2
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR No mes de abril temos varias celebracións nas que o libro é o absoluto protagonista, lembramos o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 co Día Internacional do Libro Infantil e o 23 a morte de Miguel de Cer- vantes e William Shakes- peare co Día do Libro. Nós quixemos facer unha homenaxe á lectura científica e por iso neste boletín ofrecemos títulos que podedes atopar na nosa biblioteca. Hai para todos os gustos: manga, libros clásicos, libros de divulgación, novelas... Gustariamos que lles deses unha oportunidade. Cando o manga estaba en pleno apoxeo, un profesor xaponés de instituto deca- touse porque estaban en- frascados lendo historietas de que os alumnos non lle poñían atención. Decatou- se así que se decidiu a facer libros de texto en forma de manga de que se sabían de memoria os no- mes de todos os persona- xes. Tamén temos o de Física. O xornalista arxentino Juan Scaliter recompila os achados científicos que en apenas 40 anos fixeron posible emular na vida real algúns dos experimentos que se narraban nos có- mics de superheroes. Neste libro mistúranse a xenial man do clásico do humor gráfico español, Antonio Mingote, e o texto divulgativo de José Manuel Sánchez Ron para acercar- nos dun xeito ameno ao mundo da ciencia. E se falamos de divulgado- res, aquí temos o libro do mediático Jorge Mira que nos descubre realidades que nos rodean desde o punto de vista da ciencia. Tamén dende os medios de comunicación, en concreto dende RNE- Radio 5, Amé- rica Valenzuela fainos esta interesante proposta sobre curiosidades científicas. Ameno breviario dedicado a desvelar nun ton mesmo humorístico e de conto os principios operativos da física moderna. Os ensaios aquí expostos poñen ao alcance do lector os fenó- menos da fisión e a fusión atómicas, o comportamen- to das partículas elemen- tais da materia e as leis que rexen o funcionamento do cosmos. A que algunha vez oí- ches esta frase? Pois nesta liña temos outros títulos moi curio- sos: Un gran científico e un mestre da novela gráfica unidos para crear un novo xénero: o libro de ciencia gráfico e para todas as ida- des. Cada un dos capítulos do libro céntrase nunha das grandes preguntas que os científicos, ao igual que os nenos que observan o mundo, tratan de contes- tar. Nas súas viaxes a través do tempo e do espa- zo Bryson tópase cunha espléndida colección de científicos asombrosamen- te excéntricos, competiti- vos, obsesivos e insensa- tos, como Henry Caven- dish, dunha timidez tan deplorable que aínda que fixo públicos importantes descubrimentos -entre eles o peso da Terra-, abstívose de comunicar moitos de ellos. En “Una breve histo- ria de case todo”, o autor intenta entender que acon- teceu entre a Grande Ex- plosión e o xurdimento da civilización. Todo o que vemos a noso arredor, dende o máis co- tián ata o máis transcen- dental, resulta indescifra- ble sen as matemáticas. E nos temos a colección completa con titulos como “La creatividad matemáti- ca”, “Hipotecas y ecuacio- nes”, “La música del azar”, “Curvas peligrosas”… Quen se parou a explicar aos estudantes que si houbo mulleres matemáti- cas ao longo da historia e que o seu traballo é dobre- mente meritorio por buscar a verdade en sociedades hostís cara a elas? Esto e moito máis está no “Rostro humano das matemáticas” Coas matemáticas pode- mos divertirnos ou asom- brar nos, pero ademais podemos aprender. Da man deste mestre incom- parable calquera lector inquedo e curioso se inter- nará nun mundo tan ma- rabilloso como o da céle- bre Alicia de Lewis Carroll. Nel encontrarás trucos como os seguintes: adivi- ñar que animal e que país pensou un voluntario, acertar o resultado dunha suma antes de ter todos os sumandos, calcular o total das caras ocultas dunha torre de dados sen tocalos, acertar un obxec- to escollido mentalmente entre varios, realizar su- mas máis rápido que a calculadora, acertar sumas de datas nun calendario sen velo. Bagdad, século XIII: o pastor Beremiz Samir ten o costume de contar os cordeiros, as follas das árbores, os cocos, os raba- ños, e así convértese sen sabelo nun gran calcula- dor. Un día coñece a Sa- lim, que impresionado pola súa habilidade para resol- ver os problemas matemá- ticos máis complexos, se ofrece a presentarse ante o xeque. A figura do cadrado sem- pre resultou moi fascinan- te, unha constante na his- toria da humanidade sobre a que divagaron científicos, artistas e filósofos. Nesta serie de libros Anna Cera- soli pon como protagonis- tas a un avó que está dis- posto a contestar ás pre- guntas do seu neto. Da mesma autora :

Boletin LER CIENCIA

Embed Size (px)

DESCRIPTION

boletin, ciencia

Citation preview

Page 1: Boletin LER CIENCIA

LER

CIENCIA NA

BIBLIOTECA

ESCOLAR

LER

CIENCIA NA

BIBLIOTECA

ESCOLAR

No mes de abril temos

varias celebracións nas

que o libro é o absoluto

protagonista, lembramos

o nacemento de Hans

Christian Andersen o día

2 co Día Internacional do

Libro Infantil e o 23 a

morte de Miguel de Cer-

vantes e William Shakes-

peare co Día do Libro.

