14
Novas Convocatorias Socios Bolsas e Vacantes Cidadanía Europa a Fondo Publicacións Axenda Centro de Información Europea Boletín nº 254 - 21/05/2020 Suscrición gratuíta ao boletín

Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

Novas

Conv

ocat

oria

s

Soci

os

Bols

as e

Vac

ante

s

Cida

daní

aEu

ropa

a F

ondo

Publ

icac

ións

Axe

nda

Centro de Información EuropeaBoletín nº 254 - 21/05/2020

Suscrición gratuíta ao boletín

Page 2: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

NovasA•   4ª convocatoria de Wifi4EU destinada a financiar a instalación de redes WIFI gratuítas nos munici-pios de toda a UE abre o 3 de xuño ás 13:00 horasCOVID-19: o plan da UE para a recuperación económic•  aCoronavirus: a Comisión impulsa accións de investigación e innovación urxentes con 122 millóns de • euros adicionaisCOVID-19: adopción do Consello dun instrumento de apoio temporal para mitigar os riscos de des-• emprego nunha emerxencia (SURE)Paquete de primavera do Semestre Europeo 2019: Recomendacións para unha resposta coordinada • fronte á pandemia de COVID-19

Convocatorias

Convocatorias recentes

Asuntos Económicos e Financieros (ECFIN)2020 ECFIN 003/C5: Programa Pericles 2020

Asuntos Marítimos e Pesca (MARE)MARE/2020/08: Fortalecer a cooperación rexional na recolección de datos de pesca

Axuda Humanitaria yeProtección Civil (ECHO)UCPM-2020-KN-AG Rede de Coñecemento do mecanismo de protección civil da Unión: Asociación de Redes

Educación, Cultura (EAC), Audiovisual, CidadaníaEAC/S07/2020: Intercambio e mobilidade no deporte 2020

EACEA/09/2020 «Iniciativa Voluntarios de Axuda da UE»

EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020)

EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior 2021-2027 2020/C 51/09

EAC/S06/2020: Seguemento e orientación, a través do deporte, de persoas mozas en risco de radicali-zación

Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión (EMPL)VP/2019/016: Promover e protexer os dereitos das personas con discapacidade

VP/2020/001: Apoio ao Diálogo Social

Enerxía (ENER)CEF-Energy-2020: Convocatoria de propostas no ámbito de infraestructuras enerxéticas transeuropeas do Mecanismo Conectar Europa

EuropeAid – Cooperación Internacional e Desenvolvemento (DEVCO)EuropeAid/168372/DD/ACT/GT: Convocatoria de propostas do Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos - IEDDH - Guatemala

Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos - IEDDH - Guatemala

EuropeAid/169021/DD/ACT/AR: Arxentina 2020 - Programa Temático Organizacións da Sociedade Civil

EuropeAid/169054/DD/ACT/AR: Arxentina 2020 - Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos

Page 3: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

EuropeAid/168002/DD/ACT: Organizacións da Sociedade Civil como actores clave no desenvolvemento-de Uruguai

EuropeAid/168526/DD/ACT/HT: Haití 2020. Apoio á mocidade haitiana

Eurostat (ESTAT)ESTAT-2020-PA2-C-EPSAS: Modernización dos sistemas de contabilidade financeira do sector público segundo o principio de devengo en favor dos estándares de contabilidade do Sector Público Europeo

Investigación e Innovación (RTD)SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2C: Impactos de comportamento, sociais e económicos da resposta aos brotes

SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2B: Tecnoloxías médicas, ferramentas dixitais e análise de intelixencia artificial para mellorar a vixilancia e a atención a altos niveis de preparación tecnolóxica

SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2A: Reutilización da fabricación de subministros e equipos médicos vi-tais

SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2E: Establecemento de redes de cohortes existentes da UE e interna-cionais de relevancia para COVID-19

SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2D: Cohortes paneuropeas COVID-19

