Revista É Logho 2016

Embed Size (px)

Citation preview

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    1/30

     

    e logho?2016

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    2/30

    e logho? 

    sumario

    Editorial_Uxía Rodrúguez Nebra 2º ESO

    Portada (foto do alumnado IES de Noia)

    Editorial_1Serramoura_2

    Lourenço xograr_3

    O divino sainete_4

    Lecturas e flmes_5

    Ensaio e creación_6

    Homofofa_7

    Colexio Martín Códax_8Represión lingüística_9

    Caligramas_10

    Textos Tratámonos Ben_12

    Manifesto 25N_15

    Teatro clásico na Coruña_16

    Saída a Ourense_17

    Roteiro xeolóxico lingüístico_17Correlingua_18

    Letras galegas_20

    Club de lectura_21

    Neira Vilas_21

    Avelaíñas Teatro_22

    O coro do Losada_23

    O Losada por aí_24Excursión a Barcelona_25

    Entroido_26

    Magosto_27

    A última_28

    Contraportada 

    Uxía con Neira vilas

    Cheguei á biblioteca de Guimarei, da que épadriño o escritor e poeta Xosé Luna Sanmartíne sentei nunha cadeira. Nese intre entrou polaporta un señor moi maior co que eu xa falarapor teléfono días antes. Foi unha sorpresa queme deu Xosé Luna, cando fun a súa casa.Erguinme e deixeille o sitio. Xosé presentounos,mentres a súa ollada de agarimo se plasmabanos meus ollos. El dicíame; “Uxía, xame falaron de ti e dos teus soños así

    que perségueos e chegarás a ser unhagran poeta, mira Xosé que comezoupolo máis miúdo e agora que grande é”.Despois doume un exemplar de

     Memorias dun Neno Labrego , dedicoumoe acompañado dun “grazas” e dousbicos senteime. Mentres Xosé Lunapresentaba o acontecemento onde íadar a coñecerse o seu novo poemario OLibro dos Bicos , eu pensaba para min:“Grazas Neira Vilas, grazas polo

    consello máis fermoso que me deronnunca, grazas”. Ese intre quedoume

    marcado aí, aí no corazón. Mentres eu recitabaun poema naquela habitación chea de xentetodos me miraban pero, non podía deixar decontemplar aqueles ollos que se fixaban en mincon paixón e agarimo, os de Xosé, os de XoséNeira Vilas. E dende aquelo, foi e seguirá sendoun dos meus maiores ídolos.Grazas Xosé. Sempre no noso corazón.

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    3/30

      e logho?

    Ficha técnicaDirector: Miguel CondeCreadores: Alberto Guntín, Victor Sierra e

     Xosé Morais.País de orixe: Galicia.Canle de orixe: VG (elevisión de Galicia)

    Personaxes principais:Marga: sarxento da Garda Civil queprotagoniza a serie. en certa aventuraamorosa co seu compañeiro o sarxento Bazán.Diego Bazán: sarxento da Garda Civil que setraslada a Serramoura para investigar o casode Mónica riáns; ten unha aventuraamorosa con Luz, a taberneira, e con Marga.Raquel: é a irma de Marga, Pancho é o seumarido, Alexandra a súa lla, e tamén tivooutro llo con Gonzalo Soutelo.

    Ramón: é o pai de Raquel e Marga.Gonzalo Soutelo: é o amante de Raquel, coaque ten un llo en común; non chega acoñecer ao seu llo xa que morre antes do seunacemento.

    Serramoura é unha aldea na que nonexiste a tranquilidade, posto que hairivalidade entre algúns veciños. Isto provocamoitas rifas e liortas entre eles.

    Nesta aldea xa se produciron secuestrose mesmo asasinatos, un deles o de Mónicariáns, amiga íntima de Luz e Marga. Paraaxudar a resolver o caso, ao cuartel da GardaCivil de Serramoura, chegou Diego Bazán.

    Os Fiúza e os Soutelo, que son oscaciques da aldea, teñen unha batalla persoalentre eles, xa que son os que controlas osserradoiros de Serramoura, e loitan porque os

    dous queren quedarse con todos os montes daaldea.

     A nós Serramoura gústanos polosuspense, porque todos os sucesos e todas aspersoas son un misterio, incluídaSerramoura, porque todo se aclara dunhamaneira distinta á que pesamos. amén nosgustan moito os personaxes, porque todas assúas historias son distintas. Parécenos unhaserie bastante realista, con respecto á GardaCivil, por exemplo. Cada capitulo é unhacaixa chea de sorpresas, porque sempre haialgún xiro dos acontecementos. O que nonnos gusta desta serie, é ter que agardar ata oseguinte domingo á noite para poder vela!

    SERRAMOURAMaría Souto Calvelo, jesús Souto Calvelo,

    Pablo Valiño Goldar, Borja Rey VillaverdE, 3º ESO

    A serie recibiu numerosos premios

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    4/30

    e logho? 

    Lourenço, xograr é un libro querepresenta moi ben o mundo medieval,centrado en Portugal e en Galicia. Coahistoria da vida do Lourenço, o lector vaivendo características da sociedade medievalcomo a distinción por nacemento ou ainuencia dos tres grandes poderes, que aíndaseguen na actualidade, en maior ou menormedida: o poder político, eclesiástico eeconómico, entre outros.

    No medio da narración, introducecantigas de diferente tipo, ó ter o protagonista(Lourenço), a teima de ser coma un trobador,sendo isto non aceptado polos propiostrobadores porque non era de sangue nobre.

     Algo que fai que esta narración non sexaaburrida é o cambio da voz que narra oscapítulos, sempre circundándose ao momentoda historia no que Lourenço está.

    amén, ten outra característica moi boaque é que todos os nomes de trobadores queaparecen son reais, ó igual que o nome de

    Lourenço, dos que se poden buscar enInternet as cantigas que compuxeron edisfrutar delas.

    Este libro podería ser perfectamente unequivalente ós libros de historia que traten omundo medieval porque neste libro reíctesetanto a sociedade: como se conforma, quedeberes teñen cada unha das persoas queconforman a sociedade medieval e etc, comoquen ten o poder, como o usan ou as

    inuencias que determinados sectores dasociedade ou determinados poderes fan sobreoutros sectores da sociedade ou poderes e etc.

