortazo do cabalo do planeta Terra quedei trasplantado. Agora vivo
en San Vicente rodeado de moita xente.
E COLORÍN COLORADO
ESTA HISTORIA ESTÁ ACABADA.
Os nenos e nenas de 5º curso: Olga, Sandra, María, Airis, Antón e Adolfo.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 18
Os alum@s de 5º de Eduación Infanil (4 anos) poñen a proba a vosa
habilidade para resolver adiviñas . Cos seus debuxos a tarefa é moi doada.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 19
O SABICHÓN 19 PÁXINA 20
Cada clase creou un lema para
a Paz, que logo escribimos no
chan coas nosas pegadas.
Estas partían do lema “Pasiño
a Pasiño polo camiño da PAZ”
, para rematar na “árbore da
PAZ”, co lema “Non hai cami-
ño para a PAZ, a PAZ é o
camiño”
A árbore estaba chea de pombas
que fixemos nas casas coas
nosas familias:
O SABICHÓN 19 PÁXINA 21
O SABICHÓN 19 PÁXINA 22
Un ano máis o entroido do colexio foi unha festa chea de colorido e diversión. Este ano
os disfraces xiraban en torno o tema dos oficios.
Comezou o desfile pintores de infantil, que nos soprenderon coa súa creatividade e nos
amosaron as súas obras de arte.
Remataron o desfile os pintores, pero a cor seguiu presente. Os sabios do 1º ciclo viñan
cos seus mellores atuendos para o baile e nos ensinaron os nomes dos planetas. Es-
tabámolo pasando xenial.
Os presentadores dispoñíanse
a presentar aos alumn@s de
3º, nese intre sucedeu un
terrorífico accidente.
Dous motoristas resultaton
feridos de gravidade
Menos mal que, grazas as inversións do goberno en materia de
Eduación e Sanidade o colexio dispón dos servizos máis
avanzados e os equipos de emerxencia non tardaron en chegar.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 23
A rápida e eficaz actuación dos servizos de emerxencia ( Garda civil, bombeiros e
médicos) evitou danos maiores e permitiunos seguir coa festa.
Mesmo tiveron tempo de bailar o “112 mix”.
No accidente non se viron involucarados
animais, pero o colexio tamén conta cun
equipo de veterinarios preparados para ac-
tuar, neste caso ofrecéndonos una orixinal
versión de “Tio Mario, veterinario”
Chegaba o turnos de “As
Mariscadoras de Riaso ” ,
que nos sorprenderon coa
súa arte e bo facer para o
marisqueo.
Ao rematar a actuación dos de 5º, os presentadores anunciaron
que se tiña que ir , o seu avión partía hacía Bizocas nuns
intres.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 24
Instantes despois a tripulación do Airbus 302 procedente de O Bao, aterraba no
aeroporto de As Bizocas para invitarnos a viaxar con eles ( “Viaje con Nosostros”).
Despois de tanta festa tocaba repoñer enerxías, fumos ao ximnasio para degustar os
produtos típicos do entroido ( filloas, frores,…) que os rapaces trouxeran da casa.
O venres queimamos ao
Meco, este ano non houbo
indulto. A ver si para o
ano ten maís sorte.
Co traballo que
nos deu facelo e
agora a queimalo!
Por mandarnos vir
con estes farrapos!
O SABICHÓN 19 PÁXINA 25
Este ano no colexio
moito imos traballar
de diferentes oficios
nos imos disfrazar.
Polo Entroido nas Bizocas,
moi ben o imos pasar
tanto profes como alumnos
ata os de enfronte aló no bar.
Aproveitade ben as festas
que o curso está a rematar
e os exames e as notas
xa están a chegar.
Bo entroido meus señores
e coidado co xantar,
que con tanto cocido
aínda ides reventar.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 26
O SABICHÓN 19 PÁXINA 27
Noticia de “La voz de
Galicia” sobre o noso
xardín.
Ao final de curso os
alumn@s que quixeron
participaron na festa de
Voz Nautra, que tivo lu-
gar en Coruña.
Para o ano seguiremos
no programa e iremos
ampliando e mellorando
o xardín.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 28
No mes de marzo estiveron no colexio Olga e Rosi, dúas coidadoras do Refuxio de
animais de Cambados, tamén trouxeron dous cans, que se chamaban Lula e Tobi.
Explicáronnos que coidados debemos ter cos cans. Aos máis pequenos puxéronnos
un conto ( na pizarra dixital) , era moi bonito. O fixera un neno que acolleu un can
do refuxio. Os alumn@s cóntannos que coidados debemos ter cos nosos cans.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 29
Tamén nos contaron que os cans hai que educalos, nos demostraron o que poden
facer Tobi e Lula. Sabían sumar e restar .
