36

RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

  • Upload
    vuduong

  • View
    229

  • Download
    1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,
Page 2: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

PRO

GRAM

ACIÓ

N S

UXE

ITA

A CA

MBI

OS

E N

OVA

S IN

CORP

ORA

CIÓ

NS

RACLETTE [TEATRO]

A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR [TEATRO]

O PODER DO ARCABUZ [DANZA]

HABRÁS DE IR A LA GUERRA QUE... [TEATRO+DANZA]

OSKARA [DANZA]

REINA JUANA [TEATRO]

EROSKI PARAÍSO [TEATRO]

MARAT - SADE [TEATRO]

EL PÁJARO PRODIGIOSO [TEATRO]

HAMLET [TEATRO]

HELENA: XUÍZO A UNHA LURPIA [TEATRO]

ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA [TEATRO]

MON ÉLUE NOIRE / À NOS FAUNES [DANZA]

14

26

13

11

18

28

19

12

29

1415

3 154 16

8-11

Page 3: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

PRO

GRAM

ACIÓ

N S

UXE

ITA

A CA

MBI

OS

E N

OVA

S IN

CORP

ORA

CIÓ

NS

3

RACLETTEIBUPROFENO TEATRO

MÉRCORES 14 SETTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 75 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

A raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.

©D

iego

Sei

xo

Page 4: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

RACLETTE

Os cinco personaxes sentados á mesa conforman un complexo mosaico humano: son liñas de fuxida cara a unha identidade que os axude a sobrevivir a través do traballo, a arte, a descendencia... A súa posta en común nun contexto aparentemente inocente, que agocha un suceso terrible que só se destapará ao final, xera un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles. Deste conflito profundo entre persoas que han de convivir a pesar das diferenzas xorde un humor escuro, incómodo, que busca a risa no máis negativo do ser humano. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.

Por unha banda, Paula, enerxética e ambiciosa axudante de dirección nunha produtora audiovisual, seleccionou a Mateo (12 anos) para protagonizar unha importante serie de televisión, polo cal convida a cear raclette aos seus pais -Vero e Adolfo- para negociaren as condicións laborais do rapaz nun ambiente de proximidade e confianza. Esta estratexia é moi mal vista pola súa parella, Raúl (actor de teatro alternativo de carácter impetuoso, agresividade

Page 5: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

5

verbal e humor corrosivo), que odia o traballo de Paula e todo o universo do audiovisual por extensión. Vero, enfermeira nun hospital público, chega en plena discusión da parella. Malia a insistencia de Paula, ten moitas dúbidas e non acaba de aceptar o contrato; está obsesionada pola educación do seu único fillo (vai a un colexio privado carísimo e contratou unha nativa para que practique inglés polas tardes), pola saúde e pola alimentación (é vexetariana, só consome produtos ecolóxicos e está á fronte dunha horta urbana). Adolfo non chegará a presentarse.

Por outra banda, Mario, xornalista de prestixio cunha visión lúcida e crítica do mundo, que sofre a angustia de ter quedado no paro, espera que chegue do traballo Miriam, a súa parella, que segue nadando cos golfiños nos espectáculos que se ofrecen no acuario do zoo a pesar de estar nun estado de profunda tristeza. Mario ten preparada unha raclette, a comida favorita do seu único fillo Nico, que acaba de morrer en estrañas circunstancias, para sorprendela e para tratar de superar o trauma, a dor, a sensación de perda na que están inmersos.