Nós quixemos facer unha

homenaxe á lectura

científica e por iso neste

boletín ofrecemos títulos

que podedes atopar na

nosa biblioteca. Hai para

todos os gustos: manga,

libros clásicos, libros de

divulgación, novelas...

Gustariamos que lles

deses unha oportunidade.

Cando o manga estaba en pleno apoxeo, un profesor xaponés de instituto deca-touse porque estaban en-frascados lendo historietas de que os alumnos non lle poñían atención. Decatou-se así que se decidiu a facer libros de texto en forma de manga de que se sabían de memoria os no-mes de todos os persona-xes. Tamén temos o de Física.

O xornalista arxentino

Juan Scaliter recompila os

achados científicos que en

apenas 40 anos fixeron

posible emular na vida real

algúns dos experimentos

que se narraban nos có-

mics de superheroes.

Neste libro mistúranse a xenial man do clásico do humor gráfico español, Antonio Mingote, e o texto divulgativo de José Manuel Sánchez Ron para acercar-nos dun xeito ameno ao mundo da ciencia.

E se falamos de divulgado-res, aquí temos o libro do mediático Jorge Mira que nos descubre realidades que nos rodean desde o punto de vista da ciencia.

Tamén dende os medios de comunicación, en concreto dende RNE- Radio 5, Amé-rica Valenzuela fainos esta interesante proposta sobre curiosidades científicas.

Ameno breviario dedicado a desvelar nun ton mesmo humorístico e de conto os principios operativos da física moderna. Os ensaios aquí expostos poñen ao alcance do lector os fenó-menos da fisión e a fusión atómicas, o comportamen-to das partículas elemen-tais da materia e as leis

que rexen o funcionamento do cosmos.

A que algunha vez oí-ches esta frase?

Pois nesta liña temos outros títulos moi curio-sos:

Un gran científico e un mestre da novela gráfica unidos para crear un novo xénero: o libro de ciencia gráfico e para todas as ida-des. Cada un dos capítulos do libro céntrase nunha das grandes preguntas que os científicos, ao igual que os nenos que observan o mundo, tratan de contes-tar.

Nas súas viaxes a través do tempo e do espa-zo Bryson tópase cunha espléndida colección de científicos asombrosamen-te excéntricos, competiti-vos, obsesivos e insensa-tos, como Henry Caven-dish, dunha timidez tan deplorable que aínda que fixo públicos importantes descubrimentos -entre eles o peso da Terra-, abstívose de comunicar moitos de ellos. En “Una breve histo-ria de case todo”, o autor intenta entender que acon-teceu entre a Grande Ex-plosión e o xurdimento da civilización.

Todo o que vemos a noso arredor, dende o máis co-tián ata o máis transcen-dental, resulta indescifra-ble sen as matemáticas. E nos temos a colección completa con titulos como “La creatividad matemáti-ca”, “Hipotecas y ecuacio-nes”, “La música del azar”, “Curvas peligrosas”…

Quen se parou a explicar aos estudantes que si houbo mulleres matemáti-cas ao longo da historia e que o seu traballo é dobre-mente meritorio por buscar a verdade en sociedades hostís cara a elas? Esto e moito máis está no “Rostro humano das matemáticas”

Coas matemáticas pode-mos divertirnos ou asom-brar nos, pero ademais podemos aprender. Da man deste mestre incom-parable calquera lector inquedo e curioso se inter-nará nun mundo tan ma-rabilloso como o da céle-bre Alicia de Lewis Carroll.

Nel encontrarás trucos como os seguintes: adivi-ñar que animal e que país pensou un voluntario, acertar o resultado dunha suma antes de ter todos os sumandos, calcular o total das caras ocultas dunha torre de dados sen tocalos, acertar un obxec-to escollido mentalmente entre varios, realizar su-mas máis rápido que a calculadora, acertar sumas de datas nun calendario sen velo.

Bagdad, século XIII: o pastor Beremiz Samir ten o costume de contar os cordeiros, as follas das árbores, os cocos, os raba-ños, e así convértese sen sabelo nun gran calcula-dor. Un día coñece a Sa-lim, que impresionado pola súa habilidade para resol-ver os problemas matemá-

ticos máis complexos, se ofrece a presentarse ante o xeque.

A figura do cadrado sem-pre resultou moi fascinan-te, unha constante na his-toria da humanidade sobre a que divagaron científicos, artistas e filósofos. Nesta serie de libros Anna Cera-soli pon como protagonis-tas a un avó que está dis-posto a contestar ás pre-guntas do seu neto.