Falaronnos tamén da labor social que poden facer os cans, sobre todo coas persoas
maiores.
Invitaronnos a pasar polo refuxio ( os sábados pola mañá) para poder pasear un
can,…
O SABICHÓN 19 PÁXINA 30
TEAM WORK IN THE ENGLISH SESSIONS
Este ano os compañeiros de 3º ciclo, na clase de INGLÉS, levamos a cabo varios
proxectos en grupo.
Preparamos entre todos
e coa axuda de Jose Luis,
o profesor de Música,
unha coreografía para
acompañar á canción HEAL THE WORLD de MI-
CHAEL JACKSON, que cantamos o Día da Paz.
Celebramos o 200 aniversario do nacemento do escritor
inglés CHARLES DICKENS, un dos autores máis coñecidos
da literatura universal. Fixemos un traballo de investigación
para coñecer a súa
vida, obra, citas
célebres, etc. Cando
entre todos decidimos que tiñamos suficiente in-
formación elaboramos murais que colgamos no
pasillo para que todos os nenos do colexio puideran coñecer a este importante autor.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 31
Todos estamos de acordo en que o resultado foi excelente e nos axudou a aprender cola-
borando uns con outros. Aquí o podedes ver.
Compuxemos a UNION JACK (UNION FLAG), a bandeira do REINO UNIDO; para o
que estudamos as diferentes bandeiras que a
compoñen (England, Scotland and Saint Patrick
from Ireland) así como os diferentes santos
patróns dos distintos territorios. Deste xeito
tamén revisamos a xeografía das Illas Británicas.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 32
Estivemos “moi caladiños” porque unha das normas deste proxecto era empre-
gar sempre o INGLÉS como LINGUA PARA COMUNICARNOS mentres estabamos a tra-
ballar nel; se non o faciamos abandonabamos o proxecto dous minutos (Teacher San-
dra tamén saiu moitas veces do proxecto…). O mellor foi que ao final eramos capaces
de COMUNICARNOS EN INGLÉS!!!!!
VERY MANY THANKS CHILDREN!!!
YOU ARE A REALLY GREAT TEAM!!!!
O SABICHÓN 19 PÁXINA 33
Este ano o autor homenaxeado nas letras galegas foi
Valentín Paz Andrade.
Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vin-
culado á política. A personalidade multifacética de Valentín
Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande
humanidade, estivera marcada por un único obxectivo:
traballar por e para Galicia.alegas estivo adicado a Valentín
Paz Andrade
“Foi un grande patriota galego, un grande economista e
tamén un grande empresario; ou sexa, que uniu o amor pola
cultura galega ao desenvolvemento económico do País... en-
dexamais renunciou á loita polos dereitos políticos de Gali-
cia; o seu exemplo debémolo seguir todos”. Camilo Nogueira
Durante o mes de Maio os alumn@s realizaron
traballos sobre a vida e obra do autor e tamén
tivo lugar a semana do teatro.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 34
7
9
1
8 9
14 10
16
17
23
17
23
13
12 15
CONSIGUE A CIFRA DO RECADRO CENTRAL, SUMANDO OU RESTANDO OS OUTROS
CATRO. HAI QUE EMPREGAR TÓDOLOS NÚMEROS
2 4 8 16 256
1 2 3 5 8 55
1 3 7 15 31 511
2 5 7 10 12 22
COMPLETA AS SERIES
6 25 7 10 4 9 2 4 5 100 1 9 10 15 8 9 7 3
933
642 347
CONSIGUE A CIFRA DO CENTRO, MULTIPLICANDO, RESTANDO, SUMANDO OU
DIVIDINDO OS DE ARRIBA.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 35
Desde que no entroido se disfrazarán de sabios, os alumn@s do 1º ciclo so tiñan unha
obsesión:aprender, aprender e aprender. Sempre querían saber algo maís, non facían
máis que pedirlle información e libros a súa mestra ( Bea) . Percorreu tódalas librerías
e bibliotecas da provincia para satisfacer aos seus alumn@s. Primeiro foi a prehisto-
ria, logo deuselles polos experimentos, máis adiante quixeron saber todo sobre Galicia,
o Camiño de Santiago e a comarca de O Salnés.