Santiago CortegosoAUTORÍA E DIRECCIÓN

Diego SeixoESCENOGRAFÍA

QuitoDESEÑO DE SON

Salvador del RíoDESEÑO DE ILUMINACIÓN

Marián BañobreVESTIARIO

INTÉRPRETESSalvador del RíoDeborah VukusicToni SalgadoIria SobradoMarián Bañobre

HUMOR ESCURO,INCÓMODO, QUE

BUSCA A RISA NO MÁIS NEGATIVO

DO SER HUMANO ©D

iego

Sei

xo

Page 6: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

REINA JUANA

DOMINGO 18 SETAuditorio de Galicia20.30 h

Duración aprox: 90 min.Entrada única: 16 euros

Concha VelascoREINA JUANA

Gerado VeraDIRECTOR DE ESCENA

Ernesto CaballeroAUTOR

Alejandro Andújar e Gerardo VeraESCENOGRAFÍA

Juanjo LlorensILUMINACIÓN

Alejandro AndujarVESTIARIO

Álvaro LunaAUDIOVISUAIS

Raúl BustilloDESEÑO DE SON

José Luis ColladoAXUDANTE DE DIRECCIÓN

Laura Ordás AmorAXUDANTE DE ESCENOGRAFÍA

Juanjo SeoanePROMOTOR

Grupo Marquina - Siempre TeatroPRODUCIÓN

Page 7: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Juana de Castela. Un personaxe que, de coñecelo Shakespeare, sería sen dúbida a protagonista dunha das súas grandes traxedias. Unha muller, unha raíña esnaquizada emocionalmente polas súas grandes contradicións, pola súa rebeldía, pola súa forte personalidade e por un enorme desequilibrio afectivo que cristaliza nese paseo polo amor e a morte que é o seu matrimonio con Felipe de Habsburgo.

A lenda popular e o morbo enfermizo, acumulado durante anos arredor do seu personaxe, foron inspiración para obras de teatro, series de televisión e películas. Pero eu sempre botei en falta un tratamento máis profundo e xusto con tan extraordinario personaxe.

Ernesto Caballero expón desde reflexións dunha gran contemporaneidade todas as grandes preguntas dunha época marcada pola intolerancia relixiosa, a corrupción política e a ambición desmesurada dunha monarquía absolutista cuxos ecos, por desgraza, aínda resoan nos nosos días.

Nada tería sido posible sen a paixón de dous produtores de raza, Juanjo Seoane e Alejandro Colubi, que puxeron a súa gran experiencia ao servizo deste proxecto. E desde logo sen unha grande da escena española, Concha Velasco, que é a razón última deste entusiasmo que nos invade a todos. É ela co seu talento, a súa humanidade, a súa complicidade co mellor teatro, a súa intelixencia e a súa total entrega desde o primeiro día, a luz que ilumina as partes máis escuras e dolorosas dun personaxe que parece feito á súa medida. ©

Serg

io P

arra

7

Page 8: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

“Ao meu querido irmán Manolo, coa añoranza dos anos e a distancia”. Esta dedicatoria nun manual de origami que Pablo Fidalgo Lareo atopa nun andel da súa casa é o inicio de Habrás de ir a la guerra que empieza hoy.

O inicio dun proceso de reconstrución da historia da súa familia e de España, o inicio do encontro coa figura fascinante do seu tío bisavó Giordano Lareo: encarcerado durante a Guerra Civil, exiliado tras escapar ‘in extremis’ da execución e tamén profesor, tradutor, tesoureiro da República no exilio, representante de Nestlé na Patagonia, inventor dun sofá-cama e autor do primeiro manual de papiroflexia de Arxentina.

HABRÁS DEIR A LA GUERRA QUE EMPIEZA HOY

MARTES 11 OUTSala Agustín Magán (CSC de Santa Marta)20.30 h

Duración aprox: 75 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

Page 9: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

UN ENCONTRO E UN BAILE FINALNO LUGAR ONDE NOS PREPARAMOS PARA A GUERRA...

Pablo Fidalgo LareoDIRECCIÓN E TEXTO

Cláudio da SilvaINTERPRETACIÓN

José Álvaro CorreiaDESEÑO DE LUZ

Coolgate (Aka João Galante)ESPAZO SONORO

Amalia AreaAPOIO ARTÍSTICO E DE PRODUCIÓN

Nuno FigueiraTÉCNICO

Carla Nobre Sousa (Materiais Diversos)PRODUCIÓN E DIFUSIÓN

MÚSICA ‘Corrandes D’exili ‘ de Lluis Llach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ de Bonga, Marisa Monte e Carlinhos BrownÁsia Rosa, piano

Unha coprodución de Teatro Municipal Maria Matos (Lisboa), Festival Tnt (Terrassa), Festival Bad (Bilbao), Festival de Otoño a Primavera (Madrid).

Co apoio de Espaço Alcántara (Lisboa), O Espaço do Tempo (Montemor-Onovo).

AGRADECEMENTOSNené Lareo, Patricia Cerviño Lareo, Polo Madueño, Archivo Histórico Municipal, Adolfo Carlos Oroz, (Puerto Santa Cruz, Argentina), Arquivo da Emigración Galega, Comisión Recuperación Memoria Histórica A Coruña.