    Persoalmente, recomendaría ler este libroós que lles fascine o mundo medieval dendecalquera punto de vista: social, político,económico, literario e etc. Ou mesmo, áspersoas que non lles guste ou que non teñanun interese especial por esta etapa da Historiada Humanidade porque pódenos axudar acomprender mellor as situacións de guerraactual ou as discriminacións que estánsucedendo no mundo actualmente.

    Lourenço, xograrDavid Rebolo Magariños, 2º Bac.

    Manuel Portas, autor do libro e a portada do mesmo

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    5/30

      e logho?

    Manuel Curros Enríquez é un poeta galegodo Rexurdimento nado en Celanova a mediadosdo S. XIX e nado na Habana a comezos do XX.Destacou polo fondo contido social da súa obra,destacando o anticlericalismo e o anticaciquismo,debido aos cales gañou diversos detractores.

    Unha das súas obras máis destacables é Odivino sainete, un longo poema satírico-burlescocomposto por 512 versos de oito sílabas e rimaconsonante, recollidos nunha “Introdución” e“Oito contos”. En canto ao argumento, ten pormotivo a peregrinación nun tren co obxectivo deentrevistarse co papa no ano xubilar.

    Curros realiza a viaxe acompañado por Añón, e con el vai percorrendo cada un dos setevagóns que o compoñen, representados porcadanseu pecado capital, que en orde deaparición son: a preguiza, a envexa, a gula, a ira, a

    luxuria, a avaricia e a soberbia. Cada un dospecados represéntase por aqueles que aldraxaron a

    Curros: frades que comen carne humana, monxasluxuriosas, ou escritores envexosos da fama deRosalía de Castro. Unha vez en Roma, Añón eCurros entrevístanse co papa León XII e pídelleque a Igrexa renuncie ás súas enormes riquezas eás súas ambicións guerreiras. O papa accede, maisestes non o cren.

    Na miña opinión, Manuel CurrosEnríquez foi un home que se mantivo sempre elaos seus ideais, sen importarlle as consecuencias

    que iso lle podía acarrear. De feito, foiexcomungado e xulgado debido ao forteanticlericalismo de  Aires da miña terra . El, nolugar de retractarse, continuou a escribir sobreiso, como queda de manifesto en O divinoSainete. Así mesmo, defendeu ao pobo galego,opoñéndose a aqueles que o quixesen prexudicar.Como consecuencia, amparou a Rosalía deCastro, feito polo cal criticou fortemente a EmiliaPardo Bazán, xa que esta, malia ser galega e sabero que supoñía ser nesa época unha mullerescritora, se enfrontou abertamente á padronesa.

    Curros Enríquez e O Divino SaineteCristina Núñez Sanmartín, 2º Bac

    Capa da primeira edición da obra

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    6/30

    e logho? 

    LECTURAS.... Makinaria de Carlos Negro

    ... E FILMES A praia dos afogados

     A lectura deste libro resultoume sinxela e gustoume que falara sobresentimentos. Non me gustou que o tema de todo o libro sexa sobre coches,velocidade, drogas; a pesar de ser un tema de actualidade. Paréceme un temabastante masculino.

    Rebeca Mata Mariño, 3º ESO

    É o primeiro libro de poesía que lin escrito en galego, e debo dicir que meimpresionou moito. Comprendín que non era simple poesía, que ademais deunha historia levaba unha mensaxe para todos nós, para todos os mozos e mozas

    que diariamente se encontran os perigos da estrada, e viven sen medo a nada,desaando á morte.

    Nati Souto Barcala, 3º ESO

     A verdade é que é o tema do libro non me atrae, pero si que é verdade queadmiro a facilidade coa que nos conta a historia de miles de vidas adolescentes....

    Pero non me chegou a convencer o tema. Nerea Peleteiro Fernández, 3º ESO

    Dende o meu punto de vista, a película non ten nada que ver coa novela de Do-mingo Villar. Para empezar, a trama desenvólvese demasiado rápido ; suprimenelementos do libro que eu penso que non lle sobrarían,. para evitar que os sucesosfosen tan lineais e houbese máis temas que un simple asasinato. Entendo quenunha película non se poden ter en conta todos os detalles que se citan nas nove-las escritas, pero unha cousa é eliminar algúns e outra cousa eliminalos todos ou a

    meirande parte.Por outra banda e o peor da película é o tema da lingua, cousa que persoalmenteme levou a cualicala como moi mala. Por unha parte, paréceme ben que se fa-gan versións en varias linguas, porque dese xeito dáselle a oportunidade a outraspersoas de todo o mundo- que non teñen o privilexio de coñecer o noso idioma-de poder gozar do lme; pero o que me parece indignante é que se faga a versiónpropiamente galega e se mesture con castelán, porque tamén hai versión en cas-telán e non sería necesario esa mestura tan ridícula. Polo tanto, tendo en contaeste último aspecto, os que queremos gozar da película no idioma do noso país ena lingua na que foi escrita a novela orixinal, non temos porque aturar esas intru-sións castelanistas. Xa para rematar, por se isto fose pouco, o galego que se fala éunha galego cheo de castelanismos e de incorreccións, polo que o único que saco

    en limpo disto, é que unha vez máis -a miña lingua, a nosa lingua, a lingua donoso país, a lingua galega- sufriu outro caso de subordinación ante unha linguainvasora, unha lingua que nada ten que ver coa nosa en moitos aspectos ou enningún, entre eles a beleza e a riqueza léxica: a lingua castelá.

     Ángela Riveiro Recimil, 2º Bac

    Na miña opinión, a calidade literaria do libro non compara coa película que,ademais de obviar partes importantes deste, fai un pésimo uso do galego. A mestura de dúas linguas, galego e castelán, e o cambio de idioma dos persona-xes segundo o contexto non ten ningún sentido nunha sociedade como a actual,na cal o uso dun idioma ou doutro depende da decisión persoal de cada indivi-duo e non do contorno social, sen ter en conta os prexuízos. De feito creo que arealización deste lme está moi inuenciada por estes prexuízos e serve de ferra-menta para promovelos.

