3
Ceip de Chans Bembrive, Vigo Curso 2011/12 Título: Happy Valentine´s Day Autor: Raquel Manrique and Edward Lewandowski Centro: CEIP de Chans Bembrive, Vigo (Pontevedra) Web do Centro: http://centros.edu.xunta.es/ceipdechans.bembrive/ Xustificación: Este proxecto foi deseñado para achegar ao alumnado de 6º á celebración da tradicional festa de S. Valentín, “patrón dos namorados”, que tan boa acollida ten nos países de fala anglosaxona. . A celebración deste día é o momento ideal para traballar co alumnado contidos transversais do currículo e desenvolver, asemade das súas capacidades cognitivas e intelectuais, os afectos e as relacións interpersoais. Tamen podemos aproveitar esta festa para rexeitar o “espectáculo comercial” no que se está convertindo na nosa sociedade e apostar por unha celebración moito máis persoal que contemple a manifestación de afectos e agadecemento por aquelas persoas coas que convivimos a cotío na casa e/o una escola. Deste xeito, a celebración do día de S.. Valentín convértese nunha excusa perfecta para expresar afecto e agradecemento aos compañeiros/as. Coñecer as costumes doutros países repercute moi positivamente na valoración da propia cultura e afianza o respecto e aceptación de ideas e costumes distintas ao tempo que se fomenta a tolerancia e o respecto cara outras culturas e xeitos de pensar. Nivel e área: de primaria.Plástica (Art) Idioma: Inglés Temporalización aproximada: 3-4 sesións Recursos TIC utilizado: Video-proxector Ordenador Páxinas webs Blogue: “Art in Chans· Aplicacións informáticas Competencias básicas que se traballan: Competencia en comunicación lingüística oral e escrita Competencia social Competencia cultural Competencia artística

Happy Valentine´s Day

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Proposta de boas prácticas desta festividade na area de Art (6º)

Citation preview

Page 1: Happy Valentine´s Day

Ceip de Chans Bembrive, Vigo

Curso 2011/12

Título: Happy Valentine´s Day Autor: Raquel Manrique and Edward Lewandowski Centro: CEIP de Chans Bembrive, Vigo (Pontevedra) Web do Centro: http://centros.edu.xunta.es/ceipdechans.bembrive/ Xustificación: Este proxecto foi deseñado para achegar ao alumnado de 6º á celebración da tradicional festa de S. Valentín, “patrón dos namorados”, que tan boa acollida ten nos países de fala anglosaxona. . A celebración deste día é o momento ideal para traballar co alumnado contidos transversais do currículo e desenvolver, asemade das súas capacidades cognitivas e intelectuais, os afectos e as relacións interpersoais. Tamen podemos aproveitar esta festa para rexeitar o “espectáculo comercial” no que se está convertindo na nosa sociedade e apostar por unha celebración moito máis persoal que contemple a manifestación de afectos e agadecemento por aquelas persoas coas que convivimos a cotío na casa e/o una escola. Deste xeito, a celebración do día de S.. Valentín convértese nunha excusa perfecta para expresar afecto e agradecemento aos compañeiros/as. Coñecer as costumes doutros países repercute moi positivamente na valoración da propia cultura e afianza o respecto e aceptación de ideas e costumes distintas ao tempo que se fomenta a tolerancia e o respecto cara outras culturas e xeitos de pensar. Nivel e área: 6º de primaria.Plástica (Art) Idioma: Inglés Temporalización aproximada: 3-4 sesións Recursos TIC utilizado: Video-proxector Ordenador Páxinas webs Blogue: “Art in Chans· Aplicacións informáticas Competencias básicas que se traballan: Competencia en comunicación lingüística oral e escrita Competencia social Competencia cultural Competencia artística

Page 2: Happy Valentine´s Day

Ceip de Chans Bembrive, Vigo

Curso 2011/12

Obxectivos:

Achegar ao alumnado ás costumes e tradicións doutros países Coñecer vocabulario e expresións relativas a esta festa. Mellorar as competencias comunicativas orais e escritas Promover a iniciativa, a imaxinación e a creatividade Valorar as producións artísticas propias e alleas.

Acadar e empregar con precisión a terminoloxía específica da linguaxe plástica e visual

Fomentar o intercambio de traballos, a empatía e o sentimento de pertenza ao grupo Subliñar o valor da amizade e o amor na nosa vida cotiá.

Contidos:

Lingüísticos Mensaxes escritas con frases e expressions relativas á festividade : Happy Valentine’s

Day, Be mine, You’re the best, I love you, You’re tops, You’re a ten, You rock, I’ve got my eye on you,.. Lectura de poemas : “Roses are red..” Aprendizaxe de novo vocabulario Audicións Comprensión de instrucións.

Non-Lingüísticos

Debuxos dos símbolos típicos do día de San Valentín (Ej. corazóns, cupidos, frechas, flores…) Deseño Creativo Afecto e amistaze entre compañeiros/as

Educación en Valores:

Amizade Aceptación cultural e persoal Tolerancia Consumo Temporalización e Secuenciación:

Sesión 1: Introducir vocabulario a partir dunha presentación de diapositivas Na presentación incluimos información sobre a celebración desta festa en Estados Unidos e Reino Unido. A continuación mostrámoslles aos nenos/as algúns exemplos de tarxetas típicas para espertar a súa creatividade a partir de modelos reais. Visitamos sitios webs con cancións ,poemas sinxelos, e actividades interactivas relativas a esta celebración. Intercambiar los nombres Fixemos un sorteo entre o alumnado de xeito que os nenos e nenas de 6ºA tiveran que facer o seu “Valentine” para os doutro grupo e viceversa. Elaboramos a mensaxe (e/ou poema) utilizando as expresións e vocabulario presentado

Page 3: Happy Valentine´s Day

Ceip de Chans Bembrive, Vigo

Curso 2011/12

Sesión 2: Deseñar o sobre e pegalos no mural Nesta sesión encargámonos de deseñar un sobre co nome do compañeiro /a elexido ao chou. Estes sobres tamen se decoran con motivos e simboloxía propia desta festividad . Por último pegamos todos os sobres nun anaco de papel continuo no corredor da escola preto das aulas de 6º

Sesión 3:

Elaborar a tarxeta e metela nos sobres (en segredo) Na elaboración da tarxeta (na que incluiremos a mensaxe) utilizamos distintos materíais: cartolina,, papel de seda,, papel pinocho, papel charol, folios de cores, …. As mensaxes das tarxetas deben salientar os aspectos positivos e as principais virtudes do compañeiro/a a quen van dirixidas

Sesión 4:

Completar o proxecto e intercambiar as tarxetas No día de S. Valentín (o 14 de febreiro) cada neno/a buscará o sobre que leva o seu nome e collerá do seu interior a súa tarxeta.

Estadaxe: As actividades propostas adaptáronse aos nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo: actividades de ampliación (materiais adicionais con vocabulario máis complexo para o alumnado con maior competencia lingüística) e actividades de reforzo (con apoio de modelos sinxelos) para o alumnado que presenta máis dificultade nas competencias escritas. Criterios e instrumentos de avaliación:

Criterios: Participación e interese Actitude Utilización dos recursos plásticos e lingüísticos Creatividade no deseño da tarxeta e do sobre Intrumentos:

D ario de clase: obi servación sistemática do traballo e da partipación Tarxeta final

URL http://artinchans.blogspot.com.es/2012/02/valentines-day-february-14th.html