Nesta peza, que é ao mesmo tempo un encontro e un baile final, darase vida a Giordano Lareo. Arxentina, a terra do exilio, será o lugar onde prepararnos para a guerra, onde pór a salvo as ideas, onde educar a mirada para unha paisaxe infinita que nos acompañará até o final.

9

©M

arta

Pin

a

Page 10: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

‘El pájaro prodigioso’, unha obra inspirada na mítico Ave Fénix con música do coñecido compositor Igor Stravinsky. Un espectáculo que transporta ao espectador a unha viaxe iniciática arredor da procura do tesouro máis prezado, a faísca da vida. Trátase da nova produción da Maquiné, que se estreou no Teatro Arriaga de Bilbao o pasado ano e é finalista ao mellor espectáculo infantil nos XIX Premios Max das artes escénicas. A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica, escenificada con narración, teatro xestual, máscaras, monicreques e proxeccións. Unha adaptación única para un público infantil e familiar de idades comprendidas entre os 4 e 99 anos.

Fénix, o paxaro de lume leva moito tempo voando e o lume das súas plumas apágase, xa case non pode voar. Como fai cada 500 anos, baixará ao xardín para pór o seu único ovo do que renacerá do lume con todo o seu esplendor.

Pero…, que pasaría se o ovo de Fénix desaparece? Descobre a historia de Fénix e rompe a casca...

TEATRO XESTUAL CON MÁSCARAS E MONICREQUES CON MÚSICA DE PIANO, TEXTO E PROXECCIÓNS

EL PÁJAROPRODIGIOSOLA MAQUINÉ

MÉRCORES 12 OUTTeatro Principal19.00 h

Duración aprox: 50 min.Entrada única: 9 euros

Page 11: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Joaquín Casanova e Elisa RamosCREACIÓN E DRAMATURXIA

Joaquín CasanovaDIRECCIÓN

Igor StravinskiMÚSICA

José López-MontesADAPTACIÓN MUSICAL E MÚSICA ADICIONAL

Joaquín CasanovaESCENOGRAFÍA, ILUMINACIÓN E PROXECCIÓNS

Elisa Ramos e Joaquín CasanovaMÁSCARAS, MONICREQUES E OBXECTOS

Elisa RamosDESEÑO DE VESTIARIO

Capi Vallecillo e Laura LeónCOSTURA

Álvaro AlvadalejoAXUDANTE DE TALLER

Maite CamposASISTENTE DE PRODUCIÓN

INTÉRPRETES

Elisa RamosÁngela CáceresLola Martín e Ariel García

José López-MontesMÚSICO-PIANISTA

11

©Jo

aquí

n Ca

sano

va

Page 12: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Un home parado diante dun semáforo en vermello fica cego subitamente. É o primeiro caso dunha «cegueira branca» que se expande de maneira fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.

ENSAIO SOBRE ACEGUEIRASARABELA TEATRO

VENRES 14 OUTSÁBADO 15 OUTTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 90 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

UNHA IMAXE CONMOVEDORADOS TEMPOS QUE VIVIMOS

José SaramagoTEXTO

Ánxeles Cuña BóvedaDIRECCIÓN E ADAPTACIÓN DO TEXTO

Suso MonteroESCENOGRAFÍA

Renaata Codda FonsDESEÑO DE SON

Baltasar PatiñoDESEÑO DE ILUMINACIÓN

Fina CallejaVESTIARIO

Jorge Coira e Gaspar BroullónCINEMATOGRAFÍA

INTÉRPRETESVicente MontotoFina CallejaFernando DacostaJorge CasasSabela GagoNate BorrajoJosito PortoElena SeijoXavier Estévez

©O

vidi

o A

ldeg

unde

Page 13: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

13

Un home parado diante dun semáforo en vermello fica cego subitamente. É o primeiro caso dunha «cegueira branca» que se expande de maneira fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.

José Saramago traza unha imaxe conmovedora dos tempos que vivimos. Nun mundo así, haberá algunha esperanza? Con todo, albíscase a posibilidade de que homes e mulleres se rediman pola práctica da lei, da solidariedade, da moral e da ética.

Ensaio sobre a cegueira é a ficción dun autor que nos alerta sobre «a responsabilidade de ter ollos cando outros xa os perderon»

Somos unha cousa que non ten nome. Temos ollos que vendo non vén.

UNHA IMAXE CONMOVEDORADOS TEMPOS QUE VIVIMOS

©O

vidi

o A

ldeg

unde

Page 14: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Este proxecto supón o encontro entre Kukai Dantza e Marcos Morau / A Veronal.