    María Bugallo Porto, 2º Bac

    Esta película gustoume moito porque éunha película galega, e está gravada enlugares de Galicia. Está baseada nunhanovela de xénero negro, algo que meencanta, porque vai de policías, asasina-tos... Gustoume a intriga que causa porsaber quen é o asasino e as pistas quedan para descubrilo.

    O que non me gustou foi que algún dospersonaxes falasen en castelán e que oprotagonista falase castrapo.

    David Sueiro Durán, 3º ESO

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    7/30

      e logho?

    Tratado sobre a felicidadeDavid Fernández, 2º Bac 

     Atendendo á problemática do título,

    partamos da seguinte reexión ben sinxela. A vida carece completamente de sentido,pero nós, como diría Descartes, pensamose por tanto existimos. A nosa existenciaestá encamiñada nun devir no calpensamos e a partir da nosa subxectividadeescollemos tal ou outro camiño queafectara ao noso propio futuro. A vida éabsurda, mais o ser humano ten acapacidade de sabendo que é un ser nitosegue o camiño do vivir, reexionando epensando para esperar algo da súa vida.

    Unha vez comprendido isto, quetemos que esperar? Que temos que facernesta vida carente de sentido e irracional?

    Cabe esperar o que o propio individuo

    queira esperar. Cada suxeito dende a súamoral e consciencia autónoma é quendebe marcar os seus obxectivos, e esestodos obxectivos ou metas serán os que lledean sentido á propia vida, pero aquí entraoutro factor, eses obxectivos témolos quepensar por nós mesmos, e eses non teñenporque coincidir cos obxectivos quequeren para nós os outros individuos queconviven na nosa estrutura particular(sociedade, comunidade, familia...). Osobxectivos ponos cada individuo, e apartir deles será como realmenteconsigamos a felicidade. 

    CREACIÓN POÉTICAAgustín Vázquez, 2º Bac

     XXI’: “Que é poesía?...”

    Misticismoé poesía,

    e poesíailusión.

    Ilusións crebadas,versos rotos.

    Liñas onduladaspenduradas no esquenzode mentes baldeirase corazóns de trebón.Iso é poesía,‒simplemente‒,paixón!

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    8/30

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    9/30

      e logho?

    Como é estudar no Martín Códax?

    O Martín Códax é un colexio situado xustoao carón do aeroporto de Peinador, en Vigo, poloque sempre se escoitan despegar os avións dende asaulas. Ao entrar nel, ves que non se trata dunhaescola normal, xa que se compón por catro casiñas:a máis grande é para os alumnos de infantil eprimaria, dúas máis pequenas para os da ESO eunha última para a administración do centro.

    Este trátase dun colexio concertado, polo

    que para poder estudar nel é necesario pagar unhacota mensual e, ademáis, é laico, polo que nel nonexiste a meteria de relixión. No canto desta, temosImaxe, na que se proxectan dende películas deCharles Chaplin ata documentais de artemoderna.

    Pero o feito de ser leigo non é o que máisme gusta deste centro, senón que fomenta aindividualidade e o respecto entre os alumnos.Isto é: non resulta raro que vexas conversar a unrapaz que defende o anarquismo con outro queapoia a monarquía, ou a alguén que defende a

    tauromaquia con alguén que se opón á mesma.

     Ademais verás que os mestres respectarán todoseses ideais, e non tentarán impoñerche outros oudicir que está mal pensar dun determinado xeito,mais estarán encantados de debater contigo sobrecalquera tema.Malia todo, o que observei nel é que non se ten unpapel dinamizador do galego. Vigo é unha cidadena que o galego non conta con demasiadosfalantes e, de feito, no colexio só había dúaspersoas que o falaban: eu e o meu irmán. Algúns

    dos mestres apreciaban que é unha situación triste,mais non vía neles que xesen moito por cambiaresa situación. De feito, os rapaces tiñan bastantesprexuízos co galego e, sendo nenos que só oescoitan dentro das aulas, creo que o papel daescola é moi importante e deberían tomar algunhamedida para erradicalos.Para concluír, o Martín Códax é un centro deestudos un pouco atípico no que se aprende moitonon só como alumno, senón tamén como persoa.Para min, sería o lugar perfecto para estudar se nelse mostrase un maior apego polo galego.

    ESTUDAR NUN COLEXIO PRIVADO LAICOCristina Núñez Sanmartín, 2º Bac 

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    10/30

    e logho? 

    Por sorte ou por desgraza en Galizaconviven dúas linguas e como en todas associedades nas que hai dúas ou máis linguas,existe o denominado conito lingüístico. Estedefínese como a tensión que se produce entredúas linguas dentro da mesma sociedade porasumir un maior número de funcións sociais efalantes. Este conito lingüístico aliméntase deprexuízos, que non son máis que estereotiposcunha connotación negativa.

    Unha vez explicado, grosso modo, o que sonos prexuízos gustaríame explicar máis polomiúdo o que provocan estes. Presupoñendo queos rapaces entre 2 e 16 anos son moiinuenciables e teñen moi pouca visióncrítica, podemos achacar o problema deque cada vez haxa máis cativoscastelanfalantes a que nos seus círculosmáis próximos (familia, escola, amigos)o castelán é a lingua que escoitan enmaior medida e, como consecuencia, é a

    lingua que empregan acotío. Este é omaior problema ao que se ve exposto alingua galega na actualidade xa que se seaumenta o número de cativoscastelanfalantes estarase levando a caboun proceso de secundarizaciónlingüística pasando a estar o galego nunsegundo plano.