Para rematar deuselles por indagar sobre o “mundo pirata”, pero aquí chegou o máis
grave. Comenzron a contaxiar aos demais alumn@s do colexio e todos comezaron a
debuxar e pintar sobre o mundo pirata. Agora comentan que no final de curso vai
haber un desembarco pirata no colexio, incluso a profe Marga contaxiouse da súa
“voracicade polo saber”, a ver como remata isto.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 36
Parece que foi onte cando chegaron ao cole, pero xa pasaron 3 anos. O vindeiro ano
verémolos en 1º de Educación primaria. Despidense de infantil contando o que máis
lles gustou ou botarán de menos.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 37
O SABICHÓN 19 PÁXINA 38
Este ano continuamos coa Educación
Vial, impartida por policías municipais
de O Grove.
Tivemos charlas semanais durante os
meses de marzo, abril e maio.
Ensináronnos o significado dos sinais,
como debemos ir no coche.
Levar casco cando imos en bicicleta e
moitas normas máis. Aprendemos
moitísimo.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 39
Para o venres 15 de xuño estaba previsto o circuito no que os alumn@s de 3º a 6º
conducirían os cars e o máis pequenos practicarían as normas aprendidas desde os
seus patinetes e as súas bicicletas. Pero non puido ser debido as condicións
metereolóxicas.
Os máis pequenos trouxeran as bicis e os patinetes. Ao non poder facer o circuito
tiveronse que conformar con dar unhas voltas polo ximnasio.
Esperamos que poidan facer o circuito en vindeiras datas.
De todas formas agardamos que estas charlas fosen de proveito e sexamos bos
peóns e ciclistas. Lembrade respectar as normas ( levar o casco na bicicleta, cruzar
polos pasos de peóns, levar o cinturón no coche e ir no lugar axeitado,…)
O SABICHÓN 19 PÁXINA 40
Os alumn@s de 4º de Ed. Infantil contannos o que máis lles
gustou do seu primeiro ano no colexio. Por certo, están moi tristes
porque perderon a Carmiña. Non a veríades por ahí?
O SABICHÓN 19 PÁXINA 41
O SABICHÓN 19 PÁXINA 42
Durante o mes de maio disputouse un torneo interescolar entre os diferentes colexios
de O Grove ( Bizocas, Conmeniño, Rosalía e Valleinclán).
O competición foi os sábados pola tarde, xogando a fútbol, balonmán, baloncesto e
brilé. Houbo tres xornadas, a primeira delas foi o campionato de fútbol en Terra de
Porto, a seguinte semana tivo lugar o campionato de baloncesto no pavillón
municipal . Para rematar o 19 de maio con campionato de balonmán, brilé e a entrega
de premios. Esta última xogouse en Terra de Porto
Destacar a boa actuación dos nosos equipos, tanto o feminino como o masculino.
Este último un dos mellores equipos en canto a xogo colectivo se refire. As rapazas
costoulles entra no torneo pero pouco a pouco melloraron o seu rendemento e so as
rapazas de Rosalia conseguiron gañarnos con claridade.
A nivel deportivo estamos moi satisfeitos
do rendemento dos nosos alumn@s, pero
do que máis orgullosos estamos e do seu
comportamento fora do campo. Xa que
cando non tiñan partido respetaban aos
que estaban xogando e as normas de uso
das intalacións.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 43
O 19 de maio tivo lugar a entrega de premios. Con trofeo para os gañadores
de cada disciplina e medalla para tódolos participantes. Os gañadores do
torneo ( suma de puntos de tódalas disciplinas) tamén recibiron un trofeo.
Na categoría masculina resultou gañador Conmeniño e na feminina
Rosalia,.
Como podedes ver estes nen@s non paran ( so para relaxarse) , corren, saltan,
compiten, escalan ,…..
Nesta foto vemos aos alumn@s do 2º
ciclo, en xeral o traballo e o comporta-
mento dos alumn@s nas sesións de
EF foi bo. Pero este grupo merece
unha mención especial, xa que as
clases sempre nos “quedaban curtas”,
e todos ( mestre e alumn@s) quería-
mos seguir máis tempo.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 44
O situación do noso colexio permítenos gozar dunha paisaxe explendida, pero o máis
importante é que podemos aproveitar este entorno para realizar diversas aprendizaxes,
con especial incidencia nas relacionadas coa matería de Coñecemento do medio.
Facemos saídas ao mesmo ( monte, praia,..) nas que a través da observación, a experi-
mentación e o xogo aprendemos. Outros dos obxectivos das mesmas e valorar e respetar
o medio natural e aproveitar a posibilidades de lecer que ofrece .
O SABICHÓN 19 PÁXINA 45
Este ano 11 alumn@s rematan a súa etapa de Educación Primaria, a maioría
estiveron no centro desde os 3 anos, algúns viñeron despois, como é o caso de
Erika que chegou este ano ao colexio.
Esperamos que lles vaía todo ben.
O SABICHÓN 19 PÁXINA 46
Gisela, 4º Ed. Infantil