É a unión entre dous universos coreográficos e dúas miradas cara á danza que navegan entre a raíz máis popular e a expresión máis vangardista.

Oskara é un traballo instalativo que percorre algunhas pasaxes da cultura vasca e dos seus mitos, desde a súa orixe até a época contemporánea e debuxa un percorrido plástico e emocional de símbolos e iconografía de forza ambigua e desconcertante que, da maneira máis absoluta, contén dentro de si a historia da experiencia humana.

OSKARAKUKAI DANTZA

MÉRCORES 26 OUTTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 90 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

©G

orka

Bra

vo

Page 15: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

15

Jon Maya SeinDIRECTOR

Marcos Morau KoreografíaIDEA E DIRECCIÓN DE ESCENA

Lorena Nogal Marina RodríguezASISTENTE DE COREOGRAFÍA

Pablo GisbertDRAMATURXIA

El Conde de TorrefielESCENOGRAFÍA

Iraia OiartzabalVESTIARIO

Xabier ErkiziaPablo GisbertMÚSICA

Angel Agüero Davir BernuésEQUIPO TÉCNICO

PRODUCIDO PORKukai Dantza Konpainia Teatro Victoria Eugenia Scène Nationale du Sud-Aquitain, Bayonne

INTÉRPRETESEneko GiAlain MayaUrko MitxelenaIbon HuarteMartxel Rodriguez

CANTANTE EN DIRECTO Erramun Martikorena

©G

orka

Bra

vo

Page 16: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Hamlet, tras a morte do seu pai a mans do seu tío Claudio e a voda da súa nai co seu tío, emprende a súa vinganza contra el. Para iso farase pasar por tolo para tentar conseguir o seu obxectivo. O rei utilizará as súas malas artes implicando a Laertes nunha pelexa a morte para desfacerse de Hamlet. A desgraza da súa amada Ofelia, irmá de Laertes, complicará aínda máis a situación até chegar a un desenlace tráxico no que a morte arrasará o palacio de Elsinor.

HAMLET

VENRES 28 OUTAuditorio de Galicia20.30 h

Duración aprox: 135 min.Entrada única: 18 euros

Page 17: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Miguel del ArcoDIR. E VERSIÓN

Aitor TejadaAXTE. DIRECCIÓN

Eduardo Moreno ESCENOGRAFÍA

Juanjo LlorensILUMINACIÓN

Sandra Vicente (Studio 340) SON

Arnau Vilà MÚSICA ORIXINAL

Joan RodónVÍDEO

Ana LópezVESTIARIO

Jesús EsperanzaMESTRE DE ESGRIMA

Kike InchaustiLOITA ESCÉNICA

Aitor TejadaDIR. PRODUCIÓN

Jordi BuxóPROD. EXECUTIVA

Pablo RamosAXTE. PRODUCIÓN

Lorena Puerto AXTE. ESCENOGRAFÍA

Natalia Moreno AXTE. VÍDEO

Beatriz Robledo AXTE. VESTIARIO

Pau FullanaCOORD. TÉCNICA

Léa Béguin REXEDORÍA

Nacho Vargas TÉC. DE LUCES

Enrique Calvo TÉC. DE SON

Javier Iglesias MAQUINISTA

Pedro ForeroPROD. EN XIRA

Unha coprodución da Comp.Nacional de Teatro Clásico e Kamikaze Producciones.

INTÉRPRETESIsrael ElejaldeÁngela CremonteCristóbal SuárezJosé Luis MartínezDaniel FreireJorge KentAna Wagener

Enfrontarse a Hamlet ten algo suicida, o que non é unha mala premisa de partida nin para min, que son un kamikaze, nin para o príncipe, cuxa conciencia anhela en non poucas ocasións darse morte para deixar de sufrir. Pero, como di Harold Bloom, Hamlet «ten unha mente tan poderosa que as actitudes, os valores e os xuízos máis contrarios poden coexistir dentro dela coherentemente». O ser e o non ser a un mesmo tempo e de forma tan ilimitada como el mesmo é capaz de pensarse, o soño dunha conciencia infinita. Un poema ilimitado habitado por un personaxe ilimitado sobre un escenario que é puro espazo mental. Alto! Se o sigo pensando, tal vez sexa incapaz de seguir adiante…, ou tal vez siga adiante e non sexa capaz de pensar. A contradición non fixo máis que empezar. Agárrome á frase de Nietzsche:

«Contradí as túas reflexións! Para vivir é necesario permanecer dividido».