Da mesma autora :

Page 2: Boletin LER CIENCIA

Da editorial Parramón, uno para experimentar e outro para coñecer a bio-grafía de importantes cien-tíficos como Einstein, Leo-nardo ou Marie Curie.

Quen tería apostado por eles cando eran xoves? Velaquí unha galería de retratos de homes e mu-lleres que marcaron a his-toria, a literatura, as artes ou as ciencias a pesar dos seus caóticos primeiros pasos.

Se queres coñecer eses importantes científicos máis profundamente e as súas interesantes teorías.

E o universo, é un miste-rio tamén para ti?

Podes encontrar moitas respostas en estos libros clásicos

E o mundo dos ani-máis.

“Falaba coas bestas, os peixes e os paxaros” alude á lenda segundo a cal o rei Salomón podía, grazas

a un anel, entender a lin-guaxe dos animais e en-tender eles. Lorenz afirma nesta obra que a devandita posibilidade puido alcanza-la el mesmo sen necesida-de de ningún anel encanta-do. Con isto quere expre-sar que é o rigor científico o que organiza o programa das súas investigacións.

Quen mellor que un direc-tor de zoo para saber as cousas máis sorprendentes sobre animais? E ao fi-nal Weisner estuda o máis interesante de todos: o ser humano.

E por ese camiño do descubrimento de quen somos e de on-de vimos…

Actualmente a xenética e o rexistro fósil, entre outras

disciplinas, deron novos e sólidos argumentos para apoiar a teoría darwinista. Pero, aínda así, quedan moitas dúbidas e pregun-tas por responder.

James Lovelock, un cientí-fico fóra do común nárra-nos aquí a súa infancia, a súa aprendizaxe e a evolu-ción das súas numerosas e influentes ideas, en espe-cial a súa revolucionaria hipótese Gaia: a visión da Terra (Gaia era o nome da deusa grega da Terra) co-mo un todo vivente, que se modifica e se regula a si mesma). E noutro libro plantéase si é posible sal-var a Terra.

E para acabar unhas cantas novelas que merecen a pena:

Calpurnia Virginia Ta-te, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Te-xas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda

a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis in-teresada no que acontece tras a porta pechada da biblioteca, ou no laborato-rio do seu avó. Pouco a pouco irá gañándose a este señor un tan to túzaro e empezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprende-rá quen é Darwin, que son as especies e as subespe-cies …....

Phin podería ser un neno

normal de nove anos:

gústalle a tele e inventar

historias, ten uns pais que

o queren (aínda que dispu-

ten) e o colexio non se lle

dá tan mal. Pero Phin ten

un problema, ou mellor

dito, vive continuamente

angustiado polos proble-

mas dos demais. De todos?

Non: só das especies en

vía de extinción, un asunto

que o apaixona e angustia

a partes iguais. O seu ce-

rebro contén tanta infor-

mación sobre a fauna que

non pode dar dous pasos

sen pensar que pode estar

a prexudicar de modo indi-

recto a un animal…

Os paradoxos que se for-mulan nestes relatos futu-ristas non son só enxeño-sos exercicios intelectuais senón sobre todo unha in-dagación sobre a situación do home actual en relación cos avances tecnolóxicos e coa experiencia...

E coma sempre…os clásicos:

Nesta xenial triloxía Gerald Durrell acércanos ao mun-do dos animais dun xeito humorístico:

A familia Durrell, enferma e deprimida polo pouco amigable clima de Inglate-rra, decide ir á illa grega de Corfú. O pequeno Ge-rald, grande afeccionado á natureza, relátanos as súas expedicións pola illa, estudando a fauna autóc-tona e recollendo novas especies para a súa colec-ción. Á vez relátanos as variadas e hilarantes si-tuacións nas que se ve envolvida a súa familia.

ESTAMOS NA REDE

HTTP://BIBLIOFRAGADOEUME.BLOGSPOT.COM.ES/

HTTPS://WWW.FACEBOOK.COM/BIBLIOTECA.IESFRAGADOEUME?FREF=TS

«O mundo perdido», aínda que está escrita en 1912, é un exemplo practicamente perfecto de novela decimo-nónica, unha obra redonda, equilibrada, completa, un libro de aventuras con moi-ta acción, un tema fasci-nante, un ritmo vertixino-so, que mantén moi ben o interese, con fulgores de fino humor, unha cadea de sorpresas que o lector non se espera e un dobre desenlace moi conseguido.

Esta novela foi a pioneira de toda unha interminable lista de libros e películas que versan sobre a mesma materia: a posibilidade de viaxar cara a atrás e cara a diante no tempo, tema que lle quitou o sono a Eins-tein, e que llelo debe quitar actualmente a Hawkins e a outro bo puñado de físicos cuánticos e xenios de todas as clases.

Pontedeume, Abril 2014