ERC-2020-ADG: ERC ADVANCED GRANT

Xustiza e Consumidores (JUST)CONS-ADR-2020: Subvencións para a creación de capacidade dos organismos de solución alternativa de conflitos dos consumidores

CONS-CPC-2020: Contribucións financeiras para a cooperación entre as autoridades nacionais respon-sables da aplicación da lexislación de protección do consumidor

Medio (ENV) e Acción polo Clima (CLIMA)LIFE 2020 Environment: Programa LIFE 2020 - Subprograma Medio Ambiente

LIFE 2020 Climate action: Programa LIFE 2020 - Subprograma Acción polo clima

Mercado Interior, Industria, Emprendemento e PEMES (GROW)COS-SEM-2020-4-01: Misións de economía social

Programa europeo de desenvolvemento industrial de defensa: Subvencións 2020

Mobilidade e Transporte (MOVE)CEF-Transport: Acción de Apoio ao Programa para o apoio aos Estados membros na recolección de indi-cadores chave de actuación para a seguridade viaria

Política Rexional e Urbana (REXIO)Interreg Mediterranean. 2ª convocatoria de proxectos estratéxicos

2020CE16BAT012: Apoio á participación cidadá na execución da política de cohesión

Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías (CNECT)Cuarta Convocatoria de Wifi4EU

CEF-TC-2020-1

PPPA-AGEVER-01-2020: Implementación dos dereitos do neno e os mecanismos de protección en liña baseados no GDPR e outras lexislacións da UE existentes

Esfera pública europea: unha nova oferta de medios en liña para mozos europeos

Saúde e Seguridade Alimentaria (SANTE)PJ-01-2020-2: Apoio ás reformas na área de persoal sanitario - Iniciativas en zonas de baixa cobertura médica

Page 4: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

PJ-01-2020-1: Apoio ás reformas na área de persoal sanitario - Iniciativas sobre políticas de retención

PJ-01-2020-3: Apoio ás reformas na área de persoal sanitario - Iniciativas sobre rotacón de tarefas

Tradución (DXT) e Interpretación (SCIC)Convocatoria de propostas: Subvencións a accións para apoiar a formación en interpretación de confe-rencias para o ano académico 2020-2021

Outras axudas

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2020 - Axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Feder

EXTRACTO da Resolución do 11 de maio de 2020 - Convocatoria Europa Redes e Xestores - Europa Centros Tecnolóxicos do ano 2020 para a concesión de axudas dentro do Programa Estatal de Xera-ción de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema I+D+i

ORDE do 5 de maio de 2020 - Axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sostible, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

ORDE do 4 de maio de 2020 - Subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

EXTRACTO da Resolución do 6 de maio de 2020 - Axudas correspondentes aos Proxectos de I+D+i “Programación Conxunta Internacional”, contempladas no Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020

ORDE do 5 de maio de 2020 - Axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Feder

ORDE do 23 de abril de 2020 - Axudas a proxectos colectivos, financiados pola FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental

SociosH2020. LetoniaUn instituto universitario de investigación de Letonia busca socios industriais para o proxecto M-ERA.NET. O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento de paletas de material composto sostible, producido de recursos renovables e reciclados.

Eureka/Eurostars. EsloveniaBúscase un provedor / desenvolvedor de tecnoloxía de limpeza de botellas para un proxecto cuxo obxec-tivo é abordar o problema do uso excesivo de envases na industria da auga / bebidas e promover unha economía circular simple e fácil de usar.

Erasmus+. ItaliaAssociazione Interculturale Alba é unha ONG con sede en Milán que traballa nos campos de integración, educación, diálogo cultural e interrelixioso. Busca socios para a convocatoria European Youth Together .

Erasmus+. EspañaUnha organización de Valencia busca socios para presentar un proxecto de European Youth Together , sobre todo nas seguintes prioridades temáticas: Sociedades inclusivas, Diálogo informativo e construtivo e Europa sostible e verde.