Quero agradecer o xeneroso apoio da Compañía Nacional de Teatro Clásico e da súa directora, Helena Pimenta, para facer posible esta montaxe na que o equipo de Kamikaze Producciones dá un paso máis na súa liña de investigación teatral. Un paso na senda de Hamlet o que significa que non atoparemos ideas ou frases máxicas que poidan resolver as dificultades que expón o drama e iluminan de súpeto todo o que nel hai de escuro. A vaguidade é inherente á obra de arte que non se formula un obxectivo senón a vida mesma.

MIGUEL DEL ARCO17

©Ce

ferin

o Ló

pez

Page 18: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Olivier Dubois sabe que non pode darlle resposta á chamada da Consagración nunha soa e única peza. É pois, unha colección de consagracións da primavera, unha disección que el propón para sabermos máis sobre as pantasmas desta obra. Listo par baixar, primeira parte da colección, foi creado en maio de 2012 no Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris. En decembro de 2014, será a Consagración 2 esta vez coa bailarina e coreógrafa Germaine Acogny, «a elixida negra» mítica de Maurice Béjart, que nunca bailou. É a esta raíña de setenta anos a quen Olivier Dubois lle regala esta nova Consagración, poderosa na forza e na profundidade da alma africana, nunha nova visión da obra.

Mon élue noire sacre #2

Olivier DuboisDIRECCIÓN

Cyril AccorsiAXUDANTE DIRECCIÓN

Germaine AcognyINTÉRPRETE

Igor StravinskiA consagración

da primaveraMÚSICA

Emmanuel GaryILUMINACIÓN

Robert PereiraDIRECCIÓN TÉCNICA

Chrystel ZingiroVESTIARIO

MON ÉLUE NOIRE À NOS FAUNESCCN DE ROUBAIX / BALLET DU NORD

SÁBADO 29 OUTTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 37 + 12 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

Olivier DuboisDIRECTOR

Ballet du Nord –Olivier Dubois / Centre chorégraphique national Roubaix Nord-Pas de CalaisPRODUCIÓN

le CENQUATRE – Paris, La Bâtie – Festival de Genève, Fabrik – PotsdamCOPRODUCIÓN

Page 19: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

19

«E sobre todo o meu corpo tanto como a miña alma, gardádevos de cruzar os brazos na actitude estéril do espectador, porque a vida non é un espectáculo, porque un mar de dores non son un proscenio, porque un home que berra non é un oso que baila... »

Cahier d’un retour au pays natal, Aimé Césaire, éd. Présence africaine, 1956, p. 42

«No que me atinxe, se eu lembrei algúns detalles destas horribles matanzas, foi porque pensei que non nos desfaremos desas cabezas de homes, esas amputacións de orellas, ese sangue que fumega, se lle prestamos pouca atención. Repito: no que me atinxe, penso que esas cabezas de homes, esas amputacións de orellas, esas casas queimadas, esas invasións góticas, ese sangue que fumega, esas cidades que se evaporan co fío da espada, non nos desfaremos deles se lles facemos pouco caso. A colonización, repito, deshumaniza mesmo o home máis humanizado; a acción, a empresa, a conquista colonial, fundada sobre o desprezo aos homes indíxenas e xustificada por ese desprezo, tende inevitablemente a modificar aquelo nos propoñemos; o colonizador, que para facerse boa conciencia, afaise a ver nos outros a besta, a tratalos como besta, tende obxectivamente a transformarse el mesmo en besta. É esta acción, este choque de retorno da colonización o que me interesa sinalar de novo.»

Aimé Césaire, Discours sur le colonialisme (1950)

©Fr

anço

is S

tem

mer

Page 20: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,
Page 21: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Á nos faunesD’APRÈS L’APRÈS-MIDI

D’UN FAUNE de VASLAV NIJINSKI / DOMINIQUE

BRUN

Cyril Accorsi INTÉRPRETE

Claude Debussy,Preludio á sesta dun fauno

MÚSICA

CODPRODUCCIÓN

Este é un impalpable, invisible espazo de apropiación, de “colorización” dunha obra. Dous bailaríns a quen unha mesma coreógrafa, Dominique Brun, lles transmitiu L’Après-midi d’un faune (Nijinski-1912) e polo tanto dúas achegas, dous ritmos, dúas respiracións... e isto tratarase pois, neste espazo de diferenciación, de encontro, de xogo onde a interpretación poderá aparecer.