    De seguir instaurados estesprexuízos na sociedade, o castelán

    seguirá arrebatándolle función sociais efalantes ao galego e este verasediminuído no seu propio terreo.Entón, que podemos facer para frear aperda de galegofalantes e gañarneofalantes?. En primeiro lugar cómpreeliminar os prexuízos da nosa vida.Deixar de ver o galego como unindicador de clase social ou de nivelcultural e velo como algo noso. Unha

    lingua que debería ser falada por todoo mundo que pertencese a Galiza, sen

    importar a clase social, o nivel cultural etc. Ensegundo lugar, deberíamos tomarnos máis enserio o tema da normativización do galego,procurando chegar aos sectores hoxe en díadominantes como por exemplo, o sectortecnolóxico. Se se creasen videoxogos, apps eoutros materiais tecnolóxicos en galego oscativos terían unha boa experiencia coa lingua easimilaríana con lembranzas positivas.

    Debemos coidar a nosa lingua xa que é o

    noso selo de identidade. Un selo que nos deixaronos nosos devanceiros e que nos diferenzapositivamente do resto das sociedades.

    REPRESIÓN LINGÜÍSTICA CONTEMPORÁNEABrais Durán, 2º Bac 

    Autocolantes deseñados para o Correlingua 2016 polo alumnado de 4º ESO

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    11/30

      e logho?

    10 

    OBRADOIRO DE CALIGRAMAS4º ESO

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    12/30

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    13/30

      e logho?

    12 

    CONCURSO DE RELATOS 25 DE NOVEMBRO_TRÁTAME BENSELECCIÓN DE TEXTOS PREMIADOS

    Liberdade de Elena

    Durante todo o ano hai moitas vítimas daviolencia de xénero.

    Unha muller de 42 anos chamada Elena éunha delas.

    Ela, dende os 3 anos ata os 16, foi unhagrande estudante, unha rapaza soñadora, guapa,con ganas de disfrutar e vivir a vida, pero, agoratan só e unha muller guapa con moitísimas ganasde poder disfrutar aínda que só sexa un segundo.

    Elena está día e noite na súa casa, pero, nonestá polos traballo, ela está polo seu marido. Elmándalle estar na casa, facer as tarefas do fogar esobre todo non contarlle nada a ninguén.

    Manuel, o seu marido, cando chega á casado traballo ás 21:00 h, dille a Elena todo o queela xo mal durante o día (para el o que fai Elenasempre está mal), pregúntalle con quen falou, oque estivo a facer e contrólalle o móbil.

    Elena fai de cear e pon a mesa todos os díasantes de que Manuel chegue á casa. Mentrescean, Elena non fala, ela non ten que falar, nadaque opinar, non fala máis que para pedirlle

    desculpas entre bágoas a Manuel cando a ameaza

    con pegarlle ou matala condo ela di:-Estou moi cansa, hoxe levanteime moi

    cedo e non peguei ollo durante todo o día.Poderías recoller ti a mesa mentres eu me voudeitando?

    -Pero ti que dis? Pensas que vou recollertodo isto eu? Non son a criada, eu son un home,para que serves ti se non fas nada? A que hoxe vasá cama e non volves espertar?

     Ao día seguinte, Elena decidiu chamar á

    policía e cando chegou Manuel ás nove,detivérono. Agora xa pode ter un traballo onde lle

    paguen sen tela como unha escrava, pode pasar osdías tranquila, sen estar entre bágoas mirandopola estra toda a xente que disfruta da súa vidasen temer por ela e sobre todo xa pode buscar unhome que a queira por como é ela, non por serunha muller que traballe todo o día na casaporque ela é unha supermuller.

     Yolanda Blanco Sanmartín1º ESO

    Había unha vez unha praia boa e outra praia mala . Sempre tiveran en re elas un afán decompetencia moi férreo á hora de discutir sobrequen recibía máis bañistas ao longo do ano.Resulta entón, que un día, no medio dunha

    discusión como outras tantas, a praia mala díxolleá boa que coas súas ondas podería atrapar a todosos turistas da redonda; e as í o xo; a praia malaempezo u a levantar unhas onda s enormes eterrorícas, conseguindo que todos os turistasacabasen envoltos na auga, pero que a base deloitar e nadar conseguiran poder escapar. Polotanto non cabe dúbida de que a idea perversadesta praia fracasara, porque tan pronto saía xenteda auga tan pronto fuxía. Pola contra, a praia boa,

    decidiu crear un ambiente máis relaxado, mediate a creación dunhas onda moi suaves, pero moi

    atraentes á súa vez, xa que era un vaivén moisuave que acariñaba a pel de calquera ser que nelase metera. Foi así como a praia boa conseguiuatraer a moitos turistas, ademais de conseguirtamén aos que espantara o día anterior, despois

    dese violento ataque, a súa contrincante.

    Moralexa: este relato amósanos que, facendoas G.ousas de forma pacíca e intelixente podemosconseguir moito mellor as cousas que facéndoas deforma violenta e tiránica. Ademais , se as facemoscomo as xo a praia boa, non só conseguimos oobxectivo , senón que tamén imos ser apreciadospor todos, mentres que a praia mala só conseguiumala fama e tampouco acadou o seu desexo.

     Ángela Riveiro Recimil, 2º Bac

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    14/30

    13 

    e logho? 

    O futuro número sesenta da lista dasmulleres vítimas da violencia machista este anoacende un cigarro no salón da súa casa antes decoller o mando e pór en funcionamento o televisor .

    Un señor engravatado de aspecto gris dá conta dasúltimas novas, que, como se desprende do tonrutineiro co que as narra, xa parecen vellas . Mulleracoitelada polo seu marido . Ninguén sospeitaranada.

    O son dunha repentina chamada telefónicasorprende á protagonista, que se dispón adescolgar . Ao outro lado da liña soa unha voz doceque lle resulta tremendamente familiar. É Brais, omozo co que desde hai uns meses mantén unhaapaixonada relación extramatrimonial que a axuda a

    evadirse da realidade de discusións e pelexascontinuas do domicilio conxugal.Conversan ambos sobre o acontecido nos

    dous días e medio que levan sen falar . Logo Brais,como adoita facer, exhórtaa a decidirse dunha vezpor todas a abandonar ao seu marido, un home demediana idade dos que non teñen reparo ensentarse a ver o fUtbol cunha cervexa na man e ospés na mesa mentres a súa muller se apresura arecoller a louza da cea. Deixar todo atrás e fuxir moilonxe...Mira que non lle tiña dado voltas! Non

    había nada no mundo que máis desexase, perocomo facelo? Sentía arrepíos só de pensar na clasede barbaridades que podería cometer o seu marido ,un ser que nos últimos tempos se revelaratremendamente ruín e brutal , contra ela e, incluso,contra Brais. Demasiado traballo lle custara xamanter en segredo a súa aventura amorosa até o de

    agora. O medo, a máis forte das cadeas,imposibilitaba o porvir feliz que tanto anhelaba.