Page 5: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

Erasmus+. Reino UnidoUn Instituto Internacional de Estudos de Investigación Académica activo no campo de delincuencia, co-hesión social, igualdade, dereitos humanos e mocidade quere unirse a un consorcio para a convocatoria European Youth Together .

Bolsas31/05/2020: Prácticas no TCUECunha duración de entre 3 e 5 meses, dirixidas a graduados universitarios de Estados membros, con bo coñecemento de 2 idiomas oficiais da UE.

31/05/2020: Prácticas na Axencia Ferroviaria EuropeaOfrécense prácticas remuneradas de 10 meses de duración para titulados universitarios con bo dominio do inglés e doutro idioma oficial da UE. Desenvolveranse en Valenciennes (Francia).

07/08/2020: Bolsas de idiomas no estranxeiro da Fundación ONCEPara mozos con discapacidade de entre 18 e 29 anos, co fin de que poidan estudar inglés, francés ou alemán nalgún país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa un destes tres idiomas. A iniciativa desen-vólvese no marco do POEJ, cofinanciado polo FSE.

31/08/2020: Prácticas no Centro Europeo de Linguas ModernasRequírese un título universitario e un bo dominio do inglés ou do francés. As prácticas teñen unha dura-ción de 6 meses, e abarcan áreas tales como especialización en páxina web, loxística, documentación, finanzas, e administración xeral.

30/09/2020: Prácticas no Comité das RexiónDirixidas a graduados universitarios, cunha duración de 5 meses. As persoas solicitantes deben ter bo dominio do inglés ou o francés. As prácticas terán lugar en Bruxelas.

Premios e concursos

12/06/2020: Premio Cidades para o Comercio Xusto e Ético da UEA Dirección Xeral de Comercio da Comisión Europea lanza a segunda edición do premio. Durante a avaliación, as cidades compartirán os seus logros na parte social, económica e ambiental do comercio internacional.

30/06/2020: Premio do cidadán europeo 2020Distingue proxectos excepcionais, xa sexan nacionais, transfronteirizos ou paneuropeos, que promovan a integración e cooperación, así como os valores consagrados na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.

30/06/2020: #BeInclusiveA Unión Europea lanza unha convocatoria para premiar aos mellores proxectos deportivos que incorporen a inclusión social entre as súas iniciativas. O obxectivo é dar a coñecer as iniciativas máis emblemáticas e inspirar a outras organizacións.

31/07/2020: Acción Transformadora 2020 É un premio europeo de sustentabilidade, coorganizado polo ICLEI, o País Vasco e a cidade de Aalborg (Dinamarca), que conta ademais co apoio do Comité Europeo das Rexións e o Banco Europeo de Inves-timentos.

31/10/2020: I Premio de investigación Carlos G. Otero DíazO Consello de Contas de Galicia convoca este premio para promover a investigación en materias rela-cionadas coa prevención da corrupción nas administracións públicas. Aberto aos autores dos Estados membros da Unión Europea.