Facerse invisible para poder albiscar o infinito e o indefinible.

21

©Fr

anço

is S

tem

mer

Page 22: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

O PODER DO ARCABUZQUIQUE PEÓN CÍA &XACARANDAINA

DOMINGO 13 NOVAuditorio de Galicia20.30 h

Duración aprox: 90 min.Entrada única: 12 eurosDescontos habituais do 50%

O poder do arcabuz é unha historia sobre as inxustizas e o poder. Neste espectáculo, o autor utiliza o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz. Trátase da descrición surrealista dunha historia, baseada na Revolta Irmandiña, entendida como un musical no que se fusionan distintas artes escénicas. A obra ten dous protagonistas principais (a nobre e o capitán irmandiño), dous secundarios (xefes) e 30 bailaríns corais (irmandiños e hostes). O espectáculo está concibido nunha estrutura composta de diferentes escenas que se irán sucedendo unha tras doutra a modo de actos, nos que se fusionarán diferentes artes escénicas: danza e baile tradicional galego, danza contemporánea, música e teatro.

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais, empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que

Henrique PeónAUTOR, DIRECTOR E COREÓGRAFO

Pedro LamasCOMPOSITOR, ARRANXOS E DIRECCIÓN MUSICAL

Jordi VilasecaASISTENTE COREOGRÁFICO

Susana CrespoASISTENTE DE DRAMATURXIA

Santiago MañascoDESEÑO DE ILUMINACIÓN

Henrique PeónDESEÑO DE VESTIARIO

Page 23: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento. A danza galega é unha das máis interesantes de todo o abano folclórico europeo e ten unhas posibilidades escénicas e de renovación infinitas. N’O poder do arcabuz traballa sobre os movementos máis antigos que perviven nas danzas que aínda, hoxe en día, se bailan por toda Galicia (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de donas e galáns etc.). Case todas proveñen de distintos gremios da época medieval, aínda que tamén traeremos á obra os bailes de divertimento máis antigos, que son as muiñeiras e as ribeiranas. A danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facendo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral), que nos permite cruzar a fronteira pasado-presente con naturalidade e modernidade. A música corre a cargo dunha orquestra creada para a ocasión con 15 músicos de instrumentos de vento, un quinteto de gaitas, un grupo de pandeireteiras e un coro de 40 voces. Haberá tamén percusión, realizada polos propios bailadores, dado que a obra está concibida coma unha especie de musical e axudará á maior comprensión daquilo que o autor quere contar.

M. Teresa Rosales Santos SalgadoCONFECCIÓN VESTIARIO

Arantxa ConcheiroDIRECCIÓN DO CORO

Miguel VázquezDIRECCIÓN MÚSICOS TRADICIONAIS

Xurxo FernándezDIRECCIÓN PANDEIRETEIRAS

Pablo Federico,DESEÑO GRÁFICO

23

©R

ubén

Vila

nova

Page 24: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

MARAT - SADEATALAYA TEATRO

SÁBADO 19 NOVAuditorio de Galicia20.30 h

Entrada única: 12 eurosDescontos habituais do 50%

Page 25: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Marat/Sade é o nome abreviado de Persecución e asasinato de Jean Paul Marat, representado polo grupo de actores do Hospicio de Charenton baixo a dirección do Señor de Sade. Significa un dos títulos referenciais do teatro europeo do século XX. Escrito en 1964 por Peter Weiss, autor alemán, aborda os anos posteriores á Revolución Francesa, aínda que pola súa linguaxe e a súa visión resulta dunha extraordinaria actualidade. A estrea en España, en 1968, baixo a dirección de Marsillach supuxo un dos maiores acontecementos da historia do teatro no noso país. Representado polo CDN noutras dúas ocasións en décadas pasadas, a situación política e social volveulle imprimir unha vixencia absoluta. Marat foi un dos ideólogos da revolución; autor, entre outros, da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, representaba á esquerda.