    Detrás da porta, outro perfecto expoñente.dun machismo extemporáneo , logo de chegar

    inusitadamente cedo do traballo, escoita ben atentounha conversa telefónica . Ve conrmadas assospeitas que ten desde hai tempo e entrasilandeiramente no salón. Colle amodo o cinceirode cristal que está sobre a mesa, sen facer ruído, eachégase á súa muller, que fala por teléfono decostas a el allea a todo o que acontece, ignorandomesmo que non se atopa soa na vivenda. Desúpeto, outra voz coñecida musítalle ao ouvido quenon está en contacto co teléfono : "Vaites, vaites...Seica no fondo si tiñas un segrediño". Sen ter

    tempo sequera para rematar de xirarse, o cinceiroconvértese en anacos de vidro ao contacto coa súacabeza. Cae un corpo inmóbil ao que o príncipeazul frustrado non deixa de propinarlle patadas . Osangue escorrega polo chan que o cadáver xa nonterá que volver a fregar nunca máis ao tempo queun auricular descolgado emite uns berrosdesesperados : "María ! María! Estás aí? Que foi eseruído? Contesta, María, por favor!". Unha manensanguentada con sangue alleo colga o aparello.

    María xa non é María, agora converteuse

    nunha simple páxina máis da sección de sucesos doxornal, papel mollado, gran de area molesto nozapato dunha sociedade por socializar que segueandando cara adiante cunha venda nos ollos sendeterse a ollar para abaixo. Nunca esquezas que aseguinte María podes ser ti.

    Óscar López Iglesias, 2°Bach

    Imaxe para o cartel anunciador do concurso

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    15/30

      e logho?

    14 

    Porque son unha persoa

    Por unhas cousas ou outras, levabamos tres anossen poder ir de vacacións a Louro. Aínda me parecíamentira que estivésemos sentados todos xuntos nocoche. Abrín un pouco a ventá, enchín os pulmóns deaire e sorrín. Sempre me gustou ese lugar, os recordosmáis bonitos téñoos dese fermoso lugar.

    Este ano levaba comigo a miña amiga Sara; o plannon podía ser mellor. Sara é unha rapaza estupenda,coñecémonos dende que empezamos o colexio. Sara élista, simpática, atrevida e guapa, pero, sobre todo, amellor amiga do mundo.

    Por n chegamos ao noso destino. Démonosprésa en deixar todo ben posto na casa de Louro, nonvía o momento de ver aos meus amigos da pandilla deverán, non os vía dende que non ía polo pobo. Este anopoñeríanlle cara á miña amiga, da que tanto lles falara.Seguirían sendo tan estupendos coma antes?

    O lugar de encontro era a praia de San Francisco;apertas, berros, chimpos..., canta ledicia! Comocambiaramos todos! Isabel sacara o aparato dos dentes,Leire deixara medrar o pelo e estaba moi guapa, e

     Anxo... Como estaba Anxo!! A verdade é que o paso do

    tempo sentáralles a todos moi ben; o que non xera otempo fora cambiar a relación entre nós, e Sara encaixouperfectamente con eles.

     Aínda que soe un pouco ridículo, pasamos unverán inolvidable, divertímonos tanto como nunca anteso xeramos. Nun abrir e pechar de ollos esgotamos astres semanas de vacacións.

    O mellor de todo era que este ano todos iamosestudar para Santiago e podiamos seguir véndonos alá.

     Anxo e Sara empezaron a saír cando fomos para

    Santiago, pero alí as cousas comezaron a ser diferentes.Non sei que leva ás persoas a cambiar tanto, nonsei se son as vivencias, os medos ou a inseguridade. Ocaso é que pasei a botar de menos á miña amiga Sara,

     Anxo era coma se fose a súa sombra. Primeiro penseique era normal, os mozos pasan tempo xuntos, iso é oque buscan e o que queren... Cada hora libre, á hora dexantar, ao entrar, ao saír, aí estaba Anxo. Opinaba porela, falaba por ela, ata lle aconsellaba a súa forma devestir; e cando lle chegaba un watsapp ao móbil, dicía“Quen é, cariño?”, mirando cara ao teléfono.

     Ao ver o aire triste nos ollos de Sara, dáme porpensar que iso non a fai feliz.

    Nas vacacións de Nadal, xa que non está Anxo,aproveito para falar con ela e pregúntolle se estácontenta coa súa relación. Isto que din, que a distanciache fai ver mellor as cousas, vai ser verdade. Sara chora,nin os seus pais a controlaban tanto, dáse conta de queel non a quere, non a respecta, non lle deixa liberdadepara pensar, para vestir, nin para opinar; e de seguro, isonon é o que ela, nin ninguén quere.

    Non é que eu teña moita experiencia ao respecto,pero dende fóra, todo se ve máis doado. Cando te

    namoras dunha persoa, ademais de polo seu físico e logopola maneira de ser, namóraste porque a admiras, e seademais che dá a oportunidade de estar con ela, en todomomento buscas que sexa feliz.

    -Sara, se Anxo se namorou de ti, foi por como es,coa maneira de ser que tés, con esa maneira de vestir, depensar, de actuar..., non permitas que te anule.

    Irene Blanco Ruzo3º ESO

    CONCURSO DE RELATOS 25 DE NOVEMBRO_TRÁTAME BENSELECCIÓN DE TEXTOS PREMIADOS

    Óscar López, Ángela Riveiro, Yolanda Blanco e Irene Blanco cos seus diplomas

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    16/30

    15 

    e logho? 

    Eu, Violeta Castro Abilleira, non quero

    pertencer a esa terceira parte das mulleres que foronvítimas da violencia de xénero a nivel mundial.Unha de cada catro sufriuna durante o embarazo eunha de cada dúas acabou asasinada pola súa parella.