Page 6: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

VacantesData analyst. AD5. Centro Europeo para o Desenvolvemento da Formación Profesional (CEDEFOP). • Salónica. Data límite: 21/05/2020Expert in public policy analysis and evaluation. AD5. Centro Europeo para o Desenvolvemento da For-• mación Profesional (CEDEFOP). Salónica. Data límite: 22/05/2020Finance and Procurement Specialist. AD5. Autoridade Europea de Seguros e Pensións de Xubilación • (EIOPA). Frankfurt. Data límite: 24/05/2020ICT Officer. AD5. Autoridade Europea de Valores e Mercados (ESMA). París. Data límite: 25/05/202•  0Legal Officer – Coordinator of OLAF and Court of Auditors Cases -DG DEVCO.B.6. GFIV. Comisión Eu-• ropea - DG DEVCO - Servizos Centrais. Bruxelas. Data límite: 25/05/2020Secretary to the Deputy Head of Delegation. GFII. Servizo Europeo de Acción Exterior - Delegación na • India. Nova Deli. Data límite: 25/05/2020Senior Information Technology Officer Programme and Project Management. AD7. Axencia Europea • para a Xestión Operativa de Sistemas Informáticos de Gran Magnitude no Espazo de Liberdade, Segu-ridade e Xustiza (EU-LISA). Estrasburgo. Data límite: 28/05/2020Senior Training Officer. AD7. Oficina Europea de Apoio ao asilo (EASO). A Valeta. Data límite: • 29/05/2020Photographer/Videographer. GFIII. Oficina Europea de Apoio ao asilo (EASO). A Valeta. Data límite: • 29/05/2020Experts. AD5. Autoridade Europea de Seguros e Pensións de Xubilación (EIOPA). Frankfurt. Data límite: • 31/05/2020Experts in Financial Sector and Market analysis. Contratacion temporal 2/3 anos con posibilidade  de • prorrorga . Mecanismo Europeo de Estabilidade. Luxemburgo. Data límite: 31/05/2020Senior Experts in Financial Sector and Market analysis. Contratacion temporal 2/3 anos con posibilida-• de  de prorrorga . Mecanismo Europeo de Estabilidade. Luxemburgo. Data límite: 31/05/2020Executive Officer. AD6. Oficina Europea de Apoio ao asilo (EASO). A Valeta. Data límite: 02/06/202•  0Tradutor de neerlandes . AD5. Centro de Tradución de Linguas dos Órganos da UE (CDT). Luxembur-• go. Data límite: 09/06/2020Expert – Oceans and freshwater under climate change. AD6. Axencia Europea do Medio Ambiente • (EEA). Copenhague. Data límite: 15/06/2020 Accounting Officer. AD6. Axencia Europea de Defensa (EDA). Bruxelas. Data límite: 22/06/202•  0Expert – Copernicus and LULUCF. AD6. Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA). Copenhague. Data • límite: 17/07/2020 Expert – LULUCF: forests and climate. AD6. Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA). Copenhague. • Data límite: 17/07/2020FP Enfermeiros/as Xeriatría. Alemaña. Data límite: 30/06/202•  0Cociñeiros. Alemaña. Data límite: 25/05/202•  0Mecánico de coches. Alemaña. Data límite: 06/06/202•  0

Page 7: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

Cidadanía

Especial 9 de Maio - Día de Europa

Grazas a tod@s por celebrar o Día de Europa con Europe Direct A Coruña!Máis de 300 persoas participaron nas actividades programadas por Europe Direct A Coruña para conmemorar o 9 de maio

A celebración do Día de Europa este ano veu marcada pola pandemia de coronavirus que motivou que a programación das actividades de Europe Direct A Coruña trasladárase principalmente á rede.

Desde o centro estamos muy agradecidos polo alto nivel de participación que rexistramos nas actividades, como vos con-tamos a continuación:

Concurso #EuropaEnCasaEsta acción, organizada conxuntamente por 26 centros de información Europe Direct de toda España, contou coa parti-cipación de máis de 1.400 persoas. Europe Direct A Coruña desenvolveu o xogo través de Instagram, onde participaron 100 seguidores do noso perfil. As 852 publicacións sobre esta acción en redes sociais tiveron máis de 10.000 interaccións e un alcance superior ás 62.000 persoas.

Concurso EU ♥ UE dirixido ás Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo en GaliciaAs Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo en Gali-cia concursaron na primeira edición de “Concurso de ideas “EU ♥ UE”. O resultado foi sorprendente, cinco Escolas Embaixadoras, – IESP Pedra da Aguia de Camariñas, IESP Eusebio da Garda da Coruña, IES de Poio, IES Vale Inclán de Pontevedra e Colexio Pai Feijóo Zorelle de Ourense– participaron no concurso cun total de 30 propostas. En to-tal, 138 novos embaixadores e embaixadoras puxeron en marcha a súa creatividade para realizar vídeos, ilustracións, caligramas e moitas outras propostas. A publicación das pro-postas en Facebook rexistrou máis de 4.000 votacións, al-canzando case 27.000 persoas usuarias.