25

©Lu

is C

astil

la

Page 26: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

MARATSADEO Marqués de Sade, un dos personaxes máis controvertidos da historia contemporánea, daría orixe a termos como ‘sadismo’ ou ‘sado’; confinado durante boa parte da súa vida, escribiu, entre outras obras, Os 120 días de Sodoma. Trátase dunha obra que se inscribe no ‘teatro dentro do teatro’ ao ser interpretada, supostamente, por internos do psiquiátrico onde Sade está recluído, coa excepción de quen encarna á autoridade, o prefecto Coulmier. A través de Marat, da súa asasina -Carlota Corday-, de Sade, de Coulmier e do cura revolucionario libertario Jacques Roux, preséntanse as diferentes posicións ante a revolución, mentres o pobo é encarnado polo coro de enfermos e polo grupo de cómicos cantores que, xunto ao presentador, confiren á montaxe un carácter próximo ao musical. De feito, a banda sonora e cancións -entoadas en vivo polos actores- xogan un papel esencial na montaxe. O dilema da obra vira ao redor da loita dialéctica entre o individualismo e o colectivo, entre a violencia e a submisión, entre a honestidade e a corrupción.

Ricardo IniestaDIRECCIÓN, DRAMATURXIA E ESPAZO ESCÉNICO

Luis NavarroCOMPOSICIÓN MUSICAL

Esperanza AbadDIRECCIÓN CORAL

Carmen de GilesVESTIARIO

Manolo CortésMAQUILLAXE, PERRUQUERÍA E ESTILISMO

Pepe TávoraCONSTRUCCIÓN DE ESCENOGRAFÍA

Sergio BellidoEQUIPAMENTO E ATREZZO

Juana CasadoCOREOGRAFÍA

Alejandro ConesaDESEÑO DE LUCES

Emilio MoralesESPAZO SONORO

Marga ReyesAXUDANTE DE DIRECCIÓN

Fálix VázquezVÍDEOS

Luis CastillaFOTOS

INTÉRPRETES Jerónimo AreaManuel AsensioSilvia GarzónCarmen GallardoRaúl VeraMaría SanzLidia MauduirRaúl SirioJoaquín Galán

Page 27: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

27

A NENA QUE QUERÍANAVEGARREDRUM TEATRO

SÁBADO 3 DECDOMINGO 4 DECAuditorio de Galicia18.30 h

Duración aprox: 50 min.Entrada individual: 6 eurosEntrada familiar: 15 euros (4 entradas)

Alex SampayoDIRECTOR

Alex SampayoBorja F. Caamaño

TEXTO

Carlos Álvarez-OssorioILUMINACIÓN

ESCENOSETCONSTRUCIÓN

ESCENOGRAFÍA

Diego ValeirasVESTIARIO, ATREZZO

E MONICREQUES

Rodrigo ChaoILUSTRACIÓNS

Suso AlonsoMÚSICA

Redrum TeatroPRODUCIÓN EDISTRIBUCIÓN

INTÉRPRETESA nena/Laura Míguez

O xeadeiro/Guillermo Carbajo Profesor Sorsor/

Carlos Álvarez-Ossorio

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

‘A Nena Que Quería Navegar’ é un espectáculo dirixido a público familiar a partir dos cinco anos, que trata de visibilizar o acoso escolar e mitigar as súas consecuencias a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima.

www.redrumteatro.wix.com/anena

Page 28: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

EROSKIPARAÍSOGRUPO CHÉVERE

XOVES 8 DECVENRES 9 DECSÁBADO 10 DECDOMINGO 11 DECTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 90 min.Entrada única: 12 eurosDescontos habituais do 50%

XronDIRECCIÓN

Manuel CortésADAPTACIÓN

ChévereESCENOGRAFÍAE VESTIARIO

Xacobe Martínez AnteloDESEÑO DE SON

Fidel VázquezDESEÑO DEILUMINACIÓN

TerbutalinaMÚSICA

INTÉRPRETESPatricia de LorenzoMiguel de LiraCristina IglesiasLuís MartínezFidel Vázquez

Page 29: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Trátase dun proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se esborralla. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de marketing que se usan para influír nas decisións de compra dos consumidores.

Como outras pezas da compañía, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. ©

Mat

teo

Bert

olin

o

29

Page 30: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

Como tantas outras familias emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vinte e cinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.

EROSKI PARAÍSO

Page 31: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

EROSKI PARAÍSO

O desarraigoEroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se tivese estado parada exactamente no mesmo lugar mentres todo se transformaba ao seu arredor. Unha maneira coma calquera outra de retratar o desarraigo que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria.