     Adoitamos pensar que todo isto non ocorrenos países desenvolvidos, asociados con progreso eliberdades, mais na UE, do 45 ao 55% das mulleressufrimos acoso sexual dende os quince anos.

    Pensades que somos unha excepción? Claroque non, a violencia de xénero non está ligada aospaíses, está ligada ás persoas. No que vai de ano, seismulleres foron asasinadas en Galiza e corenta noresto de España.

    Non quero que haxa testemuños como o deMeena Hasina, que non podía chorar, xa que se llecaía unha soa bágoa xa lle pegaban e prefería morrera vivir de aquela maneira.

    Non quero máis amaras, Susanas, Beatrices;

    non quero máis Lauras que xa non poidan desfrutarda súa vida por culpa da violencia de xénero. Etampouco quero que haxa miles de mulleres que seescondan e pensen que todos eses tratos sonnormais.

    O que si quero é que o goberno deixe derecortar os recursos contra a violencia de xénero, quese deixe de tanto anuncio e dirixa ese diñeiro aformar e informar aos cidadáns. Porque non só lleafecta á persoa que a sofre, senón tamén á xente quea rodea.

    Quero que as mulleres que aprenderon a dicirque si a todo, hoxe decidan dicir que non. Porquenon, é non!

    (exto lido na concentración contra a violencia machista doscentros de ensino secundario da Estrada o 25 N pasado)

    MANIFESTO 25 NLorena Ramos e Cristina Núñez, 2º BAC

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    17/30

      e logho?

    16 

    O pasado martes 1 de marzo do 2016, o

    departamento de linguas clásicas organizou unha viaxe á ACoruña, fermosa cidade da costa da Galiza, co alumnadodos cursos 3º, 4º da Eso e 1º, 2º de Bach participando nasxornadas de teatro clásico asistindo como público árepresentación dunha traxedia, Electra de Sófocles e unhacomedia, Asinaria de Plauto dirixidas por un xove grupoteatral da comunidade andaluza de grandísimo talento.

     A saída do instituto foi ás 8:45, dirixíndonos á ACoruña para visitar o teatro Colón no cal se representou atraxedia Electra. Dita traxedia, escrita polo magnícodramaturgo grego do século V a.n.e, Sófocles, foirepresentada por primeira vez entre o ano 418-410 a.n.e. A

    obra de carácter ético-tráxico centrase no tema da vinganzae da loita fratricida. Electra, lla repudiada, espera conagonía e melancolía a chegada do seu irmao, Oreste, paraque dea morte ao tirano Agamenón, padrastro destes.Cumpríndose así os presaxios do oráculo de Delfos. Acatarse naliza coa materialización da vinganza dos dousirmaos contra a súa proxenitora e o seu pai non biolóxico.Como sostería Aristóteles a virtude está no termo medio, eeste grandioso grupo teatral deu co perfecto mesotes (Puntomedio) na súa interpretación penetrando na alma dosespectadores até deixalos embelecados nun ambiente depura maxia teatral.

    Posteriormente realizamos a visita á torre deHércules a cal foi gratuíta debido a que eramos un númeroconsiderábel de persoas e co engadido de ser unha viaxeescolar. A viaxe foi guiada por un experto na citada torre.Como ben nos explicaron, é un faro construído polosromanos no século I n.e. restaurado no século XVII. Polotanto a fachada exterior non pertencería á época romana xaque iso se perdeu, remodelouse ao estilo neoclásico. Debidoá concepción apolínea e simétrica deste estilo atopámonoscon vanos cegos para gardar a simetría da fachada exterior.Construiráselle ademais unha escada de madeira queatravesaba as bóvedas até a parte superior, actualmente aescada é de pedra. O 27 de Setembro de 2009 declarouse,

    pola UNESCO, patrimonio da humanidade.Despois da trepidante visita foi a hora do xantar. Asmestras deron vía libre ao alumnado para que escolleran omellor lugar para recuperar as súas forzas para a asistenciade novo ao teatro para ver a segunda das obras queentraban no plan da excursión.

     A excursión naliza, polo tanto, coa xa citadaasistencia á representación da comedia Asinaria de itoMaccio Plauto. A obra converteuse nunha das máisimportantes da literatura universal antiga e da comediaromana. Esta obra contén a famosa frase “Lupus est homohomini, non homo, quom qualis sit non novit.” (Lobo é o

    home para o home e non home, cando descoñece a quené o outro). Frase que recolle posteriormente o lósofo

    inglés do século XVII Tomas Hobbes, máxima que

    utiliza para resumir a súa concepción antropolóxica dohome para fundamentar o argumento da necesidade dun“leviatán”, poder absoluto, para a convivencia do home enpaz. A acción da obra desenvolvese na Atenas clásica,onde Deméneto pretende axudar ao seu llo Argiripoeconomicamente que, namorado de Filenia, desexa recibiros seus favores, máis Deméneto pretende tamén ter unencontro ca rapaza. A obra remata cun conito entre a naide Argiripo e o pai, posto que ela os atopa, ao pai e aollo, nun encontro ca citada rapaza. Por tanto vemos aridiculización da sociedade romana, infantilizada ecorrupta. Rematada a obra regresamos a casa.

    Por último agradecerlle ao departamento de linguasclásicas que isto se puidese realizar e outorgarnos aposibilidade dun día de evasión da presión das clases e dosestudos.

    Queremos rematar facendo unha pequena crítica. Ocomportamento do público foi deplorable en todos ossentidos, sobre todo se o analizamos dende a óptica dasegunda obra, o infantilismo desbordou o patio de butacase os amantes do teatro tivemos que aguantar as absurdecesduns espectadores, unha minoría, exaltada polo bulirhormonal e completamente desconectada quedesconcertaba e descolocaba aos demais do desfruteteatral. E é que para desfrutar plenamente dunha obra opúblico teno que permitir.

    TEATRO CLASICO NA CORUÑAIris Lale Montoto e David Fernández Díaz, 2ºBac

    O día 20 de xaneiro, mércores, o alumnado de 1º de ESO foide excursión á Coruña visitar o acuario Finisterrae, oDomus e a Casa das ciencias.