Parabéns a Canicas, polo seu triunfo coa súa proposta “Viaxe virtual por Europa” da Escola Embaixadora Pe-dra da Aguia en Camariñas.

Page 8: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

EU ♥ UE: Celebra con Europe Direct A Coruña o Día de Europa!Europe Direct A Coruña deseñou esta campaña online sobre tres eixos: Pasatempos, Recuncho Infantil e LiteraturaUE.

A campaña #LiteraturaUE “EU ♥ UE”, iniciativa cultural desenvolvida en colaboración coa Biblioteca Pro-vincial, contou cun carrusel de literatura europea na plataforma de préstamo dixital eBibliodacoruna.

A selección reuniu 64 obras de autores procedentes de 19 Estados membros da Unión. Un total de 40 persoas usuarias solicitaron un préstamo dos títulos propostos.

Grazas a todos e todas os que concursáchedes, participáchedes nas nosas actividades ou nos enviáchedes as vosas felicitacións polas actividades que organizamos con motivo do 9 de maio. Convidámosvos a seguir participando en todas as nosas actividades ao longo do ano 2020.

Page 9: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

Entrevista

Coñecemos a Eugenia Díaz, unha das finalistas por Europe Direct A Coruña no concurso EuropaEnCasaChámome Eugenia Díaz e nacín en Ferrol hai 28 anos. Dende cativa sentín interese polos idiomas, así que decidín estudar Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. A miña atracción pola UE comezou aí, cun ano de Erasmus, pero a experiencia resultou tan positiva, que quixen continuar nese eido. Por sorte, agora traballo como Técnico en Rela-cións Internacionais na Universidade da Coruña

O concurso #EuropaEnCasa foi organizado pola rede nacional de centros Europe Direct co fin de dar a coñecer a Unión Europea e difundir os seus valores. Eres seguidora do proxecto europeo? Tes experiencia en mobilidade europea? Colaboras con organizacións europeas?Teño a gran sorte de que o meu posto laboral me permite coñecer as novidades da UE de primeira man. Ademais, ao estar nunha institución educativa, temos experiencia en xestión de proxectos Erasmus+, Life, Interreg ou H2020. Grazas a estas iniciativas, puiden realizar estadías financiadas en máis de quince países, o que supón unha aprendizaxe impresionante. Tamén me gustaría destacar a miña participación no programa TecEuropa, da Fundación Galicia Europa, que me brindou a oportunidade de viaxar a Bruxe-las para coñecer en profundidade as fontes de financiamento comunitario e visitar as institucións xunto co persoal que traballa nelas.

A título persoal, sigo as redes sociais de numerosos movementos europeístas para estar ao tanto das oportunidades que teño como cidadá, como @HablamosdeEuropa, @OneHourForEurope ou @Equi-poEuropa, entre outros. Así foi como descubrín o European Youth Event e puiden afondar aínda máis na temática da man de mozos e mozas coma min. Por último, grazas ao Obradoiro de redacción de proxectos europeos organizado por Europe Direct A Coruña e a Asociación Cultural Ingalicia, animeime a presentar unha proposta para un Proxecto Solidario do Corpo Europeo de Solidariedade xunto con outros catro rapaces e rapazas. Esperemos ter sorte e continuar co fomento do espírito europeo entre a nosa mocidade.