O de explorar a memoria colectivaO teatro é un rexistro cultural de primeira magnitude para documentar a realidade máis próxima e situarnos como pobo nun mundo globalizado. O proceso de traballo de Eroski Paraíso comezou explorando a memoria colectiva e a afectividade dunha pequena comunidade a partir das historias reais recollidas sobre unha sala de festas que se transformou nun supermercado. A sala de festas chamábase Paraíso e no seu lugar agora hai un supermercado Eroski.

O do cinema documentalEroski Paraíso é tamén unha reflexión sobre a posibilidade de documentar a realidade, sobre a distancia entre a ficción e a realidade, entre o que significa ser un mesmo e actuar como un mesmo. Por iso planeamos a obra como se fose unha película documental, superpoñendo no escenario a mirada cinematográfica e a teatral, reutilizando a linguaxe do cinema e os recursos do documental creativo para facer unha obra especificamente teatral.

©M

atte

o Be

rtol

ino

31

Page 32: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

HELENA:XUÍZO A UNHALURPIATEATRO DOATLÁNTICO

XOVES 15 DECVENRES 16 DECTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 60 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris.

Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía arredor de moitos dos seus contemporáneos --Aquiles, Ulises--, coa impotencia diante da crueldade da guerra....

Page 33: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

33

©Ti

no V

iz

Page 34: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

HELENA:XUÍZO A UNHALURPIA

Miguel del ArcoAUTOR

Xúlio LagoDIRECCIÓN

Inma López SilvaADAPTACIÓN

Antonio F. SimónESCENOGRAFÍA

Anxo GrañaDESEÑO DE SON

Xúlio LagoDESEÑO DE

ILUMINACIÓN

Susa PortoVESTIARIO

Anxo GrañaMÚSICA

INTÉRPRETEMaría Barcala

“Quen escrebe a historia?” Helena diríxese reiteradamente a nós con esa interrogante, rexeitando a maneira en que foi contada a súa vida. Agora quere que, antes de xulgala, escoitemos a súa versión dos feitos, sorprendéndonos con un relato apaixonado, intenso, cheo de tenrura, de humor, de berro e de dignidade.

O autor, tomando como punto central da súa proposta un tempo mítico que podemos situar nun milenio a.C., e abordando o drama dunha personaxe da mitoloxía grega, consegue que aquela muller dialogue inequivocamente en tempo presente coa cidadanía deste século XXI que nos toca habitar, e que comparta cos nosos públicos unha reflexión e unha denuncia arredor do drama da muller contemporánea e tamén de moitas das dramáticas circunstancias polas que transita a nosa civilización: a constante e brutal capacidade humana para a destrución, o saqueo, o asasinato, a violación, e/ou a insoportable sucesión de interminábeis guerras neste século XXI, iniciadas frecuentemente con xustificacións tan “curiosas” como foi o pretendido “rescate” da fermosa Helena para explicar o inicio dunha guerra que se prolonga dez anos e que culmina coa destrución de Troia.

A loita pola dignidade, pola xustiza e pola igualdade; a intensa denuncia contra a violencia de xénero e os abusos do poder, completan unha proposta relevante constantemente contrapesada pola ironía, o humor e o sarcasmo de Helena e pola súa expresión irrefreable, fermosa e conmovedora, da enorme paixón que lle inspira Paris; un amor inmenso inzado de tenrura, desexo, loucura, vida.

Page 35: RACLETTE - Capital · PDF fileLlach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ ... A obra é contada a través da partitura musical e interpretada con piano e electroacústica,

35

TEATRO PRINCIPALRúa Nova, 21981 542 347 (oficinas)981 542 349 (despacho de billetes)[email protected]

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións, s/n981 552 290981 571 026 (despacho de billetes)[email protected]

SALA AGUSTÍN MAGÁN(CSC Santa Marta)Antonio Rama Seoane, nº6981 543 [email protected]

Despacho de billetes do Teatro PrincipalAberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00 h

Despacho de billetes do Auditorio de GaliciaAberto os días de evento desde as 18.00 h

Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta)Aberto os días do evento desde unha hora antes do inicio do mesmo

Venta por internetentradas.abanca.com

Venta telefónica902 434 443

Descontos habituais do 50% para:- Desempregados- Maiores de 65 anos- Xubilados- Menores de 25 anos- Estudantes- Familias monoparentais- Familias numerosas- Perceptores de rendas sociais

Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.

DES

EÑA

: eki

noci

o co

mun

icac

ión

| IM

PRIM

E: G

rafis

ant