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    18/30

    17 

    e logho? 

    O día 18 de febreiro os alumnos e alumnas de teatro ede 1º da ESO fomos de excursión a Ourense.

    Primeiro fomos a unha ocina de turismo coa profesoraInés Vidal e coa nosa, Charo, mentres os integrantes do clubde teatro foron prepararse para actuar ás 12 da mañá. Naocina déronnos un rueiro. Máis tarde andamos un pequenotramo ata as Burgas onde case nos queimamos porque a augaestaba a 67º C. Despois chegamos á Catedral de San Martiño ede seguido fomos ao eatro Principal de Ourense para ver aosnosos compañeiros na obra de teatro titulada, Variedades, ondeparticiparon tres institutos máis.

    Na hora do xantar acercámonos ao centro comercialPonte Vella a comer, e a maioría dos alumnos comemos en

    McDonal´s e ele Pizza. Ás 15:15 regresamos ao autobús e viaxamos ataCelanova onde visitamos o Mosteiro e a casa de CurrosEnríquez onde comemos tarta de chocolate.

    Sobre as 18:45 emprendemos a nosa viaxe de volta áEstrada e chegamos ás 20:20.

    Dende o noso punto de vista, a excursión foi moidivertida e a representación moi bonita e traballada.

    VIAXE A OURENSE E CELANOVACarmen Sanmartín e María Ribadavia, 1º ESO

    O pasado día 10 de novembro fomos 3º A, 3º B, oprofesor de Lingua Galega e a profesora de Ciencias daNatureza, ao centro da Estrada para facer unha ruta xeolóxicae lingüística.

     Aínda dentro do centro, déronnos un caderniño efunha folla para responder a unhas preguntas e apuntarinformación; nel tamén había un mapa da Estrada, no caltiñamos que apuntar e marcar os lugares nos que faciamos asparadas.

    Durante o traxecto, ambos profesores nos contaroncuriosidades: a profesora de Naturais, sobre as rochas queatopabamos e o profesor de Lingua Galega sobre personaxesimportantes da Estrada e outros aspectos da súa historia.Contounos curiosas anécdotas que descoñecía.

    Penso que deberiamos parar e ir por outros lugares econ menos présa e máis tempo.

    SAÍDA XEOLÓXICA E LINGÜÍSTICAIrene Blanco Ruzo, 3º ESO

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    19/30

      e logho?

    18 

    CORRELINGUA 2016AS IMAXES

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    20/30

    19 

    e logho? 

    O Correlingua deste ano tivo que ser adiado,igual que o ano pasado, por causa da chuvia.Ao final, un fermoso 31 de maio recibiu amiles de rapaces e rapazas polas rúas daEstrada.O alumnado do Losada participou moiactivamente na marcha, poñendo a bandasonora cun animoso grupo de gaitas e oalumnado de 1º e 2º ESO portou os cartónsque previamente elaboraran cos versos de

    Manuel María:Galicia somos nós:

    a xente e mais a fala.Se buscas a Galicia

    en ti tes que atopala.

    CORRELINGUA 2016AS IMAXES

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    21/30

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    22/30

    21 

    e logho? 

    OS COMANDOS POÉTICOS TAMÉN LERON A MANUEL MARÍA

    O DÍA DE ROSALÍA CHIAMOS #MOBILIZAROSALÍA NA BIBLIOTECA DO LOSADA. Síguenos: @elogo_losada

    O CLUB DE LECTURA PECHOU AS ACTIVIDADES CON MM

    O venres, 4 de decembro, as palabras de NeiraVilas soaron nas voces do alumnado e profesorado doLosada. Foi na Biblioteca. Tamén se realizou, por parte doalumnado de 2º e 3º unha mostra de grandes postaisNEIRA VILAS con frases do escritor de Gres, falecidorecentemente.

    Despois, o 29 de xaneiro tivo lugar no TeatroPrincipal da Estrada unha lectura pública e continuada deMemorias dun Neno Labrego, do escritor Xosé Neira Vilas,recentemente falecido. Na actividade, organizada pola ACVagalumes Terra de Montes e coa colaboración doscentros de ensino, participou unha boa representación do

    IES Antón Losada Diéguez, que leu magnificamente oscapítulos O MEU AMIGO e SACRISTÁN.

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    23/30

      e logho?

    22 

    As inquedanzas artísticas de parte do alumnado doIES da Estrada propiciaron que se continuase por cuartocurso consecutivo coa actividade dramática da Aula de Teatro. Isto favoreceu o achegamento dos seusintegrantes a diversas disciplinas artísticas e científicasdesde unha perspectiva activa, lúdica e motivante eimpulsou o teatro como actividade de ocio e aprendizaxe.Permitiu tamén que o alumnado acadase un maior grao decomprensión tanto de textos orais como escritos e, porsuposto, favoreceu a creación escrita por parte deles e alectura de diversos guions teatrais; así como aintrerrelación e intercambio de experiencias en diversosfestivais nos que participaron pola xeografía galega eportuguesa.

    Representáronse as obras: No mundo das ras,dirixida a un público infantil e familiar, que reflexiona sobre

    o medo e as consecuencias que este ten nocomportamento do ser humano; e Variedades, espectáculoconformado por varias historias plenas de fantasía,creatividade e sorpresas.

    Neste espectáculo deféndese o xogo como medio útilde enfrontar realidades adversas; como método deaprendizaxe e como carreiro para medrar rodeado dununiverso de harmonía, ledicia e benestar.

    O grupo realizou numerosas representacións noCEIP Figueiroa, Ourense, Melide, Palas de Rei, Vila Real,Laxe, Muros, A Estrada...Cabe salientar a colaboración coa AC A Fervenza deOuzande, no Roteiro Teatral encadrado na IV Mostra de Teatro Escolar da Estrada.

    AVELAÍÑAS TEATROUn ano de teatro no Losada

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    24/30

    23 

    e logho? 