Estamos nuns momentos nos que a Unión Europea resulta cuestionada: Cal e o teu desexo para o futuro da Unión Europea?Atopámonos nun escenario complicado no que os euroescépticos están a gañar protagonismo ao cues-tionaren os valores fundamentais da EU como son o respecto á dignidade humana, a liberdade, a demo-

Page 10: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

cracia, a igualdade e os dereitos humanos. Estes colectivos intentan agochar que a principal finalidade da EU é promover a paz e o benestar dos seus pobos, polo que o noso deber é recoñecer ante a sociedade á ardua labor que están a desempeñar as institucións europeas. Se cada un de nós poñemos un pouco da nosa parte, lograremos un panorama verdadeiramente sostible, baseado en normas compartidas e nun programa común. Para acadar as metas dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible é preciso o traballo colaborativo dos diferentes actores que compoñemos a sociedade; só deste xeito lograremos a verdadeira unión dos estados membros e o éxito das políticas comunitarias. Ben é certo que os conflitos rexionais, as presións migratorias ou as desigualdades sociais e económicas suporán un gran pulso para o futuro da UE, mais confío plenamente nas melloras que se propoñen para o próximo período 2021-2027 e estou convencida de que, co esforzo e dedicación de todos, conseguiremos saír enormemente reforza-dos e dotar á nosa cidadanía de moitos máis privilexios e oportunidades.

Europa a Fondo

Hoxe charlamos con José Luís Calvo Rolle e Doha Elrhoul sobre o proxecto “Xeracións Novas como axentes do cambio”O proxecto “Xeracións Novas como axentes do cambio” enmárcase na convocatoria de proxectos piloto de migración legal lanzada pola Comisión Europea, CE-DG Home, co ins-trumento de Asociación para a Mobilidade (MPF), implementado polo Centro Internacional de Migracións para o Desenvolvemento Político (IMCPD). Para coñecer un pouco máis acerca deste proxecto e da súa implantación no campus de Ferrol, desde Europe Direct A Coruña entrevistamos a José Luís Calvo Rolle, coordinador do Máster de Eficiencia e Aproveitamento Enerxético e a Doha Elrhoul, alumna do mesmo

De que forma participa a UDC e o cam-pus de Ferrol no programa “Xeracións novas como axentes do cambio”?Resposta (José Luís Calvo Rolle)A convocatoria está amplamente explicada no seguinte link: http://www.sepie.es/ygca/.

Nel pódese observar que basicamente nes-ta acción piloto inicial, os estudantes esco-llidos de Marrocos, realizan unha mobilida-de a España para cursar un máster dun ano de duración.

Como se indica na información, o proxecto dispón de tres fases principais. A UDC, e en concreto a Escola Universitaria Politécnica do campus de Ferrol, na fase inicial, simple-mente participou na oferta de máster que se ofrecían aos potenciais estudantes, de acordo ás liñas estratéxicas prioritarias de Marrocos, para o seu desenvolvemento en xeral. O máster ofertado por esta escola é o “Máster Universitario en Eficiencia e Apro-veitamento Enerxético”.

Atrás, de esquerda a dereita, Mohamed, Dilal e Kamal. Diante, José Luís Calvo Rolle e Doha Elrhoul. Imaxe cedida polo Servizo de Co-municación da UDC

Page 11: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

Unha vez que os estudantes escolleron estes estudos, e superaron o proceso de selección, realizan a matrícula e a mobilidade á nosa institución. Incorpóranse ás tarefas académicas como calquera outro estudante, e hano de superar satisfactoriamente nos prazos que eles establecen.

Durante o proceso formativo non se pode perder de vista a fase final, que consiste na implantación dos mellores Traballos Fin de Máster, co lanzamento e desenvolvemento dos proxectos empresariais e de emprendemento. Por tanto, os Traballos Fin de Máster, han de ser propostos cun enfoque empresarial e de implantación en Marrocos, e sempre sen perder de vista as liñas prioritarias de desenvolvemento do país.

O SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación), que é o organismo que coordina toda esta acción, está a darnos instrucións de forma constante de como proceder. Así mesmo, solicítanos con frecuencia que se lle acheguen indicadores e evidencias do rendemento dos estudantes que están a realizar a estancia. Dalgunha forma esíxeselles aos estudantes un aproveitamento dos estudos, dado que foron seleccionados e bolseiros para a realización da mobilidade.

É importante destacar, que esta acción ofreceuse a nivel nacional en Marrocos, e por tanto o número de solicitudes era altísimo, máis de mil cincocentas. En consecuencia, a selección, que se levou a cabo en dúas fases, foi moi competitiva. Unha primeira onde basicamente facíase unha selección por expediente académico, e unha segunda á que pasaban 200 de todos os solicitantes, na cal se lles realizaba unha entrevista persoal.

Como consecuencia temos neste máster a uns estudantes boísimos, e cuxa formación de base é moi variada, desde enxeñeiros de enerxía, ata Enxeñeiros en física cuántica. Como coordinador, falo moito con eles, e en xeral están moi contentos, tanto cos estudos como cos compañeiros e tamén coa cidade. Canto ao académico, poñen especialmente en valor o ensino práctico e moi aplicado, en contraste como como se realiza en Marrocos, onde se basean en leccións maxistrais e despois exame final. En relación á contorna, tanto canto aos compañeiros como á cidade en si, sempre resaltan a predisposición a axudar e o ambiente agradable xeral.

Page 12: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

Que resultados se esperan obter do programa tanto para Marrocos como para as Universidades de acollida?Resposta (José Luís Calvo Rolle)Preténdese co programa reali-zar un esquema de migración legal con Marrocos, e dalgun-ha forma solucionar problemas en orixe, e que as dúas partes saian beneficiadas; á fin e ao cabo, somos países veciños, e é moi importante que aos dous lles vaia ben.

Desde un punto de vista prác-tico, a Marrocos interésalle es-timular, potenciar e implantar determinadas áreas de coñe-cemento, que ademais poden ser estratéxicas para o país. En particular, e en relación aos estudos que viñeron a realizar á Escola Universitaria Politéc-nica de Serantes , Ferrol, é es-tratéxico por moitos motivos o desenvolvemento e implanta-ción das enerxías renovables, e en xeral implantar accións de eficiencia e aproveitamento en xeral, e por suposto enerxéti-co.

Ademais dos estudos que veñen a realizar os alumnos, desde un punto de vista persoal, para eles é moi beneficioso realizar unha mobilidade nun país estranxeiro. Con ela coñecen outra cultura, outro idioma en orixe, determinados costumes, contribúe á maduración, valoriza o currículo, etc.

Desde o punto de vista da universidade, e en concreto dos estudos que viñeron a facer, a internacio-nalización é un eixo chave e tamén prioritario. No curso académico no que nos atopamos (2019-2020) os estudantes do “Máster Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético”, proceden de dez nacionalidades diferentes. O feito de que estes estudantes viñeran contribúe enormemente ao enfoque internacional con que naceron estes estudos, de feito, desde a concepción ofrece a posibilidade de dobre titulación cunha universidade portuguesa, e ano a ano son máis os estudantes estranxeiros. Este ambien-te multi e intercultural é marabilloso e tremendamente enriquecedor, non só para os estudantes, se non para o propio profesorado. Os docentes tivéronse que “poñer as pilas” en moitas e variadas cuestións de-bido a esta casuística; a primeira o idioma, pois con frecuencia as clases han de ser impartidas ou cando menos apoiadas en inglés. Como docente é moi gratificante en xeral contar cos alumnos marroquís, son marabillosos.

Page 13: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

Continuamos a nosa entrevista con Doha Elrhoul para coñecer os detalles sobre o proceso de selección e a súa experiencia persoal no programa.

Como coñeciches o programa e por que te decidiches a participar no mesmo? Como foi o proceso de selección?Resposta (Doha Elrhoul)Como enxeñeira en Enerxía, buscaba fortalecer e completar o meu curriculum especializándome en efi-ciencia enerxética. Afortunadamente, atopei esta oportunidade ofrecida polo SEPIE a través do programa “Xeracións Novas como Axentes de Cambio” para obter un Máster en España, líder en enerxía renovable e eficiencia enerxética. Enviei a solicitude a través do portal do “Departamento de Cooperación e Asocia-ción” do Ministerio de Educación Nacional, Formación Profesional, Educación Superior e Investigación Científica, e tiven que presentar unha solicitude a tres Másteres para finalmente ser aceptada nun deles, e o Máster de “Eficiencia e Aproveitamento Enerxetico” na Universidade da Coruña foi a miña primeira opción.

Despois dun proceso de valoración de expedientes (CV, diplomas, títulos universitarios e certificados de idiomas (español / inglés)), tiven a oportunidade de ser seleccionada entre preto de 1200 candidatos para pasar á seguinte rolda que contou con 200 candidatos. A segunda fase consistiu nunha proba oral onde explicamos a nosa motivación á hora de elixir os Másteres seleccionados e os proxectos profesionais/académicos futuros.

Finalmente logrei ser unha das 100 novos axentes de cambio, e espero cumprir as miñas ambicións e aproveitar a experiencia dos profesores españois nun campo tan significativo.

Como valoras ata o de agora a experiencia no programa? Recomendarías a outros mozos partici-par nel?Resposta (Doha Elrhoul)O programa “Xeracións Novas como Axentes de Cambio” ofrecido polo SEPIE é unha gran oportunidade para abrir portas á mocidade de países en desenvolvemento como Marrocos para fortalecer as súas ha-bilidades e o seu plan de estudos, co fin de lograr os seus obxectivos profesionais / académicos, e desta forma, poder participar no desenvolvemento dos seus países de orixe.

Recomendo encarecidamente aos mozos que participen neste programa, porque persoalmente permi-tiume inscribirme nun programa de Máster tan beneficioso no meu dominio e aprender máis sobre as enerxías renovables e a eficiencia enerxética a través de módulos prácticos e de investigación.

Ademais, tiven a oportunidade de manexar e practicar con diferentes programas de software da materia, mellorar e ampliar os meus coñecementos, e estar ao día asistindo a diferentes visitas e seminarios gra-zas ao coordinador do Máster e aos profesores que non dubidan en apoiarnos.

As imaxes deste artigo son propiedade do Servizo de Comunicación da Universidade da Coruña (UDC) a quen agradecemos a súa cesión para esta publicación

Page 14: Centro de Información Europea...EAC/S05/2020: Deporte como ferramenta de integración e inclusión social de refuxiados (edición 2020) EACEA/03/2020 Carta Erasmus de Educación Superior

Síguenos en:

Publicacións

“Europa Mellor xuntos!” Nova edición.

Dispoñible en PDF

Axenda21/05/2020: Taller en liña Horizonte 2020 Enerxía. Convocatorias en 2020. Convocatoria Green Deal. • Novidades Horizonte Europa22/05/2020: Webinar sobre a convocatoria de Eficiencia Enerxética de Horizonte 202•  022-26/06/2020: Edición dixital da Innovative Water Wee•  k27/05/2020: Consulta Pública achega do Pacto Europeo polo Clim•  a27/05/2020: Eurostars Matchmaking Event - Life Science•  s28/05/2020: Webinario Convocatoria MSCA COFUND: mecanismo de  co -financiamento de progra-• mas de investigación29/05/2020: 2º Taller on-line preparación propostas convocatoria Advanced Grant 2020 + experiencia • caso práctico. Apertura de convocatoria ERC-2020-ADG04/06/2020: Webinario chamada bilateral Turquía España no marco Eurek•  a23/06/2020: Consulta pública sobre o aumento do obxectivo climático da Unión Europea para o ano • 2030