    Nunca máis volverei ler “Verbas a un irmau” anon ser rapeando nel. A versión que xo IvánCalviño, coa axuda da profe Chelo Millán foi a banda

    sonora deste curso no Losada.

    Moitas horas de esforzo, traballo e ensaiotiveron a súa recompensa. En forma de viaxes a Noiaou Cacheriras, en forma de aplausos na propia casaonde Iván e o Coro de 1º Bacharelato foron profetas.Quizais a mellor recompensa foi cando a participaciónno programa A arde, da Radio Galega, multiplicouo público por miles. E os aplausos por millóns.

    Ou as voces envolventes e o acordeón atrevidode Sergio, que aínda resoa no Coliseo Noela de Noia.Ou O Carro dos de 2º e 3º, ou cantar con areixa

    Novo, mítica voz de Fuxan os Ventos en Cacheiras...Levades un carro..., pero de experiencias e de música.Sempre vos digo que é do que vos acordaredes candoa memoria do instituto teña a maior parte dasvivencias borradas.

    “Aínda o paxaro ten canciósi as estrelas se alcenden, cada noite...

    ...i as estrelas se alcenden.... cada noite”

    OS COROS DO LOSADA

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    25/30

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    26/30

    25 

    e logho? 

    A viaxe en bus-Ese día 28 de marzo foi moi esperado por todosnós, algúns máis que outros. No bus a vida foi

    moi dura, ao principio era moi divertido, perocando se empezou a facer noite estabamostodos cansos.-Cando subimos no bus, despedímonos dos nosospais, sacamos fotos e demos moitos bicos.Sabiamos o que nos esperaba... pero nonsabiamos que sería tan xenial, tan encantador.- Estabamos moi nerviosos, esa noite nondurmimos case nada porque os compañeirospuxeron música e ata ben dadas as catro damañá non descansamos nada. Ainda que despoisestiveron todos calados era moi difícil quedarsedormido porque os asentos do autobús eran moiincómodas.

    O Camp Nou e o bus- Cando iamos ao Camp Nou, o autobúsaveriouse. Foi o mellor porque tivemos que ir nometro.- Saturno revolucionou o motor e, claro, rompeu.- Si. Tiveramos que parar nun stop ou nunsemáforo, non me acordo. Cando era paraarrancar non funcionaba. Os coches pitábannos,nos agobiados, de repente veu un home que nosaxudou a empuxar o autobús para apartalo da rúa

    e fomos ao Camp Nou en metro.- Os de atrás protestaban e nós tivemos queempurrarlle ao autobús (algúns, porqueoutros...), pero grazas a iso puidemos facer unhaviaxe en metro.

    A Sagrada Familia- A visita á Sagrada Familia foi entretida,agradable, ben explicada xa que eramoi bonita e grande e con moitocolorido. E déronnos uns auricularespara podelo escoitar entre amultitude.

    - Foi moi entretida. Superflipante,enorme!- Un sitio incrible e enorme!- Sacamos moitísimas fotos e epronto enviámosllas os nososfamiliares.- Bah! Unha visita sustituíble poroutro día en Port Aventura!- Estaba chovendo, de camiño Seníncomprou uns paraugas que nosregalou. Tivemos que esperar 30minutos á chuvia para poder entrar!-Certo. A choiva acompañounos

    durante toda a mañá. Pero osparaugas que Senín se viu obrigado

    a mercar non tiveron un bonito final, máis benpoderíamos dicir que ningún sobreviviu.

    Cumpreanos- Os días dos cumpreanos de Aroa e de Lauracelebrámolos comendo en Barcelona,cantáronnos todos o cumpreanos, comemostarta, todos nos felicitaban, e saímos a dúasdiscotecas.- Buf, profe!

    O hotel- O hotel tamén estaba moi ben, había piscinas,salas de xogos, salas de festas, pero, sobretodo, coñecemos xente doutros institutos.- E descansamos da viaxe, porque ao día seguinteSenín víñanos despertar.- Convivimos con rapaces doutras comunidades...Outras... con problemas cos vasquitos e osinglesitos!- Si, moitos ingleses porque Salou é unha cidademoi turística e de pasalo ben.-Foi extraño e raro porque había xente queestaba como cabras, “sonámbulos”, pero taménalgo divertido.

    Foi o mellor deste ano e os profesoresportáronse moi ben connosco. Deberían ser máis

    días.Estivo moi ben, foi unha boa experiencia paracoñecernos mellor e levarnos mellor coscompañeiros.

    VIAXE A BARCELONA. Abril 2016Alumnos e alumnas_4ºESO

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    27/30

      e logho?

    26 

    CRÓNICA DO ANTROIDO 2016 NO LOSADAAs imaxes

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    28/30

    27 

    e logho? 

    CRÓNICA DO MAGOSTOAs imaxes

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    29/30

      e logho?

    28 

    A ÚLTIMA

     Tamén nos chega esta imaxe coaseguinte mensaxe:Viaxando por Londres e Roma, oprofesor de historia, Eladio AnxoFernández, acordouse do seu

    alumnado de 1ºBachB. Na fotopodemos ver a Eladio con un folioao carón dunha cabina telefónicatípica de Londres, onde pon "I love1ºBachB".Que grande este profe!

    Laura Rey e Antía Sala 1ºBac

    Deixamos tamén para o final unha despedida. Querémoslle render unha pequena homenaxe desde esta revista aoprofe Enrique Cao, que deixa o centro a final de curso. Despois de tantos anos como profe de Tecnoloxía, de xefede estudos, e actualmente de profesor coordinador da Biblioteca, váisenos para Santiago. Todo o noso cariño eagradecemento por tanta profesionalidade e dedicación. Ímoste estrañar. Aí quedan unhas imaxes a xeito dedespedida.

    Ao peche de edición, chéganos esta imaxe do alumnado de 3º ESO que está de excursión por terras de Cantabria. (Pza. de Velarde en Santander)

    E logo? É unha publicaciónDo EDL losada.

    elogo losada

     

  • 8/15/2019 Revista É Logho 2016

    30/30

    elogolosada.blogspot.com

    equipo de dinamización lingÚistica

    ies antón losada diéguez

    a estrada xuño de 2016